Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta SM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SM. Amosar todas as publicacións

18/04/17

21 relatos contra el acoso escolar


Traballando no centro contra o acoso escolar e mergullados no programa TEI (son titora dun 3º de ESO) chegamos hai tempo a este libro moi recomendable sobre o tema que publicou a editorial SM co título 21 relatos contra el acoso escolar. Por suposto, e como ocorre en todo libro de relatos, uns gustan máis ca outros, pero en xeral é un libro moi bo que axuda a reflexionar sobre o tema.
Ana Alcolea, Montserrat del Amo, Elia Barceló, Lola Beccaria, Martín Casariego, Agustín Fernández Paz, Carlo Frabetti, Espido Freire, Ricardo Gómez, Alfredo Gómez Cerdá, César Mallorquí, Andreu Martín, Gustavo Martín Garzo, Gonzalo Moure, Emilio Pascual, Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz, Jordi Sierra i Fabra, Care Santos, Lorenzo Silva e o  ilustrador Carlos Giménez procuran unha atemática común dende diferentes perspectivas. Así, por algunhas das súas páxinas pasearemos polo silencio das vítimas, outras falarannos da desolación que provoca a violencia e outras farannos saber os problemas psicolóxicos que magoan unha vida enteira.

27/08/14

Como enseñar a tus padres a disfrutar de los libros para niños

Alain Serres e Bruno Heitz son os responsables deste álbum que publica SM: Como enseñar a tus padres a disfrutar de los libros para niños. Un libro pequeno moi grande por dentro, xa que tenta amosar as actitudes dos adultos ante a Literatura Infantil, desprezándoa. Pero cóntao con humor e ironía, dirixíndose aos nenos e nenas, para suxerirlles as respostan que deberían dar ante tal desprezo. As ilustracións lévannos asemade a outros libros.






Si a algunos les inquieta estar un poco perdidos en el planeta de los libros para niños… tranquilízalos diciendo que tú puedes guiarlos y explicárselo todo tranquilamente.
!Hasta la palabra COCOFLETECACHOBUSMOLÓN!

05/05/14

Cuentos de terror del Barco Negro - Cuentos de terror de los objetos perdidos



Chega un mes máis a recomendación da nosa Carme:     




 Chris Priestley é o autor de dous libros imprescindibles, catalogados como xuvenís, para todos aqueles que queiran pasar un par de horas gozando con relatos de fantasmas. Cuentos de terror de los objetos perdidos (SM, 2009) e Cuentos de terror del Barco Negro (SM, 2011) son os seus títulos e en ambos os dous casos son historias enmarcadas nunha narración máis ampla. No primeiro, é o misterioso e excéntrico Tío Montagne (arrepiante o que ao final coñecemos deste personaxe! ), o fío condutor dos contos,  todos cunha atmosfera moi vitoriana, mentres llos vai narrando ao seu sobriño Edgar. No segundo, vai ser o estraño e inquietante visitante Jonah Thackeray, quen chega á casa dos irmáns Cathy e Ethan, a Posada Vieja, nunha noite de treboada (non saben eles o final que lles espera!).
                Para os que gustamos dos clásicos deste tipo de literatura, vemos asimilada, dun xeito nada artificioso, moita da tradición literaria do xénero, pois hai  espellos maléficos, pero tamén  vampiros (Piroska) e nenos diabólicos (El niño en la barca), e incluso árbores  ameazantes (Olmo). Mais  tamén habemos atopar tatuaxes e gatos poenianos (Brea) ou a natureza  lovecraftiana (Naturaleza) nos caracois máis insólitos que podiamos imaxinar nunca.
                Se tivera que elixir un dos relatos, quedaría con La poda de invierno, onde a clásica bruxa do conto segue a asustar os nenos e nenas, pero ademais diso, castiga terriblemente a aqueles que ousen profanar o seu territorio. A que non sabedes de que xeito?
“Quiso correr, pero al intentarlo descubrió que no podía moverse. Le pareció que los pies se le habían quedado clavados al suelo y, en realidad, enseguida advirtió que non se trataba solo de los pies. Ninguna otra parte de su cuerpo le respondía. Veía el jardín y el muro en que había estado sentado, y percibía vagamente que estaba rodeado de ramas. Por lo visto, se encontraba atado a uno de los manzanos”.

16/01/14

El país de los cuadrados

Publica SM este álbum de Francesco Tonucci con ilustracións de Osther Mayer: El país de los cuadrados vive afastado do país dos triángulos por un río. Os cadrados viven en casas cadradas e teñen unha vida moi seria e moi cadrada. Os habitantes do país dos triángulos son diferentes, rideiros e alegres que construén pirámides de diferente tamaño. Un terremoto ataca o país dos cadrados e estes vense na obriga de preguntarlles aos triángulos como fixeron para que as súas casas non caesen por culpa do tremor. As cousas complícanse cando aparecen os círculos, que saben rodar, non coma os outros. Un libro divertido en clave metafórica: o mundo é fabuloso porque hai diversidade.

