Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Flamboyant. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Flamboyant. Amosar todas as publicacións

16/10/17

Imagine

Publica Flamboyant (xunto con Amnistía Internacional) este texto de John Lennon que deu a súa canción máis famosa, Imagine, ilustrado por Jean Jullien e que conta asemade cun prólogo de Yoko Ono Lennon. O álbum acompaña a viaxe dunha pomba que voa cunha póliña de olivera no peteiro, de xeito que leva a súa mensaxe de paz a todos os paxaros do mundo.
 Outro xeito de coñecer unha canción que se converteu no mellor alegato para a paz. E que non perde a súa forza nin a súa necesidade.

Imagine es un alegato lleno de fuerza, escrito con un amor impresionante y profundo por la humanidad y su futuro“.


14/02/11

Las sirenas de Belpescão


Las sirenas de Belpescão é "unha historia escrita e ilustrada por Magali Le Huche" e publicada pola editorial Flamboyant. Un álbum ilustrado moi, moi diferente, onde as protagonistas son tres mulleres adultas que procuran a súa liberdade. Como se da viaxe de Ulises se tratase, as tres deciden botarse ao mar e darlle a volta aos mitos: tres mulleres coa suficiente afouteza como para se converter en sereas que coa súa voz chegarán ata os seus homes que as buscan en terra.
Ademais, as ilustracións tamén se afastan dos canons aos que estamos afeitos: describen as escenas con moito humor, mesmo cunha emoción contida. Mesmo a tipografía do álbum é diferente.
Non coñecía nin editorial nin autora, pero está claro que deberemos botarlle un ollo aos seus outros traballos.

«Las tres amigas terminaron en el fondo del mar, en medio de burbujas y crustáceos. Lejos de desanimarse, se pusieron a nadar. Estimuladas por todas esas nuevas emociones, volvieron a hallar el placer de cantar. Muy pronto se sintieron como peces en el agua».

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.