Do blogue de Antía Otero:
Resumo da presentación o 17 de maio de 2011, Día das letras galegas, da peza
“Corporal (je t’aime)” no teatro do centro Ágora.
Proxecto basado nunha idea de Antía Otero e Carlos Neira, a partir de poemas de Lois Pereiro.
- Dirección: Carlos Neira.
- En escena: Laura Fandiño, Roi Fernández, Estevo González, Antía Otero e Olaia Tesouro.
- Realización vídeo: Galicieiras.
- Producido por Ágora en colaboración con Espazoaberto.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
04/06/11
O ano de Lois Pereiro (XX)
Atoparalo en Lois Pereiro, Poesía
18/05/11
O ano de Lois Pereiro (XIX)
Pois non, non acabaramos.
Vía
Nas Mariñas, podedes acceder a este traballo.
Cartaces do alumnado en Biblioeba.
O CPI de San Sadurniño manda este díptico.
No CEIP de Laredo, moito traballaron!
No CEIP Condesa de Fenosa, un cómic.
No CEP Dr. Fleming, Lois do A ao Z.
No IES Campo de San Alberto, versos efémeros.
Radicalismo estético de Lois.
Lois Pereiro na TVG.
Non omnis moriar: Lois Pereiro
Na biblio Fernando Blanco: puzzle.
En Bibliocabe: Loisiada.
Atoparalo en Aulas, ENL, Lois Pereiro, Poesía
17/05/11
Roteiro poético
Atoparalo en Linguaxe, Lois Pereiro, Poesía
O ano de Lois Pereiro (XVIII)
"...entre a mirada e a expresión, alí onde palpita sen mentir a vida...¨, construción visual do sentir de Lois Pereiro, palabras e versos dos seus poemas e fotografías de Maribel Longueira.
Dúas presentacións de alumnos realizadas no IES de Curtis.
Proposta de actividades lúdicas para traballar cos poemas de Lois da profesora do IES Pazo da Mercé das Neves, Loli Cid.
Cinema Lois.
Lois nos Xornais.
Axenda das Letras.
Montaxe audiovisual sobre o poema "Aburrido" con música e voz de Manu Clavijo que chega dende o ENDL de CEIP A Carballeira de Lourizán:
LOIS VIVE é un documental baseado na vida e obra do falecido poeta galego Lois Pereiro. Xunto coa aportación musical de Manu Clavijo, este documental pretende homenaxear nunha doble vertente, a figura deste magnífico escritor e artista: por un lado a súa parte máis humana e por outro, a súa rica faceta literaria.
En Raioteca, traballo colaborativo sobre o poema "Que é Galicia?"
Nas Mariñas, este Glogster.
En Bibliocabe, esta "Loisíada".
Xerador automático de poemas Lois Pereiro.
Galegos na escaleira.
El poeta punk hecho clásico.
No CEP de Cespón, esta caricatura.
En Moaña, educación documental.
Como ven a Lois os nenos de 5 anos do Monte da Aguia.
No IES de Poio, poemas visuais de Lois.
En Rubiáns, revista Lois Pereiro.
No CEIP Alexandre Bóveda, o conto viaxeiro.
Atoparalo en ENL, Lois Pereiro, Poesía, Tecnoloxía
15/05/11
O ano de Lois Pereiro (XVII)
Recollemos algúns traballos máis dos centros de ensino galegos e dos medios:
Os de 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia interprentan o poema "Revisando os danos":
Picto-Lois en Clic á lingua.
No CEIP de Laredo, diversos traballos.
En As zocas faladoras, outra recompilación.
Caza de tesouros no IES María Casares. Tamén neste blogue, biografía.
Furacáns poéticos e Lois Pereiro.
Lois Pereiro por An Alfaya.
A Xunta homenaxea a Lois Pereiro.
Lois foi un autor máis reivindicado que lido.
Monforte difunde a obra de Lois.
