Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta El Aleph b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta El Aleph b>. Amosar todas as publicacións
12/08/14
Claus y Lucas
Se procurades unha lectura "compracente", este non é o voso libro. Se o que queredes é unha Literatura núa, homicida, este si que é o voso libro. Non vou afirmar que é imprescindible. Non sei se existe unha lectura que se poida denominar con ese calificativo. O que si sei é que non vos vai deixar indiferentes. É terrible. A editorial El Aleph reúne nun só volume, co título Claus y Lucas, tres novelas de Agota Kristof: El gran cuaderno, La prueba, La tercera mentira, xa que, efectivamente, as tres teñen como protagonista unha parella de irmáns xemelgos refuxiados por causa da guerra. Uns irmáns que se afastarán a causa do Telón de Aceiro.
A lectura destes libros deixa demudado ao lector/a. Cun estilo nu, cruel, despiado, que reflicte a inhumanidade máis humana das guerras e dos totalitarismos. Non hai piedade, non hai amor, non hai conmiseración. Di a autora: "non podo volver a ler os meus libros, porque férenme de verdade”.
Das tres novelas curtas, a que máis me impactou foi a primeira. Resulta sobrecolledora. Os dous irmáns son acollidos na casa da súa avoa materna, un personaxe que xamais esquerecedes: nela non existe un só rasgo que permita a bondade, o cariño. Todo é maldade e perversión. E eses nenos aprenderán a non chorar, a non sufrir, a ser xordos, cegos, inamovibles. Aprenderán a ser inhumanos. Esta parte está escrita en presente e en plural. Os xemelgos máis que ser dous son un, tal é a súa identificación. Escritura curta e cortante.
Na segunda parte temos un narrador omnisciente que nos fala da soidade dun dos irmáns e onde o antisentimentalismo segue a ser a nota predominante. O réxime totalitario no que vive está presente con absoluta normalidade, é o escenario axeitado.
A última parte é con moita diferenza a peor para min. Nesta terceira parte saltamos do presente ao pasado, da primeira á terceira persoa. Propón unha visión completamente diferente de todo o que leramos ata entón para provocar no lector a dúbida necesaria sobre a verdade e a mentira. Cal é en realidade a verdadeira versión? Esta terceira parte é a que se encarga de facernos dubidar de todo o que leramos anteriormente. Xa digo, para min a que resulta prescindible.
En fin, unha obra de poderío. Unha obra cun gran poder. Unha obra que nos fala da nosa propia fraxilidade como seres humanos. Unha obra indeleble. Máis triste cá vida? Ou tanto.
Atoparalo en El Aleph, Guerras, Lectura, Libros, Recomendamos
18/07/11
Un cuento chino
Un libro cheo de comicidade, que non hilarante, é esta novela de Tilman Rammstedt, Un cuento chino publicado por El Aleph Editores. O libro é en si un canto á imaxinación desbordante que atrapa ao lector dende a primeira páxina. O escenario que enmarca a novela é tan disparatado que un acaba sen saber que hai de certo e que non no que nos conta o protagonista: dende a familia tan irregular, a convivencia, as relacións, o avó diferente (e tanto!)... ata esa viaxe que decide inventar e que acaba sendo un exercicio extraordinario de inventiva sobre un pasado e un presente que non sabemos se pode ser real. Ao mesmo tempo, os escenarios tópicos chineses que describen acaban sendo unha parodia das guías de viaxe: pasar por China sen saír da casa.Unha novela chea de orixinalidade que non deixa indiferente.
"Que mi abuelo, en el momento en que recibí su penúltima postal, ya estaba muerto, yo no podía saberlo..."
"Que mi abuelo, en el momento en que recibí su penúltima postal, ya estaba muerto, yo no podía saberlo..."
Atoparalo en El Aleph, Humor, Lectura, Libros, Recomendamos
23/07/10
Leer Lolita en Teherán
Se amas a Literatura, tes que ler este libro. Se cres na igualdade, tes que ler este libro. Se consideras que a educación é a opción, tes que ler este libro. Se... Simplemente, tes que ler este libro.
Asaltan moitos sentimentos canda a súa lectura. Un deles (ía poñer o primeiro, pero non sei cal é a orde) é a estrañeza: Existiu realmente esta muller? Está contando unha realidade que nos semella tan allea?. Outro é a admiración: Como me gustaría ser así. Outro a carraxe: Como se pode aturar tanta inxustiza, tanta crueldade?. Outro é a envexa: Eu quería ser quen de ensinar así. E moitos máis.
Xa sabedes que tento falar da impresión que me provoca un libro, non do seu argumento, algo que podedes atopar facilmente. Nesta ocasión teño que facer referencia ao que supón para unha muller o día a día en Irán, onde se vivía un asedio fundamentalista que case non somos capaces de comprender: vestir de escuro, ocultar o pelo, poñer un chador, non poder pintarse nin maquillarse, non pasear con homes, non rir, non... Todas as regras son un NON fantástico, xa que todo é susceptible de ser pecaminoso. Nesta sociedade machistamente irracional, a autora, Azar Nafisi, profesora con problemas por non querer levar o velo imposto, decide facer un CLUB DE LECTURA! na súa propia casa, un club de lectura para mulleres. A soa idea faime tremer cando comezo a ler. Porque neste club encérrase a desmitificación da lectura social para facela persoal: todas as integrantes son quen de ler máis alá das liñas dos autores -prohibidos- ingleses para se comparar coas protagonistas, para entender que a superfice agocha moitas veces -case sempre- sentimentos que non sempre poden saír á luz, para ler entre liñas o que un autor quería dicir debaixo de palabras aparentemente inocuas.
