Ata
dentro de familias monstrosas, hai monstros ben riquiños. Este é o caso de Un
monstruo muy especial de Angela McAllister e Alison Edgson publicado pola editorial Elfos. Ligado a Un pesadelo no meu armario, esta sorpresa de monstro é coma un
osiño de peluche que se quere apertar. Un monstro doce e amigable que resulta
adorable. Por que non pensar en monstros así cando haxa pesadelos nocturnos? Un
novo álbum sobre a aceptación dos seres diferentes.Por que "Sorpresita" non vai levarse ben cos seus irmáns "Espantoso" e "Horroroso"? Déixemonos asustar -ou acariñar- por un monstro tan lene.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Elfos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Elfos b>. Amosar todas as publicacións
05/12/14
25/09/12
Otra Cosa
Imperdoable. Vai ter dez anos e non coñecía este álbum! Eu, que considero que aínda me vou defendendo neste mundo, debo recoñecer que a miña fachenda é moi grande e que debo pór os pés na terra. Non teño nin idea do que hai por aí.
Premio Unesco, este álbum de Kathryn Cave con ilustracións de Chris Riddel está publicado pola editorial Elfos. Otra Cosa fala do rexeitamento da sociedade a aqueles que semellan diferentes. Semellan ou non, que máis dá? Canta tristura e anguria provoca esta situación? A aceptación das diferenzas entre os seres humanos, a tolerancia e a amizades son os grandes valores deste tenro álbum que nos terá atrapad@s moito tempo despois de rematada a súa lectura. Imposible esquecer as ilustracións, espello de sensacións, elocuentes xunto co texto para falar de diferenzas.
Imprescindible.
En una alta montaña, solo, sin amigos, vivía Otra
Cosa. Sabía que era OTRA COSA porque todo el mundo lo decía. Cuando
intentaba acercarse a los demás o pasear junto a ellos, o jugar con
ellos, siempre le decían: «Lo sentimos, pero tú eres otra cosa. Eres
diferente. No eres como nosotros». Otra Cosa se esforzaba mucho para ser
igual que los demás. Sonreía y decía «Hola» igual que ellos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Elfos, Igualdade, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