Pereiro volve a nós.
Se García Sabell levantase a cabeza.
Homenaxe a Lois Pereiro no Multiusos de Rois.
Vídeo da canle de vimeo da Consellería de Cultura, sobre Lois Pereiro:
17 de maio from culturavideos on Vimeo.
Gaitas e poesía na honra de Lois Pereiro.
Lois Pereiro, el dandi punk exiliado de sí mismo.
Pereiro explicado por si mesmo.
Furia, rabia, desexo, dor...
Lois Pereiro, o poeta popular.
XORNAL de Galicia: Suplemento. Abecedario. A opinión de Rivas.
Calendario Lois Pereiro do CEIP de Andrade:
Lois volve ao Incio:
No IES de Culleredo, un glogste de cartaces.
Un inédito de Lois Pereiro.
Atoparalo en Artigos de prensa, Aulas, Compilación, Lois Pereiro, Poesía
14/05/11
Porta para Lois Pereiro
Atoparalo en Actividades, Aulas, ENL, Forcarei, Letras Galegas, Lois Pereiro
11/05/11
O ano de Lois Pereiro (XVI)
E seguimos recompilando.
Neste blogue, unha biografía.
E de Biblioafonso chega este tríptico:
Atoparalo en Aulas, ENL, Lois Pereiro, Poesía
09/05/11
O ano de Lois Pereiro (XV)
Pensamos que remataramos a compilación, pero seguimos.
No blogue O Falar non ten cancelas atopamos este vídeo:
O Dosier Pereiro en Cultura Galega.
E estoutra liña do tempo.
Cartel de cego no IES Félix Muriel de Rianxo.
No IES Pazo da Mercé esta proposta de actividades.
A compañía Fantoches Baj tráenos esta proposta:
POESIA ULTIMA DE LP from Fantoches Baj on Vimeo.
Atoparalo en Aulas, ENL, Lois Pereiro, Poesía
07/05/11
O ano de Lois Pereiro (XIV)
O Departamento de música e alumnado de 4º de ESO do CPI San Vicente elaboraron esta montaxe audio:
En Imos Indo, Apuntamentos arredor de Lois Pereiro.
Vento Lois, no IES de Vilalonga. No IES LAgoa de Antela, cartaz e poemas.
No CEIP A Magdalena esta presentación:
NO IES EBA de Culleredo, este Glogster.
No IES De Sanxenxo, marcapáxinas. E na biblio Sarmiento, moitas entradas, como esta.
Aquí tedes as palabras de Antón Lopo: "O fillo posmoderno".
Alberto Ramos: O día das Letras Galegas 2012.
Atoparalo en Aulas, Compilación, Lois Pereiro, Poesía
04/05/11
30/04/11
O ano de Lois Pereiro (XII)
Declaración Lois Pereiro, por Xurxo Souto e Fran Amil. No seu blogue:
Os compañeiros do CEIP Pedrouzos de Brión fixeron esta actividade en Ardora:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/file.php/39/lois2/lois21.htm
No CEP Dr Flemming realizaron esta presentación:
No Verbum podedes contemplar unha exposición sobre o autor.
Tamén temos o documental:
Artigo no Xornal: Regreso ao Ártico de Lois Pereiro.
No sitio da Coordinadora Galega de Equipos DNL tedes eu creo todos os materiais sobre Lois Pereiro, tanto dos elaborados nos centros educativos coma recursos externos. Paga a pena botar unha ollada.
Atoparalo en Galicia, Lois Pereiro
24/04/11
A palabra exacta
a Lois ao meu carón para maxinar o que el diría deste libro e eu copiar as súas palabras. Debo conformarme, por tanto, con facer un post "ao uso".Antón Lopo publica en Galaxia A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, e faino dende diversos puntos de vista: a vida de Lois virá da man da súa nai, do seu irmán, do seu gran amor, dos seus amigos e da súa irmá; a obra será analizada por 6 autores e logo tomará a palabra o propio Lois, quen manterá unha curiosa conversa con Antón.
