Hoxe si que agardo os vosos comentarios!!!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
18/06/13
Viaxe de ida e volta
Hoxe si que agardo os vosos comentarios!!!
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Fomento da lectura, Forcarei
17/12/12
#recitandocelsoemilio...no Chano Piñeiro
Vía: Lingua de Montes
Atoparalo en Actividades, ENL, Forcarei, Poesía
11/12/12
Carlos Negro presenta...Makinaria
Grazas Carlos pola túa xenerosidade, pola poesía, polo teu bo facer, pola amizade.
Atoparalo en Actividades, Aulas, Escritores, Forcarei, Letras Galegas, Poesía
08/11/12
Calculadoras...
Tod@s se preguntan como podían levar eses aparellos á escola...
Atoparalo en Forcarei, Matemáticas, Tecnoloxía
15/06/12
Ler non é clandestino
Este vídeo é froito do meu amor polos libros, do meu amor pola biblioteca, da crenza básica de que as actividades son indispensables nos centros de ensino e de que, sobre todo no rural, o labor profesional docente ten que ir máis alá dunha simple clase de lingua ou de matemáticas. Tanto Anxo coma min cremos na nosa profesión e sentímonos orgullosos dela. Dámoslle moitas máis horas das nosas vidas das que ninguén pode supoñer. Pero somos conscientes de que o noso alumnado é o futuro. E o futuro está nas nosas mans.
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, ENL, Fomento da lectura, Forcarei
12/06/12
Paula Carballeira en Forcarei
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Forcarei
04/06/12
Xurado literario
Os libros que van ler (cada dúas, tres libros) son:
LÍNGUA GALEGA
A veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda. Ed. Xerais
O bebedor de rakia de Manuel Marcos. Ed. Xerais
Extramunde de Xavier Queipo. Ed. Xerais
LÍNGUA CASTELÁ
Caligrafía de los sueños de Juan Marsé. Ed Lumen
El ruido de las cosas al caer de Juan Gabriel Vázquez. Ed. Alfaguara
Deseos de Marina Mayoral. Ed. Alfaguara
LÍNGUA ESTRANXEIRA
Siete años de Peter Stamm. Ed. Acantilado
El mapa y el Territorio de Michel Houellebecq. Ed. Anagrama
Purga de Sofi Oksanen. Ed. Rinoceronte
Atoparalo en Actividades, Aulas, Forcarei
O jazz dende dentro
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Forcarei, Música
31/05/12
Iago Martínez en Forcarei
Recomendoumo Xaime Varela e non errou, coma decote.
Iago Martínez Durán naceu en Vigo en 1979. É xornalista cultura.
Lois Pereiro. Vida e obra publicado pola editorial Xerais no ano 2011 é o seu primeiro libro e Contra a morte, escrita e dirixida a medias con Alexandre Cancelo, a súa primeira longametraxe documental.
Na rede leva o blogue “Disimulen” e se queredes seguilo en Twiter atoparédelo co alcume de “Astronauta”.
Xornalista e freelance de "El País" e de "Rockdelux", falounos do traballo actual dun xornalista, vinculado á crise económica e á internet: onde exercer o traballo? Os xornalistas utilizan dúas ferramentas para evitar desinformar: as normas éticas (deontoloxía) e o método: decantación de prácticas profesionais e o paradigma das tres fontes.
Atoparalo en Actividades, ENL, Forcarei, Visitas
02/05/12
Tele Diver comeza a emitir
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, ENL, Escritores, Forcarei, Visitas
27/04/12
Carlos Negro en Forcarei
Carlos Negro falounos do seu libro Makinaria. Un libro que fala da velocidade nas estradas, da morte dos mozos e mozas que perden as súas vidas por non pensar con claridade, por saír pola noite a presumir, por non seren conscientes. Falounos desas mortes prematuras que golpean fogares e déixanos na escuridade permanente. Por iso, Carlos trae coches. Eses coches non son un xoguete, como poderiamos supoñer, non; son unha metáfora: simbolizan as cruces dos cemiterios; cada un é unha cruz que agocha o nome dun mozo que morreu na velocidade do alcohol, da noite e da estrada. Esas cruces agochas miles de bágoas das súas nais, dos seus pais, dos seus avós e das súas avoas, que non comprenderán xamais o por que: o por que lles foi arrebatada a vida do que máis querían.
