Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Nube de Tinta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nube de Tinta. Amosar todas as publicacións

07/04/18

El futuro es femenino

Hoxe, é Alba Gómez Barros quen recomenda un libro feminista, un deses que lemos para o Club de Lectura de Igualdade de 4º da ESO. Trátase de El futuro es femenino, publicado por Nube de Tinta, onde ilustran Agustina Guerrero, María Hesse, Ana Santos, Naranjalidad, Lady Desidia, Laura Agustí, Elena Pancorbo e Amaia Arrazola.



Este é un libro que recolle relatos de varias autoras e ilustradoras. Contos curtos inspiradores sobre situacións nas que se encontran as mulleres ou rapazas a diario e as que se teñen que enfrontar. Neles móstrase como as protagonistas se transforman para logra empoderarse.
Cómpre salientar que para min os relatos destacaron todos, tanto pola súa orixinalidade como polos temas que tratan.
Este libro curtiño e cuns relatos apenas de dúas páxinas logrou que espertara en min un gran interese por lelos. Ademais conta cunhas ilustracións magníficas.
Estes relatos paréceme que tratan temas moi interesantes, xa que tratan temas presentes na realidade como que un neno se sente nena, que elas intentan a igualdade ou que queren practicar deportes dos que se din que son para os homes, pero relatados dunha maneira na que resultan entretidos e amenos.
En conclusión, pareceume un gran libro, moi fácil de ler e a súa vez moi fermoso. Recomendaríallo a todos, xa que é un libro para gozar da lectura e a súa vez reflexionar sobre situacións cotiás nas que se encontra a muller a día de hoxe, e polas que debemos loitar para conseguir a igualdade.

14/10/17

Pequeñas cosas


En Nube de Tinta podemos atopar Pequeñas cosas de Mel Tregonning, cómic sen palabras, en branco e negro, que chega ao corazón deseguida. Un neno illado, un neno triste, un neno que ten medo a todo canto lle rodea, un neno con feridas, feridas que sente como propias; ata que pouco a pouco irá entendendo que el non é único, que as persoas que o rodean tamén senten dor, tampouco teñen resistencia. Porque o sufrimento é inherente ao ser humano. 
Extraordinario e sinxelo, un libro que chega para quedar.
«Porque el arte de verdad es capaz de dar voz a las partes mudas de nuestras vidas.» Shaun Tan

11/05/16

Aquí vivió

Encantoume este cómic de Isaac Rosa e Cristina Bueno que publica Nube de Tinta: Aquí vivió. Histoira de un desahucio. Si, un libro sobre a historia dos desfiuzamentos, sobre o drama de miles de familias, con texto dun escritor referente actual no que a crítica social se refire. O autor amósanos unha protagonista moza, que vén de instalarse nun novo piso que a súa nai mercou logo do divorcio. Pero axiña entenden que este non é un piso calquera: era ben barato por proceder dun desfiuzamento. Entón a nena emprende a súa loita particular, saber que ocorre no mundo que a rodea, coñecer historias reais de familias que sofren, recoñecer as inxustizas sociais. Temos ante nós unha reflexión da que non poderemos fuxir.
Un libro necesario. 
("¿eres capaz de imaginar cuánto supone 50.000 familias? ¿y 500.000?").


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.