Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Personaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Personaxes. Amosar todas as publicacións

25/09/17

Científicas na Estación Central

Chamoume a atención esta nova que lin en Cultura Inquieta, polo fermosa e innovadora:
No teito da Estación Central de Nova Iorque puideron verse durante uns días unhas proxeccións que rendían homenaxe a 12 mulleres científicas.


30/03/17

Prudencia Ayala

Esta curta recolle a vida da muller que impulsou a loita polos dereitos das mulleres en El Salvador. Pretende rematar co esquecemento e a estigmatización á que foi sometida a primeira candidata presidencial feminista.


24/02/17

Pilar Aguilar

Coñecín a Pilar  no curso de Igualdade de Lalín. Dende entón, sígoa con fervor:


22/02/17

5 pintoras españolas

Maruja Mayo.- (1902 - 1995)
María Blanchard.- (1881 - 1932)

Ángeles Santos Torroella.- (1911 - 2013)
Amalia Avia.- (1930 - 2011)
Juana Francés.- (1924 - 1990)



Visto aquí

15/02/17

Las Sinsombrero

A vida das escritoras e artistas olvidadas da Xeración do 27:


Xa o publicaramos, pero convén lembralo, e vimos de velo aquí.


17/12/16

Dreams of Dalí: 360º



Visto aquí

14/11/16

Leonard Cohen - Discurso premio Príncipe de Asturias

04/11/16

Danse Serpentine

Loie Fuller (1862 - 1928) foi unha das artistas da danza máis innovadoras do século XX. O seu traballo influíu en Isadora Duncan e Martha Graham, revolucionando a danza coas súas innovacións técnicas, as performances, os vestiarios e a iluminación. Os irmáns Lumiére fixeron esta gravación en 1897.
Unha vez máis, dende Cultura Inquieta.


08/10/16

Rivas namorounos

Vale, comigo non o tiña difícil, porque xa o estaba (aquí vese ben claro)



 pero podo asegurar que Rivas namorou o meu alumnado e a todo o claustro que pasou nalgún momento polo Salón de Actos do IES Laxeiro, que agora xa é o Salón de Actos Manuel Rivas.


Non adoito traer ata aquí as actividades que realizamos no centro, posto que xa as colgo no blogue da biblioteca, e non me gusta repetirme. Pero hai datas especiais, que me marcan dun xeito indeleble, e que quero traer ata este meu espazo persoal porque forman parte da miña propia esencia. Hai un ano falábavos do acto inaugural con Ángel Carracedo, ese científico humilde e xenio galego que nos conquistou coa súa presenza. Hoxe, un ano despois, traio nas miñas mans a pegada de Manuel Rivas.


Foi unha semana sen durmir. Xa sabedes, os meus nervios, as ocorrencias de última hora, as ideas que pouco a pouco van collendo forma e sentido... Este curso teño un equipo de biblioteca envexable e o traballo tornou maleable en moitas mans. Sen Pilar, Cruz, Noche, Emilia, Xabier, Mar, Elsa... isto sería moito máis difícil. Por iso quero darlles as grazas, polo apoio incondicional, polos risos picarescos das tres Marías e o latín de Noche, polas propostas, polas comidas sen nervios e a miña histeria, pola convivencia. Por esas horas que me aturan e que me apoian, polas burradas que asustan a quen nos oia, polo clima de amizade creado...

 (ás 10 da noite e de esmorga)

Transformamos o patio do centro. Así, literalmente. As nosas artistas Mar e Elsa deron o seu toque persoal e logo realizamos unha especie de performance cos seus libros. Estaba irrecoñecible!





Por suposto, a música, a voz de Tamara... un ano máis, a miña emoción contida por ver que todo transcorría ben, que o traballo daba o seu froito. Pero o abalo máis grande é estar a carón de Manolo Rivas, vibrar coas súas palabras... e sabelo emocionado e agradecido. El xa me recalcara que non era amigo de grandes recoñecementos, da "doazón do seu ego ao Chuac", e é por iso que o apreciamos máis, pola súa humildade, un valor de todo imprescendible e tantas veces esquecido...


Rivas falounos e contounos. Falounos de anécdotas por el vividas como xornalista e na súa vida persoal ("busca un traballo no que non te molles", berroulle a súa nai cando era pequeno, farta desa vida escrava do seu home albanel) e contounos contos que nos fixeron rir e pensar. Explicou o poder da Literatura, da palabra, da necesidade do ser humano de contar, de deixar constancia do seu maxín, de explorar a pegada do medo tentando escorrentalo coa invención de historias, de nomear os lugares ("esta Galicia que nomea cada con, cada recuncho, cada fonte e que ten máis topónimos que calquera outro lugar do mundo") e engaiolounos. O silencio mudo dun alumnado orgulloso de telo no noso centro, un pequeno instituto do rural que medra con cada visita e que dende agora pasará cada día diante dunha porta que campa co nome de Manuel Rivas.


Esta, foi outra noite sen durmir, repasando cada detalle, vibrando coa emoción de telo ao noso carón. Que viñese onte ao Laxeiro, que pasase todas esas horas connosco, foi un soño cumprido dende hai anos. Pero o mellor dese soño foi descubrir que Rivas é un home, non un escritor afamado, que Rivas sabe agradecer os agasallos do alumnado dándolles o valor por seren rapaces e rapazas, que Rivas emociónase e agradece. Coido que este xesto di moito del:



Si, namoramos de Rivas. Sería imposible ou impensable o contrario. Pero ademais de Rivas, eu estou namorada do meu alumnado, un alumnado responsable que sabe agradecer e respectar, que admira un xenio e que lembrará este día como un dos mellores da súa etapa educativa. Que estivo atento a cada palabra e que me escribe agradecendo a oportunidade, como vén de facer agora mesmo Carla.

