Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Caballo de Troya. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Caballo de Troya. Amosar todas as publicacións

28/10/25

Viudas jóvenes



 Tamara Grosso é a autora de Viudas Jóvenes, publicado por... Yegua de Troya, que non Caballo de Troya, un detalle que nos encanta, xa antes de comezar a lectura, grazas a Gabriela Wiener. 

Antes de falar do contido, da súa frescura, da súa intelixencia, de que poida parecer unha novela sesuda pero é realmente accesible, quizais deberiamos comentar a mera disposición da novela, en capítulos tan curtos que ás veces son parágrafos breves. Así pois, tanto o contido como a forma axudan a esa naturalidade que acompaña esta lectura. Unha lectura que nos ofrece unha profunda reflexión sobre manter relacións non normativas e os seus desencadeantes emocionais; que é o poliamor? Que é a monogamia segundo o dicionario? Como combater o dó cando son dúas as viúvas? Serve a convivencia entre ela para sobrepórse? E a novela ilumínanos, ilumina o acompañamento e ilumina a nosa lectura porque se nos ofrecen novas posibilidades fóra da tradicional familia e da amizade. Algo impensable anos atrás. Sendo, asemade, posible o humor no desconsolo, cando a morte é o detonante e o morto está presente, non como corpo, senón como sombra que acompaña continuamente. E isto é o que nos "flipa" desta lectura, o afastamento dos celos e do coidado do enfermo, do "a quen amaba máis", pondo a diana na vida que non está preparada para a morte súbita, de xente nova.

Gústame ter ao meu dispor as posibilidades de nomear calquera realidade, gústame reconciliarme coa idea de que a maior parte do tempo considero que non hai brote posible a pesar da espera. Pero non importa.

"¿Tengo cuerpo de viuda? El cuerpo me cambió en estos meses. Se volvió más huesudo y anguloso. A veces pienso que esta forma punzante es la única manera de atravesar esos silencios tensos que todavía se forman en las habitaciones cuando entro".

 “No hay ninguna película que enseñe cómo se tienen que comportar dos viudas jóvenes bisexuales que se conocieron cuando se murió el novio en común”.

30/03/20

Ama

Gustoume (aínda que non me encantou, porque coido que ás veces é un pouco repetitiva) esta lectura triste, esta reflexión ou álbum de lembranzas (é isto unha novela?) de José Ignacio Carnero que publica Caballo de Troya: Ama procura a nai perdida, o amor maternal e o filial, a infancia afastada, pero tamén a agonía e a dor da enfermidade. Pero ademais, o autor non só fala da nai, senón tamén da súa propia biografía dende un punto de vista crítico. Estes temas abondan na nosa identificación: hai moitas liñas nas que procurarnos tamén nós. A complexa relación cos pais (e cos fillos), a sociedade actual, a emigración... está claro que a experiencia individual do autor que nos conta aquí descarnadamente, pode representar moitas vidas ou cando menos moitos anacos doutras vidas. 
Hai momentos para que as bágoas veñan. Pero tamén hai momentos máis tediosos. Sexa como for, atrévome a recomendárvola. Seguro que hai espellos entre as súas liñas.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.