Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Combel b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Combel b>. Amosar todas as publicacións
27/06/15
Una rosa negra
Combel publica este libro moi sinxelo para que os máis pequenos coñezan personaxes destacados da nosa historia, como é o caso de Rosa Parks. Una rosa negra. Rosa Parks é de Montse Ganges e está ilustrado por Imma Pla nun pequeno pop-up con páxina despregable. Un texto moi sinxleo é o encargado de presentar un acto de resistencia pacífica que se convertirá no primeiro paso contra a segregación racial e nos aclarará en que consiste ser unha verdadeira heroína: non cómpren superpoderes pero si consegue facernos mellores.
Atoparalo en Combel, Personaxes, Pop-up, Racismo, Recomendamos
28/04/15
La pequeña Amelia se hace mayor
Paula Bonet e Elisenda Roca son as artistas que fan posible este precioso pop-up que publica Combel: La pequeña Amelia se hace mayor. Un libro que fala sobre a aventura de medrar dun neno pero desde a voz dun adulto. Cada cousa é susceptible de se converter nun acontecemento. E o máis curioso é que os obxectos teñen diferentes tamaños segundo a nosa estatura vaia mudando!
A estética da ilustración é que lle é característica a Paula Bonet con grandes meixelas vermellas e delicadas que alcanza no pop-up o seu máximo esplendor. (E que a min encántame!!!)
Atoparalo en Combel, Pop-up, Recomendamos
17/04/15
Si usted volara...
Encantoume este sinxelo pop-up de Gustavo Roldán que publica Combel: Si usted volara... aclara que cadaquén pode perseguir o seu soño, xa que iso é algo moi común e pouco estraño. Pouco texto, moi pouco, moitas pestana para xogar e soprendernos, suxestivas emocións e maxia. Un libro alongado para voar e sobrevoar, porque coa imaxianción poderemos chegar a todas partes. Ben seguro!
Atoparalo en Combel, Pop-up, Recomendamos
16/05/14
Mishiyu
Unha auténtica fermosura é este álbum ilustrado que nos chega da man da editorial Combel con texto de Ricardo Alcántara e ilustracións de Rebeca Luciani: Mishiyu aborda o tema da adopción dende os dous puntos de vista, o da nai e o do neno adoptado. Destaca o valor da nai en soidade e o seu instinto maternal e destaca asemade que o libro non pretenda agochar que hai infancias que non son felices e que hai nenos que viven verdadeiros infernos. E as ilustracións abundan neste aspecto: nenos que non son quen de sorrir porque non teñen ningún motivo para iso. Son magníficas e xenerosas, onde a expresividade xoga un papel esencial porque contemplamos as miradas e os xestos: eles falan por si sós.
Por iso este álbum ten, quizais, un dobre valor: porque non agocha a dor dunha infancia desgarrada e porque non busca unha parella marabillosa que queira adoptar: é tan só unha muller quen chea de medos e dúbidas sabe que vai saír adiante porque quere ese rapaz.
E nais así coñecemos moitas.
Así que historia emotiva, emocionante, que non deixa indiferente porque fala de sentimentos, de amor, de soños, de sufrimento, de esperanza, de medo. Pero tamén dunha luz ao final do túnel: o refuxio incomparable dunha nai.
“Isabel lo
rodeó con sus brazos. Mishiyu se cobijó entre ellos y allí se sintió a
salvo, notando que ese era el lugar que con tanto ahínco había buscado”.

Atoparalo en Álbum ilustrado, Combel, Recomendamos
17/02/12
Un amor de botón
Grazas a Vanesa coñecín este precioso libro que no seu cole utilizaron para San Valentín: Un amor de botón é de Carlioz Pauline e está publicado pola editorial Combel. Dúas historias que converxen ao final para facer unha soa, un mozo e unha moza que se atoparán grazas a un botón. É o destino que flúe e une...

"La señorita Enriqueta es una joven muy coqueta. el señor Gabriel va siempre como un pincel... Pero... ¡ay, qué desventura! ¡Un botón se ha dado a la figa! Y lo salen a buscar."
Atoparalo en Álbum ilustrado, Amor, Combel, Recomendamos
27/10/10
La mansión misteriosa
La mansión misteriosa de Carmen Gil e ilustracións de Riki Blanco, xunto coas fotografías de Artur Ribas está publicado pola editorial Combel. Escrito en verso, semella que imos ler un conto de medo para nos sorprender co seu final. Chaman a atención as ilustracións, que ás veces semellas cosidas ao texto, dándolle esta impronta suxestiva de incertidume que atesoura o libro.
En la mansión misteriosa
de la colina nubosa viven,
desde hace mil años,
unos seres muy extraños.
de la colina nubosa viven,
desde hace mil años,
unos seres muy extraños.
Allí hay monstruos a montones:
fantasmas, brujas, dragones…
Si los quieres conocer,
ponte rápido a leer.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Combel, Recomendamos
21/09/10
10 viajes y un sueño
Xa sabedes o que me gustan os álbums ilustrados. Pero se ademais son pop-up, xa toleo. E o que me ocorreu cando Bea me prestou este. Que bonito! Texto de Meritxell Martí e ilustracións de Xavier Salomó, 10 viajes y un sueño está editado por Combel. Cada páxina agocha un escenario dunha viaxe detrás dun vehículo diferente que a autora nos propón para viaxar. Poesía en estado viaxeiro.
Bea, grazas por prestarmo... pero quero telo!!!Atoparalo en Combel, Pop-up, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.










