Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Xeral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeral. Amosar todas as publicacións

31/12/11

Un novo ano

Anxo e mais eu, brindando por tod@s vós, dende o blogue
Ilustración de Inge Look. Vía

F
eliz ano que nace, que sexa mellor para a nosa lingua e para a nosa cultura, que non sexa tan malo como nolo pintan.

(il·lustració de Laimonas Šmergelis)
Vía

Agardando as doce campás, ilustración de Nuria Feijoo

Vía




23/12/11

Feliz nadal con libros


Deixámosvos unha serie de felicitacións que atopamos en Cajón de sastre. Felices festas a todos e a todas!:









christmas tree from invisibly on Vimeo.

21/12/11

Felicitación verde especial

Por motivos moi persoais este ano o noso blogue non contará cunha tarxeta especial para vos felicitar o nadal. Que saibades que, por suposto, non nos esquecemos de ningún de vós. E desexámolo igualmente. Que vos vaia bonito!

18/08/11

Biblioteca de libros rexeitados


Non podo deixar de traer a este blogue amante da lectura e da biblioteca esta curiosa historia que atopei aquí.
A historia da biblioteca Brautigan é fascinante porque nela hai obras cunha soa característica común: nunca foron publicadas. No centro de Burlington, na Biblioteca Libre Fletcher, a colección existe para conmemorar a obra do autor contracultural Richard Brautigan que ten unha obra chamada O aborto que se desenvolve nunha biblioteca que recolecta obras inéditas.
Por suposto, todo alí é especial: as sillas non funcionan, o CDU ou sistema organizativo é "mahonesa": os libros organízanse en categorías como "Amor", "Futuro", "Aventura" ou "Todo o demais". Fantástico, non credes?





13/08/11

Día internacional dos Zurdos

Para tod@s aqueles que emborranchan o papel coa tinta ao escribir...
para tod@s aqueles que se manchan ao afiar un lapis...
Para tod@s aqueles que sofren ao cortar coas tesoiras...
Para tod@s aqueles que son incapaces de usar un abrelatas...
Para tod@s aqueles que son observados de maneira estraña pola forma de colocar o brazo ao escribir...
Para tod@s aqueles que teñen que adaptarse diariamente aos aparellos feitos por e para destros: teléfonos, caixeiros automáticos, ratos ergonómicos...

Para esa marabillosa minoría da que formo parte, feliz día internacional dos zurdos!

Déixovos un vídeo dun dos "zurdos" máis talentosos do deporte internacional.

16/06/11

Mapa Astral Editorial

O amigo Cibrán andaba a buscar un planisferio en galego e atopou isto radicalmente diferente pero que resulta, cando menos, ben curioso. O blogue onde o atopou di que este é o mapa da edición española 2011. Un plano das constelacións do hemisferio norte con 485 editoriais. O nome da constelación pode facer referencia a un grupo empresarial, pero tamén poden ser temáticas ou coincidiren cos nomes das constelacións. O tamaño do círculo ten que ver co número de títulos rexistrados no ISBN.
As editoriais galegas non aparecen. Aquí, onde explican todo o proceso, afirman que con só facer unha petición abonda. Poderían pensalo, non?



Dende a páxina podedes descargalo en pdf.

31/05/11

Contando no Manuel Rivero

Este venres pasado fun a un dos coles de aquí de Lalín, ao Manuel Rivero, a contar contos para o alumnado de 6 e 7 anos. Como xa son máis maiorciños, a experiencia foi totalmente diferente á do ano pasado en Bandeira, aínda que igual de emocionante. Por suposto, a sesión rematou con eles case enriba miña, que é o máis fermoso de todo.
Grazas ás profas por me convidar.

18/01/11

De onde veñen as ideas

Conferencia de Steven Johnson na que explica de onde veñen as ideas con anécdotas de como xorden algunhas brillantes innovacións.




Vía

Premede nos subtítulos!!!

11/11/10

Be Happy

Ou aprende a ser feliz. Só son tres minutos:

26/10/10

Con Luis Alberto de Cuenca


O venres en Santiago asistimos a unha charla de Luis Alberto de Cuenca:
Os Camiños da Literatura.

Luis Alberto de Cuenca falounos dos seus camiños da Literatura e da súa experiencia como lector precoz. Digo precoz, porque comezou a contar todo o que leu aos seus 12 anos... e aí quedou: neses 12 anos que lle agasallaron miles de lecturas; creo que en ningún momento comentou que algunha deses libros que nos indicou como extraordinarios as realizase con outra idade!
Os camiños que lle interesan levan todos á Literatura: esta é un corpus de historias e personaxes que inspirándose na vida describen círculos concéntricos na súa contorna sen confundirse coa vida. Estas son algunhas das súas frases:
"Sexa cal sexa o camiño, este facémolo cun libro na mochila. Non hai un só día que non lle adiquemos uns minutos á lectura, en solitario ou compartida.
Os meus xoguetes preferidos foron os tebeos. Aínda hoxe sigo léndoo.
Asolágabame de paixón aventureira viaxando dun lado a outro envolta no manto protector da fantasía que me mantiña en primeira ringleira das butacas sen que me salpicasen nin o odio nin o sangue.
Ler é unha actividade interactiva por excelencia.
Ler a Shakespeare foi unha das cousas máis importantes que me teñen pasado na vida. Canto é o home está nos seus libros.
A poesía é un exercicio de introspección hoxe en día. O primeiro poeta que houbo foi Homero: na épica contéñense todos os xéneros literarios posteriores.
Os camiños trazados pola literatura ofrécennos a posibilidade de viaxar en sentido contrario: do razoable ao mítico".