De aí a diversidade do texto e a súa prestancia: non estamos ante aunte unha biografía senón ante un multiperspectivismo máis que interesante adobiado con diversas fotografías que cada persoa protagoniza a carón de Lois. A palabra exacta nola dará cada un dos achegados de Lois e cada un dos estudosos da súa obra, esvaecéndose a figura do biógrafo delicada e sutilmente, pero aportando ese toque novelesco que tan ben lle acae ao libro que temos entre as mans. Así podemos ler unha biografía case como unha novela, ou lemos unha novela biográfica, sempre dende o respecto e o achegamento, dende a admiración e o cariño, e dándonos os puntos claves e necesarios para saber máis do poeta de quen este ano As Letras Galegas toman o seu nome. Porque a vida é exclusiva de cadaquén, e a poesía, a literatura, é a man que serve de ponte entre cada unha.
Sinceramente, e non é só unha opinión particular, creo que sería bo que as editoriais acordasen a publicación conxunta de biografías e obras do autor das Letras Galegas.
Atoparalo en Galaxia, Lectura, Libros, Lois Pereiro, Recomendamos
20/04/11
O ano de Lois Pereiro (XI)
Recollo de Caderno da Lingua:
No blogue Galieconenos tedes unha antoloxía de recursos, tamén.
Inauguración da exposición "Desembarco dos 80". Estoutra en Lugo.
O CEP Dr. Fleming ofrece este LIM.
Atoparalo en ENL, Galicia, Lois Pereiro
18/04/11
O ano de Lois Pereiro (X)
No CEIP Condesa de Fenosa ofrecen este LIM.
Luz de Edu Plástica e Iria Collazo do IES As Barxas de Moaña realizaron este Prezi.
Recursos do Seminario Galán.
No CEIP de Rebordáns esta Miniquest.
Dúas liñas de tempo.
"Lois Pereiro e a indignación", artigo de Iago Martínez no Xornal.
Tamén podedes escoitar a Lois Pereiro no Pub "Moka"
Atoparalo en Aulas, ENL, Galicia, Lois Pereiro
30/03/11
O ano de Lois Pereiro (IX)
"Curiosidade" from 310room on Vimeo.
Lembrade tamén o blogue para Lois Pereiro.
Quini, dende Valdeorras, ofrécenos esta liño do tempo sobre Lois.
Atoparalo en Aulas, ENL, Lois Pereiro
21/03/11
O ano de Lois Pereiro (VIII)
En Son de poetas, poesía musicada de Lois Pereiro.
Atoparalo en ENL, Galicia, Lois Pereiro, Poesía
18/03/11
O ano de Lois Pereiro (VII)
Este Román, que non para: agora un cartaz dixital sobre a figura das Letras...:
Atoparalo en ENL, Lois Pereiro
14/03/11
O ano de Lois Pereiro (VI)
Coma adoita ocorrer, é Román Landín quen me pon ao día:
Atoparalo en Documental, ENL, Galicia, Lois Pereiro, Poesía
13/03/11
Lois Pereiro, náufrago do paraíso
Martes do antroido, pola mañá, en Lalín.

Mércores de cinza, pola tarde-noite, dentro.
Xoves pola tarde, dentro.
Por fin, podo gozar plenamente coa lectura do libro. Avanza rápido, déixase ler tan facilmente que ata dá mágoa rematalo. Gústame o xeito de encarar a operación biográfica: retallos da súa vida, lembranzas dos que estiveron con Lois Pereiro, curta vida e longos anceios.
Venres pola noite, dentro.
Releo de novo. Detéñome en detalles, boto contas das idades, anótoas no libro, subliño. Soño esperta, recupero imaxes de lugares, versos de Lois que amei dende que os descubrín... cantos anos hai xa?
