Chamoume a atención na libraría e collino. E fixen ben. Todo lo que pudimos de Thi Bui, publicado por Kraken, é unha crónica dunha vida, ou de moitas vidas, de como as guerras e a acción humana rompe canto temos e canto desexamos ser. É a crónica dunha familia que debe deixar o seu país, é a crónica dunha familia de refuxiados. Neste caso, de Vietnam. Importa o lugar de procedencia? Cun libro cargado de emocións, exploramos os sentimentos -que poderían ser nosos- e percorremos as dificultades que vive esta familia, a anguria, o drama, e tamén a sensibilidade, pero sobre todo a fouteza. Porque esta é imprescindible para seguir adiante, para ollar un futuro posible, para reconstruírse e construírse, para saber máis dun pasado que non se debe esquecer. E para valorar canto temos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Kraken b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kraken b>. Amosar todas as publicacións
16/04/18
16/11/13
Princesa ama a Princesa
A proposta de hoxe é un cómic ben curioso, innovador e diferente de Lisa Mandel publicado por Kraken: Princesa ama a Princesa mestura os contos clásicos de princesas con novelas de espionaxe, modernidade e urbanismo, ata superheroes, para ofrecernos unha historia de amor entre dúas mozas e o descubrimento da sexualidade. Polo medio, unha nai dominadora, un amor imposible, mercenarios e paisaxes oníricas. Incrible!
Atoparalo en Cómic, Igualdade, Kraken, Muller, Recomendamos
27/11/11
De sangre y ladrillos
Gustoume moito este cómic con guión de Régis Hautiére e debuxo de David François: De sangre y ladrillos está publicado por ediciones Kraken. Un cómic que é novela negra e que, coas características desta, engancha dende o principio. A acción desenvólvese nun lugar real, o Familisterio, situado en Guisa (Francia), un lugar que busca facer realidade as teorías do socialismo utópico e que se converte nun personaxe máis da historia. O tempo tamén é histórico: vai comezar a Primeira Guerra Mundial, dato importante a ter en conta na lectura do cómic. E logo xa podedes mergullarvos nun libro que vos terá atados a el ata rematardes a lectura.
O feito de tratarse dunha novela negra incide, supoño, na cor predominante nos debuxos, que adoitan ser escuros. O escenario é un lugar opresivo e o xeito de debuxar os personaxes achégaos ás caricaturas nas que é mesmo perceptible a mesquindade ou a honradez.
O feito de tratarse dunha novela negra incide, supoño, na cor predominante nos debuxos, que adoitan ser escuros. O escenario é un lugar opresivo e o xeito de debuxar os personaxes achégaos ás caricaturas nas que é mesmo perceptible a mesquindade ou a honradez.
Atoparalo en Cómic, Kraken, Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos
05/07/11
¡Libertad! Che Guevara
Ediciones Kraken achéganos en forma de cómic a biografía de, neste caso, Che Guevara neste tomo ¡Libertad! con guión de Maryse e Jean François Charles e debuxo de Olivier Wozniak. O libro ofrece primeiro unha biografía escueta do personaxe nas dúas primeiras páxinas para logo desenvolver o cómic. Creo que é a primeira vez que se ofrece a súa biografía en formato cómic, e resulta moi interesante. Podemos ver a súa vida coma se un dun flash se tratase, a súa conciencia política, o seu compromiso, a súa nenez, os seus amores... a narración non é lineal, e podemos observar como o seu compromiso estaba por riba da súa familia continuamente.
Moi interesante para achegarnos a este mito.
Moi interesante para achegarnos a este mito.
Atoparalo en Cómic, Kraken, Lectura, Libros, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.