Non sei. Podería escribir moito e sempre quedarían cousas por dicir. Creo que, de verdade, é unha obra para ler, para saborear, para enfadarse, para admirar, para entender que ás veces o único xeito de conservar a propia cordura é evadirse por medio da lectura. Xusto o contrario do que lle pasou a Don Quixote!!!
O que máis sinto é ter tardado tanto en lela. Foi un agasallo dunha amiga especial que ama tanto a Literatura como a propia autora do texto. Así que, moitas grazas novamente, Luz.
«Nunca, en ninguna circunstancia, menospreciéis una obra de ficción tratando de convertirla en un calco de la vida real; lo que buscamos en la ficción no es la realidad, sino la manifestación de la verdad». “Vivir en la República Islámica es como tener relaciones sexuales con un hombre al que aborreces”.

Atoparalo en El Aleph, Fundamentalismos, Igualdade, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos
01/12/09
Tren nocturno a Lisboa
Pascal Mercier, autor de Tren nocturno a Lisboa, métenos de cheo na refle
xión filósofa do valor da palabra, da amizade, do amor, do orgullo, do egoísmo, da sooidade, da alma, da loita interna dun individuo extraordinario... ou de máis de un, en realidade. De fermosa e lenta lectura, este libro é unha homenaxe á boa literatura e á reflexión existencial cunha testemuña de excepción que o enche de romanticismo: a vía ferroviaria, Lisboa e o doce idioma portugués.
A novela constitúese como unha novela de autodescubrimento e exploración dun memos, deleitándose nas súas páxinas entre a historia recente de Portugal e a intimidade dos personaxes. A transformación do personaxe principal, Gregorius, podería lembrarnos á Metamorfose de Kafka, polo que ten de confusión na súa propia identidade, polas reflexións que van desencadeando e entorpecendo a súa anterior vida. E así, nesta nova vida que vai tecendo en Lisboa, faranos partícipes de personaxes diferentes, auténticos, conmovedores, apaixoantes.
Así pois, esta lectura acaba sendo unha viaxe interior a nós mesmos, con todas as dúbidas e expectativas que as nosas propias vidas nos ofrecen, e máis que nada, dese anceio de vida que teme á morte como o noso destino final.
De telón de fondo continuo, a importancia da palabra, da literatura, da lingua, do pracer da lectura e da sabedoría. Por que non identificarnos e confundírmonos co que lemos?
xión filósofa do valor da palabra, da amizade, do amor, do orgullo, do egoísmo, da sooidade, da alma, da loita interna dun individuo extraordinario... ou de máis de un, en realidade. De fermosa e lenta lectura, este libro é unha homenaxe á boa literatura e á reflexión existencial cunha testemuña de excepción que o enche de romanticismo: a vía ferroviaria, Lisboa e o doce idioma portugués.A novela constitúese como unha novela de autodescubrimento e exploración dun memos, deleitándose nas súas páxinas entre a historia recente de Portugal e a intimidade dos personaxes. A transformación do personaxe principal, Gregorius, podería lembrarnos á Metamorfose de Kafka, polo que ten de confusión na súa propia identidade, polas reflexións que van desencadeando e entorpecendo a súa anterior vida. E así, nesta nova vida que vai tecendo en Lisboa, faranos partícipes de personaxes diferentes, auténticos, conmovedores, apaixoantes.
Así pois, esta lectura acaba sendo unha viaxe interior a nós mesmos, con todas as dúbidas e expectativas que as nosas propias vidas nos ofrecen, e máis que nada, dese anceio de vida que teme á morte como o noso destino final.
De telón de fondo continuo, a importancia da palabra, da literatura, da lingua, do pracer da lectura e da sabedoría. Por que non identificarnos e confundírmonos co que lemos?
Atoparalo en El Aleph, Filosofía, Lectura, Libros, Recomendamos
26/09/07
Sueños en el umbral
Este libro, Sueños en el umbral: memorias de una niña del harén, é de Fatema Mernissi, escritora marroquí nada en Fez. Historiadora, ensaísta, doutora en socioloxía e profesora universitaria; unha das intelectuais do Magreb máis coñecidas en Occidente, destacando pola súa defensa dos dereitos da muller, especializouse no estudo da condición feminina nas sociedades musulmás. No ano 2003 recibiu o Premio Prícipe de Asturias das Letras.O libro está escrito cunha dozura e unha tenrura que conquistan irremediablemnte. O lector non tarda en descubrir firmes conviccións en defensa da liberdade, xa que todo ocorre no interior dun harén (concepto que define ao comezar a historia... nada que ver co que nós pensamos) e porque os peores muros son os da mente.
O harén é un lugar no que viven as mulleres da familia, avoas, tías, fillas... Hai un garda na porta para que non poidan saír. Nestas condicións, unhas aprenden a ser libres, mentres que outras péchanse máis no seu cárcere; estas tratan de impedir ás primeiras a liberdade dos soños.
Sueños en el umbral é un libro que desmitifica a visión do harén e que explica a infancia da autora. É unha historia fermosa, divertida, máxica, chea de mulleres extraordinarias e homes peculiares que navegan entre o "dentro" e o "fóra", entre o "prohibido" e o "permitido" dende o punto de vista dunha nena que medra arredor de historias...
É un libro que nos leva de viaxe a Marrocos e nos ensina as rúas, as casas, os costumes... Recoméndovolo!!!
Atoparalo en El Aleph, Lectura, Libros, Muller, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.