E con Carlos convertémonnos en poetas: escritores dunha poesía colectiva, practicando a "poesía automática" dos surrealistas, cada alumno ou alumna debía escribir un poema despois de que el nos ensinase un cadro (escolleu tres cadros de Frida Khalo). Este é o poema resultante (non está nada mal, verdade?), como desmostración de que en Forcarei tamén temos moito por dicir:
Era unha nena que estaba na cama
A morte dorme encima de ti,
pero é algo relaxante.
Ten unha vara no peito,
e a vida hai que disfrutala.
Estamos nús ante os sentimentos
e temos un pau cruzado no corazón.
Para a muller cos seus bolsos
a morte é o peor dos castigos:
a morte sempre dorme enriba túa
e pon os pés enriba do home morto
e de dúas mulleres epidas.
Durmir con alguén encima é raro,
crea mundos imaxinarios,
prodúcese na escuridade,
como a vida e a morte,
é un mundo espinoso
onde os pés teñen dúas cabezas.
Falamos da importancia da muller,
da importancia da vestimenta,
da morte enriba de ti,
da morte pousada sobre ela.
Eran vellos tempos nos que os homes lucían ben
e os pés non eran tan importante.
Os pés estaban no alto da torre
a carón dun marica que se viste sendo un home.
Isto é unha lembranza
quizáis unha parvada
a diferenza entre a vida e a morte,
unha muller cos seus vestidos
que soña na cama,
é unha muller traballadora e sufridora,
é unha muller coraxe
que ten que durmr máis
e xogar na bañeira cos xoguetes.
A vida son tres días e xa imos polo segundo.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, Forcarei, Poesía, Visitas
Celebrando o Día do Libro (II)
e estas ilustracións:
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, Forcarei, Matemáticas, Poesía
De Anirmau á Casa do Patrón
O xoves 12 fixemos unha fermosa excursión. Primeiro ao cine, a ver as curtas que o festival Anirmau nos seleccionou, e logo fomos ao Museo Etnográfico de Doade, a Casa do Patrón, onde o alumnado puido comprober que case todo o material alí exposto resúltalle máis ou menos coñecido.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, Forcarei
26/04/12
Antonio Reigosa en Forcarei
Atoparalo en Actividades, ENL, Forcarei, Visitas
25/04/12
Chapa e pintura
Grazas, mozas... e mozo!
Atoparalo en Actividades, Aulas, Forcarei, Poesía
Celebrando o Día do Libro
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, Forcarei, Matemáticas
18/04/12
Glogsters para Carlos Negro
Atoparalo en Actividades, Aulas, Escritores, Forcarei
14/04/12
Libros pola tanxente
Temos pensado facer moitas actividades, así que... estade atent@s! de momento, ide fotografando por aí o que vexades que pode haber de matemático na vida. Hai premios!
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, Forcarei, Libros, Matemáticas
11/04/12
Kiko da Silva en Forcarei
A verdade é que eu particularmente tiña moitísimas ganas de coñecer a este mestre do cómic, un dos maiores e mellores representantes da banda deseñada galega que agora inaugura unha Escola de cómic en Pontevedra. Xa me gustaría a min debuxar ben!
Tamén se interesou pola exposición da Música no cómic que nos prestaron dende un instituto de Cáceres, ofrecendo a posibilidade de traducila e colgala en pdf na súa páxina para que todo o mundo poida gozala. Ogallá!
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Forcarei, Personaxes, Visitas
Mes do cómic
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, Cómic, ENL, Forcarei
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
