14/01/14

Insomnio

Insomnio é un texto de Antonio Skármeta con ilustracións de Alfonso Ruano publicado por SM. Un neno que non quere durmir porque, certamente, cantas cousas podemos perder mentres durmimos! Pero aí está papá para contar un conto e pactar co sono para que chegue...

05/01/14

El ratón que comía gatos

Un álbum con texto de Gianni Rodari con ilustracións de Emilio Urberuaga! Pouco máis se pode pedir xa, non? Asi é este El ratón que comía gatos publicado por SM, unha aposta segura porque Rodari é un xenio e esta é unha historia divertida que ten como protagonista un rato sabio e lector. Claro que o feito de ser lector non indica a perfección e este rato resulta un pouco sabiondo de máis e terá que pagar as súas pantasmadas.

Un viejo ratón de biblioteca fue a visitar a sus primos, que vivían en un solar y sabían muy poco del mundo.
-Vosotros sabéis muy poco del mundo -les decía a sus tímidos parientes -, y probablemente ni siquiera sabéis leer.
- ¡Oh, cuántas cosas sabes! - suspiraban aquéllos.
- Por ejemplo, ¿os habéis comido alguna vez un gato?



03/01/14

El extraordinario viaje de Prudence

Un álbum que invita a soñar dende a portada ata a contraportada: así é este El extraordinario viaje de Prudence de Charlotte Gastaut publicado por SM. Escenarios máxicos que están fiados entre as páxinas de diversas maneiras, destacando por riba de todo as cores e a orixinalidade das páxinas troqueladas: dende nubes de algodón ata elefantes camuflados, sereas e bosques, de todo hai e todo cabe neste álbum. As dúas primeiras páxinas, totalmente diferentes, faranvos preguntar ante que estades: tipografías diversas, frases curtas, desorde, bambán entre letras... para logo adentrarse nun bosque de páxinas diferentes e divertidas sen palabras.
Un álbum para descubrir.








19/12/13

El regalo


Chamoume a atención xa pola portada este libro da editorial SM onde destacan sobre todo as fermosísimas, ricas e orixinais ilustracións de Ofra Amit con texto de  O. Henry, un vello texto que non perde a súa contemporaneidade en ningún momento. El regalo é unha preciosa historia moi acaída para estes tempos de Nadal xa que fala dese espírito de sacrifico e solidariedade que seica sentimos nesta época máis ca nunca e fala, sobre todo, de Amor. De Amor incondicional e profundo, de Amor xeneroso, de Amor compartido. Este Amor consegue que o álbum sexa idóneo para todas as idades. E máis cando comprendemos que nestes tempos de crise o libro cóntanos unha historia familiar que pode ser moi achegada.










24/10/13

Pero ¿qué pasa?


Fermosísimo álbum publicado por SM este Pero ¿qué pasa? de David McNeil e Tina Mercié. Un álbum despregable cheo de sorpresas porque nada é o que parece. Na dobre páxina aparece a pregunta e a ilustración. Podemos contestar o que vemos... pero cando despregamos a páxina a resposta do libro é diferente ao noso primeiro impulso, e aí reside a habilidade do álbum: ningunha resposta é mala e nada é o que semella.



02/10/13

El arenque rojo

Aínda que o teño hai tempo, esquecera traelo ata aquí. Imperdoable! Porque é un dos mellores álbums ilustrados do 2012. El arenque rojo é un álbum de 24 páxinas sen unha soa palabra... e xa sabedes o que iso supón! Publicado por SM, o seu autor é Gonzalo Moure e a ilustradora Alicia Varela. Cada páxina supón unha histora de moita xente que nos dá pé para maxinar as súas vidas, porque dunha páxina a outra movéronse para dar paso á creación da nosa historia. Podemos escoller entre a moza que le, o ciclista, a mamá, o fotógrafo, os nenos... e moitos máis.
E se non tedes ganas de maxinar, ao final do libro o autor concédenos a súa propia historia dos personaxes. Pero antes de chegar a este sobre, concedédevos o tempo de mirar con atención e de inventar, as ilustracións ofrecen miles de detalles que nos axudarán a desenvolver a historia.




 

19/09/13

La primera vez que nací

Tamén de SM, La primera vez que nací con texto de Vincent Cuvellier e ilustracións de Charles Dutertre é un álbum tenro que é un agasallo para mamás e papás, que deixa un toque sensible na pel pero que confía no desenvolvemento único da persoa.



