Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións

15/11/16

O Guernica en 3D



Aquí, de onde o collín, tedes toda a información

Aquí, máis.

24/02/16

Rosalía nas artes plásticas

Unha vez máis, desde o IES San Paio, imparable e toda unha referencia, chéganos esta presentación tan acaída para o día de hoxe, día de Rosalía, Rosalía nas artes plásticas:

 

15/07/14

Edward Hopper, Pintor do Silencio










19/10/12

Que se saen!


O artista nipón Nagai Hideyuki é o autor desta serie de debuxos que, vistos desde o ángulo axeitado, crean a ilusión óptica que os fai parecer tridimensionais sen selo, como se pode comprobar no vídeo.

Non deixedes de ver estoutros debuxos de Ramon Bruin. Para flipar!

Vía

29/06/12

Acordes cotidianos


Un libro co que me agasallaron en Forcarei foi este fermoso Acordes cotidianos, poemas de Mario Benedetti con pinturas de Lola Frexas publicado por VR Editores. Unha edición fermosísima que non coñecía onde as acuarelas dan un valor especial a pomeas coñecidoas do autor uruguaio.
De vez en cuando no viene mal estar solo.
Puedo reflexionar mejor.
No necesito armar un biombo para pensar en vos.
Diras que cuatro años, cinco meses, catorce dias son demasiado
tiempo para reflexionar y es cierto.
Pero no son demasiado tiempo para pensar en vos.



Tus manos son mi caricia mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos trabajan por la justicia
si te quiero es porque sos
mi amor mi complice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho mas que dos
tus ojos son mi conjuro contra la mala jornada
te quiero por tu mirada que mira y siembra futuro
tu boca que es tuya y mia tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca sabe gritar rebeldia
si te quiero es porque sos
mi amor mi complice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho mas que dos. 

21/06/12

Alalá á vella maneira

A música de 2naFronteira con un poema de Manuel Rivas, serve como marco ós cuadros do pintor Leandro Lamas. Un triángulo amoroso entre a arte, a literatura e a música.

04/10/11

Un cadro de Velázquez


Na mesma liña que o anterior libro que vimos de comentar, está o libro Un cadro de Velázquez, do mesmo autor, Clair D'Harcourt e por suposto a mesma editorial, Faktoría K. Quizais resulte máis misterioso para os máis peques adentrarse nesta proposta artística, quizais menos coñecida popularmente. O libro ten a pericia de nos situar no estudo de Diego Velázquez, no Palacio Real de Madrid en pleno século XVII. En cada páxina vainos presentando cada figura que aparece no cadro e así coñeceremos a infanta Margarita no centro da escena, coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa, e o apousentador real, José Nieto, en segundos planos; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria. Un novo libro imprescindible para botar unha nova ollada fresca e interesante ao mundo pictórico.


Un cadro de Picasso


Faktoría K de libros agasalla aos seus clientes con este álbum onde se combina a mellor edición, coidado e papel, cun estudo do máis famoso cadro de Picasso, o Guernica. Con texto de Claire D'Harcourt, o libro vainos explicando a historia do cadro, o porqué deste, e mesmo inclúe unha reprodución despregable ao final. Un xeito precioso de achegar a arte ao público máis infantil, ou non tanto, explicando polo miúdo o cadro que contemplamos e sabendo algo máis do artista que o pintou. Gustaríame destacar a edición, porque realmente se agradece cando abres o libro e tocas as súas páxinas...

«Non, a pintura non está feita para decorar as estancias; é un instrumento de guerra ofensiva e defensiva contra o inimigo». Pablo Picasso.


14/11/10

Greta la loca

Con texto de Geert De Kockere e ilustracións de Carll Cneut, Greta la loca, publicado por Barbara Fiore, achega neste sorprendente libro unha visión nova do cadro "Dulle Griet", un lenzo exposto no Museo Mayer van der Bergh de Amberes, cuxo autor é Pieter Brueghel o Vello e que constitúe un misterio polo seu significado na súa horripilante paisaxe.

Un álbum tan diferente que non sei como describilo nin como falar del. Desde logo, non creo que caiba nesa definición que algúns empregan para a "literatura infantil". Infantil? Sinceramente, non. Desacougante? Afirmativo.
Porque se o cadro é tremendo tamén o é a historia que o sustenta neste libro. Unha nena que medra na soidade provocada pola maldade dos seus actos ata chegar ao averno. Un libro que mestura coma ningún outro ilustración e historia. Unha ilustración que se afasta e se achega nun fantástico dobre xogo ao cadro orixinal.




