Xa sabedes da miña paixón polos pop-up. Así que aínda que tento resistirme, polo seu prezo, non sempre o consigo. Pasoume con este Un viaje por el mar de Gérard Lo Monaco que publica Blume. Estes libros son verdadeiras obras de enxeñería, commoa este que nos amosa barcos de diferentes tamaños: un transatlántico, un veleiro, un buque faro...
Para mirar e remirar, para abrir con coidado e deixarse fascinar pola enxeñería...
O 17 de xaneiro de 1974 publícase Planet Waves, onde se atopa unha canción que Bob Dylan dedica ao seu fillo, Forever Young.
A editorial Blume publica este álbum ilustrado por Paul Rogers con esta letra, Joven para siempre (Forever young), e nel atopamos os escenarios cotiás da vida de Bob Dylan, como o el Greenwich
Village e Washington Square, ou o Festival Folk de
Newport. No libro tamén atopamos personaxes das cancións protagonistas de Dylan como son Martin
Luther King, Joan Baez, Pete Seeger, Albert Grossman ou os seus compañeiros
de The Band. Outras ilustracións agochan algún misterio!
Non cómpre ser fan de Dylan para achegarse a este libro. Pero se o es, non o dubides.
“Que se cumplan tus deseos. Que puedas ver la verdad. Que tengas
fuerza y coraje. Que siempre suene tu canción. Que el tiempo te haga
justo. Que tus cimientos sean fuertes. Alza una escalera hasta las
estrellas y sube cada peldaño. Ten el corazón siempre alegre. Permanece
siempre joven, siempre joven, siempre joven.”
Publica Blume este álbum de Ann Kemp e Sara Ogilvie: Mi rinoceronte también come crepes, un libro para reflexionar sobre o tempo que se dedica a fillos e fillas, a prioridade que se lle dá ao traballo en lugar de ter en conta a esas pequenas persoas que necesitan ser escoitadas.
Un texto e unha ilustracións sinxelas para unha historia que precisa ser lida e escoitada polos maiores. Por iso é ideal como lectura conxunta. Porque, ademais, a imaxinación é a oportunidade que a infancia nos regala para seguir sendo nenos. Non a perdamos.
Por fin conseguín este libro que vira neste blogue. Xa sabedes da miña debilidade polos pop-up: pois, ben, este vén da man da editorial Blume e o seu autor é Philippe Ug, artista polifacético, que ademais de facer pequenas obras
de arte, proponse crealas a un prezo asequible para o maior número
posible de lectores. Un pájaro hermoso é un deses libros que entran polos ollos, prescindindo do texto, pois é a súa parte plástica a máis interesante, unha explosión de cor e de maxia da animación en papel. A historia é a dun paxaro que acaba por se converter nun fermoso exemplar.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.