Á esencial colección de Kalandraka, Biblioteca de Pedagogía, chega este volume titulado Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, onde comparten páxinas nove protagonistas, Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luisa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel, nove imprescindibles que compartiron unha mesma inquedanza e un fondo compromiso: a educación en valores. Para as persoas que cremos nesa mesma educación, un faro a seguir; para as persoas que ás veces tornamos pesimistas nesta sociedade actual, un optimismo reconfortante; para as persoas que sabemos que o único camiño válido é a educación, unha lembranza de que houbo mulleres precursosas desta nosa crenza. Sempre, un mesmo obxectivo: lograr unha sociedade máis xusta, libre e solidaria para todas as persoas.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Educación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación b>. Amosar todas as publicacións
09/06/22
Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX
Á esencial colección de Kalandraka, Biblioteca de Pedagogía, chega este volume titulado Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, onde comparten páxinas nove protagonistas, Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luisa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel, nove imprescindibles que compartiron unha mesma inquedanza e un fondo compromiso: a educación en valores. Para as persoas que cremos nesa mesma educación, un faro a seguir; para as persoas que ás veces tornamos pesimistas nesta sociedade actual, un optimismo reconfortante; para as persoas que sabemos que o único camiño válido é a educación, unha lembranza de que houbo mulleres precursosas desta nosa crenza. Sempre, un mesmo obxectivo: lograr unha sociedade máis xusta, libre e solidaria para todas as persoas.
Atoparalo en Educación, Igualdade, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos
16/07/20
22/04/20
20/02/20
15/11/19
El poder de la empatía
Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón.
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando
nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos
compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden,
porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e
comprendidas.
Segundo o vídeo, os 4 atributos da empatía son:
– Ter perspectiva: poder tomar a perspectiva doutra persoa ou recoñecer esa perspectiva como a verdade doutra persoa.
– Non emitir un xuízo.
– Recoñecer as emociones doutra persoa.
– Comunicarllo.
– Ter perspectiva: poder tomar a perspectiva doutra persoa ou recoñecer esa perspectiva como a verdade doutra persoa.
– Non emitir un xuízo.
– Recoñecer as emociones doutra persoa.
– Comunicarllo.
18/10/19
15/10/19
24/08/19
01/08/19
Educación pola Igualdade
"Es necesaria una asignatura de Educación por la Igualdad". Marina Subirats
19/01/19
Meu amigo Nietzsche
Un encontro inesperado entre Nietzsche e Lucas é o comezo dunha violenta revolución na súa mente, na súa familia e na sociedade. Ao rematar... o neno será dinamita!
Vía
28/03/18
12/02/18
La Nueva Educación
Neste vídeo denúncianse os procesos de privatización educativa. Por unha parte, o xeito no que as nosas escolas están a reproducir as lóxicas de funcionamento da empresa privada e as consecuencias que iso ten en termos de perda de democracia e aumento das desigualdades. Pola outra, amosando como a nova filantropía foi adquirindo un papel cada vez maior á hora de definir a axenda, enmarcar os debates e influír no deseño das políticas educativas.
Atoparalo en Educación
02/02/18
07/12/17
O lapis máxico de Malala
O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de
Kerascoët , na nosa lingua grazas á editorial Xerais: cando un
lapis máxico se converte nun de verdade para escribir un mundo novo. Constitúe unha boa iniciativa este álbum para dar a coñecer a figura de Malala á rapazallada máis nova, esa que non sabe que lle aconteceu a unha nena por querer ir á escola, esa que fala das dificultades que nalgúns países existe para aprender (e pensar doutro xeito, por tanto) e a marabillosa sorte que aquí temos por poder ir á escola con normalidade, algo infravalorado por non cuestionarse sequera. Así que o lectorado máis novoa ten NA NOSA LINGUA a historia dunha Premio Nobel da Paz que vén de se converter unha icona internacional pola súa defensa da educación. Asemade, Malala é portadora de esperanza. Unha nena en Pakistán que quere ter un lapis máxico para deter o tempo... que se converte nun lapis de verdade que escribe e desafía e que é quen de chegar a todo o mundo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Educación, Recomendamos, Tradución, Xerais
23/09/17
08/04/17
Valentía, non perfección
Reshma Saujani, fundadora de "Nenas que codifican" (Girls Who Code): Ensinemos ás nenas valentía, non perfección.
23/03/17
A Viaxe De Ghada
Traballo educativo protagonizado por nenos sobre a historia de dúas nenas refuxiadas para concienciar sobre a problemática migratoria dende un punto de vista humano e solidario.
Atoparalo en Educación, Solidariedade
16/03/17
15/03/17
17/02/17
A ciencia non é para ti
Polo xeral, as mulleres non chegan aos niveis xerárquicos e de responsabilidade aos que si chegan os homes.
O vídeo e o texto pertencen á Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU, sumándose así á iniciativa de Nacions Unidas para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Vía Fogonazos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