Por un momento, Greta permaneció quieta. Sólo por un momento. Un momento entre el infierno y el purgatorio. Un momento de duda, quizás. Una pequeña duda. Porque Greta vio, porque Greta sabía que la cabeza era el diablo y dentro de ella estaba el infierno. De allí salía puro veneno.O quizás entraba. Así pues, por un momento Greta dudó. Pero luego se abrió paso hacia dentro a base de patadas y mandobles.A través de la boca del diablo. La boca abierta de par en par. La boca que era una puerta, la puerta del infierno.

13/10/10

Mona Lisa Descending a Staircase

18/09/10

Walls are dancing

Neste proxecto o trío de artistas MWM foi convidado a pintar 3 muros en 3 cidades diferentes: Marsella, Lion e Paris. O resultado foi este fermoso filme no que se empregaron máis de 700 mil fotos e unha música inédita do dúo francés Monsieur monsieur.


17/07/10

Sorolla

30/06/10

Paintings

Boísima esta publicidade que nos quedou atrás no tempo: xa é do 2005! De Johnnie Walker, no museo.



18/04/10

En 3D

Leonardo da Vinci e outros magníficos en 3D, un luxazo:



Vía Capítulo 0

11/03/10

Soberbio Dalí

Deixemos que este universo único de ensoñacións fantásticas, nos transporte a realidades mais alá do cotidiano e do real, e nos hipnotice para facer realidade o mundo dos nosos soños (Rosario)

27/02/10

As meninas

Como me interesou moito o contido e o vídeo deste post do noso blogue amigo Iniciarte, copio e pego, agardando permiso do seu autor:

Juan Carlos Ortega intenta descubrir que pasa nesta escena tantas veces interpretada. O misterio dun espello que reflicte aos reis non presentes no cadro, a ousadía dun pintor de corte retratado xunto á realeza a mediados do século XVII, o momento paralizado dunha escena da corte. Os expertos falan de "Un cadro aberto e sen clasificación posible" e nós dunha obra que nos axuda a explicar mellor que ningunha a intención deste programa, unha obra cunha metade invisible en si mesma. Grazas á axuda de expertos como Javier Portús, Rocío Dávila, María Cruz de Carlos, Fernando Marías, Carmen Garrido e Malén Gual entraremos no aire das Meninas, na forma de pintar de Velázquez, no ambiente da época, nas intencións do pintor e nas consecuencias dunha obra.


La mitad Invisible: Las Meninas


22/01/10

Jan estivo alí



Aínda non sei como vou falar deste libro que é unha marabilla da literatura galega. En primeiro lugar, como non, agradecer á editorial Galaxia a súa existencia e o agasallo de telo tan axiña: son coñecedores de que devezo polos álbums ilustrados.
Jan estivo alí de Xosé A. Neira Cruz, ilustrado por David Soler, é unha incursión no mundo da arte. A partir dun cadro que tod@s coñeceredes (O matrimonio Arnolfini de Jan van Eyck, 1434, -póñovolo para lembralo-), desenvólvese unha fermosa historia de creación, pintura e testemuño. O cadro estivo envolto nun mistero insolucionábel que Neira Cruz decide solventar deste xeito tan fermoso grazas a ese espello máxico do fondo.
Non podemos esquecer falar das ilustracións coas que David Soler nos agasalla: un xogo de imaxes tiradas doutros cadros -que nos amosan nas últimas páxinas do libro- e do propio O matrimonio Arnolfini.

Aquí tedes un adianto:


20/01/10

Quen é quen?

Se premes na imaxe accederás a un cadro grandioso onde, se sinalas ás personaxes co cursor do rato, dirache quen son. É máis, se fas click sobre cada un deles levarache á súa páxina da wikipedia. Está en inglés, pero poderás traducilo facilmente buscando o español na marxe esquerda da páxina. Tes máis de cen figuras agardándote
Disfrutádeo... e culturizádevos!

23/12/09

Arte no Nadal

Desde Aula 21 chéganos este fermoso percorrido pola arte navideña. Feliz nadal!

18/11/09

Cando pecha o museo

Home, que non van estar sempre colgaos e aburrios!!!:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.