La primera vez que abrí los ojos, los cerré rápidamente. Lloré. Levanté mis manos al cielo y las posé entre dos montañas de leche. Dejé de llorar. Abrí los ojos por segunda vez en mi vida. Vi la luz más suave del mundo: eran los ojos de mamá.
La primera vez que me metieron en el agua, lloré, grité, agité los brazos y pataleé.
Todo el mundo a mi alrededor se reía. Y además, no sé por qué, mi cabeza se deslizó dentro del agua. Eso me recordó a cuando fui un pez.
La primera vez que hice pipí, fue encima de papá.
La primera vez que mi abuelo murio, mamá me abrazó para consolarme. Pero, en realicad, fui yo quien la abrazó para consolarla.
La primera vez que monté en bicicleta sin ruedines, lo hice con los ojos cerrados, sin manos y sin papá.
La primera vez que me resbalé en una roca, la roca lloró. Yo no.
La primera vez que… ¡Ah, me encanta esta primera vez! Era un domingo por la noche, volvíamos de la playa. Estaba enrollada en una manta, en el asiento trasero del coche. Papá se dio la vuelta cuando el semáforo estaba en rojo y dijo: “La pequeña duerme” Cuando llegamos a casa, seguí con los ojos cerrados, precisamente para oír decir a papá “shhh” y sentir cómo me cogía en brazos. Sonreí. Papá me susurró algo al oído y fue la primera vez que le oí decir: “Mi pequeña marmota…mi querida pequeña marmota”
La primera vez que subí en autobús, piqué el billete tres veces. Para estar segura. Luego me subí en las rodillas de papá y le besé tres veces. Para estar segura.
La primera vez que me disfracé, fue de princesa. La segunda vez que me disfracé fue de princesa. La tercera vez que me disfracé, fue de princesa. Por lo tanto soy una princesa.
La primera vez que vi la mar, ella dijo: “Qué grande es, qué bella es, qué ojos tan azules tiene”.
La primera vez que vi una estrella fugaz en el cielo, pedí un deseo. Pero no puedo decirlo porque si no, no se cumplirá.
La primera vez que vi hun búho, me pareció muy chulo. La primera vez que vi un chulo, tenía cara de búho.
La primera vez que toqué la trompeta delante de todo el mucho, papá apenas se lo podía creer y mamá daba golpecitos con la mano y con el pie.
La primera vez que cumplí 13 años, cambié.
La primera vez que su mano tocó la mía, sentí el viento soplar sobre mis párpados cerrados.
La primera vez que le vi, llebaba una camisa azul celeste y le brillaban los ojos.
La primera vez que le quité la camisa azul celeste, los ojos le brillaron aún más.
La primera vez que te moviste dentro de mi vientre, cerré los ojos y escuché el sonido del mar.
La primera vez que toqué la trompeta para ti, marcaste el ritmo con los pies. No me lo podía creer.
La primera vez que te vi, fuiste tú quien cerró los ojos y esta vez el mar era yo.
La primera vez que mamá supo que iba a ser abuela y que papá supo que iba a seer abuelo, los dos rejuvenecieron venite años.
La primera vez que elegimos un nombre para tí, dijimos muchas palabras entre las se excondía tu nombre.
La primera vez que naciste, fue la segunda vez que yo nací.

17/09/13

Jaime de cristal



Relato de Gianni Rodari con delicadas e fermosísimas ilustracións de Javier Aramburu que publica SM: Jaime de cristal é un canto á honestidade (neste país aínda existe diso?) e á sinceridade, que son as triunfadoras elocuentes nun mundo onde un tirano pretendía impoñer o seu orde.

16/09/13

¡Ñam!

Escrito e ilustrado por Puño, publica SM este álbum, ¡Ñam!, Premio Internacional de Ilustración 2009 SM. Un álbum bastante ruturista, coido, polas imaxes e por ese final inesperado que á súa vez resulta ben delicioso.




15/09/13

El soldado de plomo


Álbum que mereceu o Premio Internacional de Ilustración da Feria de Bolonia-Fundación SM, 2011, unha vella historia ilustrada por Page Tsou, El soldado de plomo conta unha historia de amor e unha mensaxe pacifista evaocada aquí con trazos da pintura tradicional chinesa. Se o libro é coñecido por si só, hai que destacar as ilustracións, con imaxes amplas cheas de detalles, ambientadas nos primeiros anos do século XX.







14/09/13

Versos del tiempo



Javier Ruiz Taboada e o ilsutrador Emilio Urberuaga son os artífices deste álbum publicado por SM: Versos del tiempo. 30 poemas sobre as medidas temporais, días, meses, estacións. Que mellor xeito de achegarse a esta nova lección? A través da poesía, por suposto. 

Hay relojes de pared,
de muñeca, digitales,
que dan la hora y el mes
y hasta las fases lunares.
Los hay que son de mesilla,
relojes despertador,
de cuco, con manecillas,
y los hay con carillón.
El reloj marca las horas
y nos hace enloquecer
si su tictac a deshoras
nos despierta sin querer.