Grazas.

Aquí, as tres Marías. Son moi afortunada por telas este curso comigo.



Todas as fotos aquí.

03/10/16

Dalí e Alicia, marabilla

Na década de 1960 un editor de Random House encargou a Dalí unha edición exclusiva de Alicia no país das marabillas. Resultou ser unha edición cobizada polos coleccionistas. Pero para o 150 aniversario esta colaboración vén de ser reimpresa por Princeton University Press, cunha introdución que explica a conexión de Dalí e Carroll, e a investigación do matemático Thomas Banchoff sobre as matemáticas que atopamos nos traballos e as ilustracións de Dalí.
Visto aquí.













30/09/16

Hurdles

Curta sobre igualdade de Enma Watson.Visto aquí.

“Hurdles” (obstáculos)


Global Goals: Hurdles from Mick Watson on Vimeo.



“Las mujeres y las niñas siempre han enfrentado obstáculos, pero eso nunca nos ha detenido.
Nos hemos sacrificado, luchado, hemos tenido éxito, nos han golpeado de nuevo, y hemos tenido éxito otra vez. En una carrera de justicia, hemos saltado por encima de un sinnúmero de obstáculos para ganar nuestros derechos. Las mujeres no teníamos derecho a voto, nos excluyeron de la educación, no nos han pagado suficiente por nuestro trabajo y no teníamos voz en el liderazgo político. Incluso en los primeros Juegos Olímpicos las mujeres no contaron. Eso fue entonces.
-En 1893 Nueva Zelanda aprueba el voto femenino.
Le han seguido 192 países.
-1963: América aprueba el primer Acto de Salarios Igualitarios.
60 países lo han seguido.
-97 países tiene actualmente a más mujeres que a hombres en la universidad.
-En Ruanda el 50% de los cargos parlamentarios son mujeres.
-En 21 países la persona que gobierna el Estado es una mujer.
Aún hay obstáculos difíciles y duro que saltar:
-15 millones de matrimonios infantiles cada año.
-62 millones de niñas sin acceso a educación aún hoy.
-1 de cada 3 mujeres en el mundo aún sufre violencia.
La carrera sigue en pie, todos los días, de todos los años de nuestras vidas, pero cruzaremos la línea de llegada. Nadie nos puede parar. Igualdad YA”.

21/09/16

'Guardiana de los ríos'

O asasinato de Berta Cáceres provocou que moitas persoas que cren nos Dereitos Humanos e na defensa do Medio Ambiente volvera a súa ollada cara a Honduras e interésase polo seu traballo na organización Consejo de Organizaciones Populares e Indígenas de Honduras (COPINH); grazas ao documentas 'Guardiana de los ríos' saberemos do seu enfrontamento contra a privatización dos ríos, que son figuras ancestrais de alto valor simbólico na cosmovisión do pobo lenca.



Visto aquí

01/08/16

La Dama de la Percusión

Curta documental protagonizada por Deborah, percusionista da Habana Vella, quen tivo que loitar por facerser un oco tocando un instrumentos tradicionalmente "masculino", o tambor batá.
La Dama de la Percusión from Matrioshka Films on Vimeo.

13/07/16

Agustín neste blogue

Agora que me preparo para ir a Vigo a despedirme de Agustín, pensei en repasar o seu paso por este blogue. Tantas veces a súa presenza é efectiva nestes Ronseis que semella que non podo determe en todas. Se vos apetece pasear ou curiosear, non tedes máis que procuralo no buscador:

Quedo, sobre todo, con algúns recordos del ligado ao meu traballo.

Aquel día en que o meu club de lectura ficou completamente emocionado pola conversa virtual que nunha aula do IES do Carballiño mantivemos con el:

Que bo sabor de boca me ofrece o feito de terlle feito unha homenaxe en forma de nome de aula no IES Pintor Colmeiro, un centro no que traballei bastantes anos e que deixei hai tan só dous:




Procurei asemade o seu haiku para o noso Libro do Mal Amor:


E unha lembranza das súas manías:

Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando esta está rematada.


  Teño outros momentos con el que son meus e que prefiro gardar para min, coma o o seu doce sorriso  tan perfecto!
Ata sempre, meu amigo.


05/07/16

Camisola ROSALIA

Novo modelo de camisola ozoqueira.
®OZOCOgz


06/06/16

2016, ano de Manuel María (XII)

Que pasa se mesturamos imaxes animadas de Banksy e un poema de Manuel María? Un traballo do alumnado de Debuxo Artístico, IES as Barxas

O POEMA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

17/05/16

2016, Ano de Manuel María (XIV)

O CARRO interpretado por Guadi Galego:


2016, Ano de Manuel María (XIII)

Un poema de MANUEL MARÍA interpretado por GELRIA.

ZOCAS


2016, Ano de Manuel María (XII)

Escolma de poemas de Manuel María que nos chega dende "Marlou":

16/05/16

2016, ano de Manuel María (XI)

E aínda outra vez, dende o IES San Paio, Manuel María, escritor e galego:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.