19/10/10

Meum est propositum in taberna mori

O profesor de Lingua Española José María Pérez Orozco fala con moito humor sobre o andaluz e a súa inferioridade respecto do español estándar: Morfoloxía do humor. Ten uns cantos vídeos en Youtube. Veredes como vos apetece velos.




Vía

19/09/10

Trafegando... nas ondas

Begoña Caamaño tivo a amabilidade de nos entrevistar no programa da Radio Galega "Expreso de Medianoite". Desde o noso humilde espazo, queremos agradecerlle que se lembrara de nós, dándolle os parabéns polo seu labor.

09/09/10

Green Porno

Rossellini fixo unha serie de vídeos chamados "porno verde" para dar a coñecer a vida sexual de insectos e bechos. Nesta fálanos das chinches: as camas son o seu lugar favorito para instalarénse. Teñen un poderío tremendo para se aparear xa que as femias son penetrada por penes fortes e afiados e non necesitan aparato xenital. O seme entra directamente no seu fluxo sanguíneo e ao cabo de dúas semanas nacen 200 chinches que se alimentan do sangue da persoa coa que comparten a cama.


26/08/10

Marcapáxinas creativos

Especialmente dedicado á miña benquerida compañeira de blogue, coñecida coleccionista destes pequenos tesouros:



24/08/10

Profes co galego

Aproveitando este artigo publicado no día de onte no Xornal de Galicia, queremos aportar o noso pequeno gran de area na divulgación da existencia deste grupo de recente creación no Facebook, no que profesores de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e doutras materias (tanto de primaria como de secundaria) aos que o novo decreto nos lles permite impartir as súas clases en galego, expoñen as súas propostas e iniciativas de cara a como afrontar o vindeiro curso. Segundo se cita na propia páxina: O que pretendemos con este grupo é crear un foro de debate, co obxectivo de que en setembro teñamos deseñada unha liña de actuación conxunta, e que ninguén se sinta só, aínda que así o estea no seu departamento ou incluso no seu claustro.


13/08/10

O desprezo da rúa

Unha mañá calquera, un home, na entrada dunha estación de metro de Washington, púxose a tocar o violín. Durante 45 minutos púidose escoitar a Bach. Por alí pasaron miles de persoas.
Quen primeiro quixo escoitar con atención foi un neno de tres anos. E tras este, outros. Os pais tiveron que os levar tirando deles con desesperación.
Nese tempo, o home conseguiu 32 dólares e tivo seis espectadores. Unha muller afirmou que o vira o día anterior e que o admiraba.
O violinista chámase Joshua Bell e foi filmado polo xornal The Washington Post. Dous días antes, Bell tocou nun teatro onde cobraban 100 dólares a entrada. Empregou en ambos lugares o mesmo violín: un Stradivarius de 3,5 millóns de dólares. A decepción foi enorme para este home: decatouse de que as persoas son incapaces de recoñecer a beleza se non se atopan dentro dos parámetros considerados normais para apreciar unha obra de arte. Xustamente este era o experimento: o xornal quería realizar un ensaio sociolóxico sobre o comportamento do ser humano. As persoas, ao pasar xunto a algo sublime, tendo outras ideas na cabeza (aquí tratábase do traballo cotián) non prestan atención, sobre todo porque o prexuízo de pensar que se alguén toca no metro é porque é un morto de fame pesa aínda máis.




Vía

20 minutos fixo o mesmo en Madrid con Ara Malikian, primeiro violín do Teatro Real:


07/08/10

Golfiños surfistas

... E nunca caen!

26/07/10

Terra Berger

O pasado 30 de xuño celebrouse na antiga prisión provincial da Coruña unha Recital Homenaxe a John Berger co gallo da exposición FROMITO J de Isabel Coixet. O grupo Berrogüetto coñecido pola súa reivindicación social, comparte co escritor a súa visión polos oprimidos, plasmada ao longo da súa traxectoria.
Terra Berger é unha iniciativa na que os escritores galegos Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez, xunto a Berrogüetto renden tributo a esta figura das letras. Concibido como un acto de xustiza, a poesía e a melodía convértense en protagonistas para recoñecer o gran labor literario de Berger, o escritor dos oprimidos e excluídos da sociedade.

TERRA BERGER from MrEIDANPELIS on Vimeo.


Vía Biblioteca Sarmiento

20/07/10

Construción de Disneyland

E se onte vos amosabamos os finais ocultos dos filmes de Disney, hoxe a contrución da Disneyland orixinal, coa aparición do propio Walt Disney:



Vía

17/07/10

Para sabermos máis

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.