13/09/13

El hada del agua


Gustavo Martín Garzo é o autor de El hada del agua publicado por SM con ilustracións de Alfonso Ruano. Un álbum que fala de fadas e de soños que se cumpren. Fadas que só poden ver os bebés porque estes non saben falar. Tenrura en estado puro!

Las hadas del agua son las criaturas más tímidas que existen. Nadie las puede ver, nadie sabe dónde viven ni lo que hacen. Se esconden en lo más profundo de los bosques, en lugares donde hay fuentes o arroyos, ya que necesitan el contacto del agua para vivir. No el agua de los grifos, sino la que nace de los manantiales, el agua que viene del interior de la tierra y guarda sus secretos.

12/09/13

Las nanas de Miguel


Con texto de Javier Sobrino e ilustracións de Ulises Wnsell, publica SM esta álbum ilustrado: Las nanas de Miguel é un libro para recrear a infancia de Miguel Hernández coidando os rabaños, mentres lía poesía e cantaba nanas.

Miguel camina por el sendero del bosque y silba al ritmo de sus pasos. Su madre le ha puesto en el zurrón comida para una semana, el tiempo que va a estar con el rebaño. Miguel disfruta cuidando de las cabras, pero nunca se ha quedado solo un día, y menos una semana entera con todas sus noches. Cuando lo piensa, la boca se le seca y siente como si un millón de hormigas le recorriera la espalda



Ea, ea, ea, cabrita mía,
duerme, duerme que se va el día.

Oa, oa, oa, sueña y descansa,
con hierba fresca,
con agua mansa,
y  con leche blanca.

Ua, ua, ua, llegó la noche bruna,
con manto de hilo y bruma.

Ea, ea, ea, cabrita mía,
                         duerme, duerme que se va el día.

16/08/13

El libro de los agujeros

Divertido e instructivo álbum de Claire Didier con ilustracións de Roland Garrigue que publica SM: El libro de los agujeros é un catálogo de buratos, desde o máis visible como o ollal dunha camisa ata aqueles que son menos tanxibles pero máis perigosos, como os financieiros. Non hai por que lelo seguido, xa que podemos ir salteando as páxinas. É moi divertido tanto pola información que aporta como polas anécdotas que conta. Ademais resulta moi chamativa a súa estética, mesmo ten buratos nas páxinas!


Capítulo 1

Feria agujerera

"Los tengo caros y baratos. Para jugar y para cantar.
Dulces y salados. Grandes y pequeños. redondos y alargados.
¡Los tengo para todos los gustos y para todos los bolsillos!
Para amantes dela arte a aficionados a la literatura.
Para flautista y violinistas. Para campeones del golf y del billar.
¡Pase y vean! ¡Insólitos agujeros a precios insuperables!"

Capítulo 2

Agujeros de la tierra

¡Salid todo el mundo del agujero. He recorrido el mundo de cabo a rabo
en busca de ejemplares la mar de raros: agujeros misteriosos, gigantescos y algo coléricos!
He visitado grutas magníficas y cruzado desfiladeros.
Me he descolgado por precipicios de vértigo y contemplado paisajes de ensueño
perforados por la acción del agua y del viento.¡Auténticos coladores de piedra!

Capítulo 3

Agujeros  animales

He aquí las pequeñas casas de algunos animales muy sociables.
Poneos cómodos y leed con atención sobre
la madriguera de un jabalí de malos pelos.
Acariciad los bigotes de la foca que asoma a la cabeza por un agujero en el hielo.
Observad la actividad frenética de los hormigueros y los termiteros,
y a los murciélagos colgados con sus grutas cabeza abajo,
¡Tened cuidado al pasar por el agujero de la peligrosa morena!


Capítulo4

Agujeros del cuerpo

¡Todos atentos a los agujeros que hay en el cuerpo!
Agujeros para respirar y agujeros para oler.
Agujeros para escuchar y agujeros para hablar y comer.
Algunos animales sonríen con sus enormes mandíbulas y otros se abanican con sus inmensas orejas.
He visto la abertura nasal del delfín y a una llama ¡haciendo caca!
los hombres se colocan piercings en la nariz, en la lengua y en las orejas.
Haceos un hueco y tomad un asiento.

Capítulo 5  

Agujeros fabricados

Los hombres se pasan la vida excavando agujeros en ciudades, montañas y mares.
Abren ventanas y puertas en los edificios y en las casas.
Algunos agujeros fabricados son agujeros desmesurados.
Otros son ruidosos y otros son sagrados.
Desde hace siglos, el hombre intenta sacar provecho del espacio que le rodea.
Así, ha abierto túneles para circular, hoyos para enterrar a los muertos, 
desagües y alcantarillas, minal de sal y de diamantes, y ¡pozos de petróleo!


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.