Sábado pola tarde, dentro.
Achégome ao blogue. Falar dos libros custa traballo, máis dalgúns coma este. Decido "copiar" a fórmula que tan bo resultado dá: parabéns a Marcos Calveiro pola sinxeleza, pola forza, pola escrita, polo achegamento. Unha lectura ideal para o meu alumnado, ese que tan preocupada me tiña: como achegarlles este poeta? Quizais agora sexa máis doado.
Cada capítulo, un ano da súa vida. Un repaso, unha historia, un chisco da curta vida dun home que nos deixou escritos algúns dos poema máis fermosos da Literatura Galega.
Marcos Calveiro publica esta Biografía e Antoloxía de Lois Pereiro en Xerais: Lois Pereiro, náufrago do paraíso. Imprescindible.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Lois Pereiro, Recomendamos, Xerais
O ano de Lois Pereiro (V)
J. Luís Calvo e Carlos Gegúndez López
Lois Pereiro. O negro leite da aurora
Toxosoutos
Vanse cumprindo as expectativas e as publicacións, que dalgún xeito provocou a decisión da Real Academia Galega ao dedicar este Día das Letras Galegas a Lois Pereiro, van sucedéndose a un ritmo case vertixinoso pois xa se suman tamén estes días reedicións da súa obra e algunhas biografías como a que presenta Marcos Calveiro.
Nesta ocasión ocúpame un traballo asinado por dous investigadores que, no seu caso particular, ofrecen un ensaio que é resultado dun vagaroso labor de investigación e interpretación, tamén dunha actitude de devoción e sedución confesadas pola obra do autor de Monforte.
Deste xeito, o libro ábrese cun limiar de X. Manuel Pereiro no que, a xeito de presentación, apunta algunhas das claves literarias de Lois Pereiro como son a asunción e selección de compañeiros de viaxe literaria entre a tradición europea, pasada e presente; a posición a contracorrente do seu propio tempo, o seu universalismo militante e a vinculación coas raíces. Asemade repara repara na fotografía que serve de cuberta do libro, da autoría de Xosé Abad, na que posa o autor, con esa chiscadela pop depositada nunha botella de refresco xunto cun libro de Peter Handke, e mais reclamando a atención ao versos de Paul Celan escollidos polo poeta para presidir o retrato: “Schwarze Milch der Früe” (“O negro leite da aurora”) e que serven para titular o presente ensaio.
O libro subtítulase, acertadamente, “viaxe á xeográfía lírica de Lois Pereiro” e nel José Luís Calvo e Carlos Gegúndez subscriben un estudo de carácter integral, documentado e cheo de rigor, que parte da convicción por parte dos autores da orixinalidade da escrita pereiriana. O obxectivo confesado é, baixo o enfoque da socioloxía da literatura, contribuír a desvelar con argumentos esa orixinalidade e poder realizar, así, ademais dunha lectura emocional outra que sexa, se se quer, interpretativa.
No ensaio mestúrase a transmisión de experiencias lectoras, coa paixón sentida pola obra de Pereiro xunto con outros elementos máis propios da análise literaria e biográfica como é unha revisión de carácter vital, xeracional ou contextual do autor de Conversa ultramarina para ir salientando aqueles elementos clave do percorrido literario que representa: marxinalidade na que habitou, romanticismo poético, liberdade creativa absoluta ou raigames universalistas entre outros, axudándose de numerosos comentarios textuais de composicións consideradas, por distintas razóns, como relevantes.
Ademais dunha útil cronobiografía e mais dunha bibliografía “de” e “sobre” Pereiro engádese unha crestomatía poética en honra ao autor homenaxeado que agrupa composicións de Marica Campo, Lino Braxe, Manuel Rivas ou Xulio Valcárcel entre outros. En definitiva, outra meritoria reivindicación do legado literario de Pereiro.
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Libros, Lois Pereiro
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





