Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Mil y un cuentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mil y un cuentos. Amosar todas as publicacións

10/06/14

La finalista

 














Publica Mil y un Cuentos este álbum de Marisa López Soria e Moisés Yagües: La finalistala lémbranos que non podemos esquecer que máis importante que gañar é esforzarse e pretender chegar ata onde poidamos e que é o amor propio, o orgullo, unha virtude a valorar.

26/06/13

Caperucita Roja



Encantoume esta versión de Caperucita Roja publicada por M1C e ilustrada por Pedro Perles porque non ten palabras: unha reinterpretación chega de misterio que convida a contar un conto en base ás imaxes que el nos propón.

Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap
Caperucita Roja/Little Red Cap

15/05/12

Sapo Manuel Quenorrana


Outro dos libros de José Campanari que descubrín estes días foi este simpático Sapo Manuel Quenorrana con ilustracións de Inés Vilpi publicado por M1C. O autor mestura, nun divertimento, mestura personaxes  e fai chiscadelas aos contos clásicos, mesmo a versos famosos. 
As ilustracións, por outro lado, complementan de marabilla o ton humorístico do álbum

30/12/11

Y entre líneas... un pirata



Simpático álbum poético de Zandra Montañez con ilustracións de Cristina Peláez que publica Mil y un cuentos: Y entre líneas... un pirata é un xogo rimado de versos e palabras que se saen dun libro para volver a el. Un fermoso xogo poético infantil que nos lembra aquela Canción do Pirata de Espronceda: combinación de piratas, aventuras, amores e poesía. As ilustracións representan tanto os saltos de páxina coma os saltos do mundo real ao ficticio, polo que resultan dinámicas, xogando coa tipografía do texto segundo o que se queira representar. De todos os xeitos, o texto non me acabou de convencer.


Hace años, muchos años,
y sobre el viejo anaquel,
descansaba el libro aquel
con esos cuentos de antaño.
Con una señal marcada,
la página del pirata
que con casaca escarlata
emprendió dura emboscada.
Quería ver a su amada,
la bruja Marina Puerto,
que lo dejó medio tuerto
por ir cortejando a un hada.
Se fue la bruja Marina
con el pirata Merlín,
de uno a otro confín,
de la Antártida a la China.

Sacó iracundo su espada
y trepó por los renglones,
y vocales a empujones
lanzó contra la portada.
La eñe se le enfrentó
y le dijo: —¡¡Bandolero!!
Con varias letras te espero,
abajo, en otro renglón.

Las consonantes, armadas
con varios puntos y comas,
se escondieron tras las lomas
en un cuentito de hadas.

Asustó a los tres cerditos
al brincar desde el bajel
con ese grito tan cruel:
—¡¡¡Que los aplasto, gorditos!!!

Con su casaca escarlata
y sus botas de charol,
se embarcó nuestro pirata
hacia un poema de amor.

26/03/11

Poe mitos


M1C publica Poe mitos de Pepe Maestro con ilustracións de Alicia Gómez Molina. Un álbum diferente no ritmo que recolle a tradición oral africana. Dividido en dúas partes, ambas envólvennos na maxia da palabra e do silencio, das repeticións e dos mitos que invitan a contar ou mesmo a cantar, pois o texto semella unha canción á que non é difícil poñerlle ritmo. As ilustracións rebordan sensibilidade e cor, que abraia o lector pola súa forza narrativa.
A mensaxe é precisa: salvemos o mundo. Se aínda é posible...

"Al principio los seres humanos no sabían hablar.
Estaban en silencio.
Sabían reír y llorar.
Pero no hablaban".

23/09/10

Al atardecer


Escribe Jackeline de Barros e ilustra David Padilla en Al atardecer unha fermosísima historia da vellice e da perda da memoria, ou da ilusión de vivir unha vez máis as lembranzas que semellan marchar. O alzheimer dende a perspectiva dun neno e a tristemente contundente resposta de seu pai. Tema dolorasemente actual pintado con mestría. Imprescindible.
Editorial Mil y un cuentos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.