Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

12/10/25

La Química de lo bello



 Deborah García Bello é a autora deste libro, La Química de lo bello, publicado por Paidos cuxo subtítulo é "Un relato científico sobre el arte y las bellezas cotidianas". Unha autora que é boa divulgadora, algo difícil no mundo científico. Nel, examina o trasfondo científico da arte contemporánea. Textura, cor, resistencia, economía, técnica, beleza... todos son aspectos desde os cales se pode observar a arte. De aí que este libro amose o impacto das descubertas científicas na arquitectura e nas artes, así como tamén axudaron a mellorar as condicións de traballo das persoas que fan arte e, asemade, das súas obras. É dicir, o libro expón a beleza que é posible grazas á química, e a beleza que temos arredor, a que ás veces non miramos por ser tan cotiá. Así que podemos ler sobre química e sobre arte, ou máis ben sobre Historia da Arte, xa que conta como xorden as cores e como se utilizaban, incluíndo os procesos químicos de materiais utilizados polas artista, sempre de xeito entendible.

Así pois, tentamod entender a arte a través dos materiais: o fermoso e o verdadeiro visto de xeito máis claro a través do coñecemento científico.


«El azul ultramar era carísimo. Fue el pigmento más caro de todos los tiempos, más caro incluso que el oro. Por eso Miguel Ángel no pudo concluir una de sus pinturas, el ‘Santo entierro’.

Durero llegó a vender obras de arte a cambio de unas onzas de pigmento. Y Vermeer se endeudó por su obsesión por aquel color. Cualquier obra de arte pintada con azul ultramar adquiría de inmediato la categoría de objeto de lujo.

El azul divino. Tanto es así que este color fue generalmente restringido a las vestiduras de las imágenes de la Virgen». (p. 18)

21/09/25

Maniac

 


Había que ir a Maniac de Benjamin Labatut publicado por Anagrama. Unha obra inclasificable a medio camiño entre a novela e o ensaio que conta achádegos para comprendermos a historia recente a través da ciencia. Un xeito de poder entender un pouco mellor como o ser humano pode ser completamente irracional e se este fai política xa temos o cóctel molotov máis perigoso feito.

Un paseo polos últimos cen anos englobando a física cuántica, a computación e a intelixencia artificial, sempre tendo en conta a fabricación da bomba atómica a través das vidas do físico Paul Ehrenfest, o matemático Johnny Von Neumann e Lee Sedol, xogador de go. Cada un deles ten unha parte do libro, con maior extensión para o segundo.

O libro que temos entre as mans vén a ser un retrato dos xenios, humanos que son xenios, pero que ao mesmo tempo das súas luces teñen as súas sombras, ou mesmo tebras. Como luces e sombras hai na sociedade e no pasado século, Maniac repasa a súa política axitada, revisa o presente e pregúntase sobre o porvir, e aí ten moito que dicir a ciencia, quen -de seguro- axuda a deseñar un futuro que, dubidamos ante a nosa actualidade, non será mellor.



05/09/25

Sin transición. Una nueva historia de la energía


 Unha sorpresa libresca... e enerxética, cando menos para min, que pouco sei destes temas. Jean-Baptiste Fressoz escribe en Sin transición. Una nueva historia de la energía, publicado por Arpa, un libro que nos instrúe sobre como esa transición enerxética da que nos falan, é falsa.

O autor explica que a historiografía ten unha visión "fasista" da evolución dos materiais pero a realidade é que todo se superpón en lugar de substituírse, é dicir, unha adición. En lugar de producirse unha competencia entre os recursos, ocasiónase unha relación simbiótica; de aí que non se reduza o consumo dalgúns materiais, senón que cambian de función.

Un exemplo moi chamativo resultou ser o dos coches eléctricos, eses que nos venden como os de enerxía máis limpa. Pois ben, para facelo utilízase grande cantidade de aceiro, que emite moitísimo CO2. Falamos da eliminación do plástico, pero atopámolo nunha cantidade inxente de embalaxes.

E moitísimos exemplos máis.

Con todos eles, amosa o autro como os recursos enerxéticos e materiais relaciónanse entre eles e compleméntanse. Así pois, existe a evidencia histórica que contradi as teorías gubenamentais e empresariais das transicións enerxéticas.

Queda unha co ánimo pesimista. A tecnoloxía non vai solventar os problemas medioambientais que xa temos e que van en aumento, e os gobernos seguen amparándose tan só nun paraugas económico que non se detén a contemplar un planeta que se deteriora a pasos axigantados.

.

27/02/22

E logo por que? Virus e bacterias


 Un deses libros que deben estar en todas as bibliotecas escolares, un libro de ciencia na nosa lingua, sempre tan necesario, e de divulgación sinxela para aprender sobre os virus e as bacterias de xeito ameno e doado, nun formato de preguntas e respostas que de seguro contestan as dúbidas que sempre nos fixemos sobre estes temas. Publícao Xerais  e é de Jordi Font Barris.

 

19/03/21

Mujeres inventoras

17/01/21

#NoMoreMatildas

NO MORE MATILDAS 


Campaña da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda. Unha idea de Gettingbetter coa colaboración de Dospassos que busca recuperar referentes científicos para inspirar e fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes.

28/11/20

O espazo de fóra


 C
ando recibín o paquete da editorial Baía, flipei. Que libro era este? Que portada! Que pasada! Pensei que estaba ante unha Guerra das Galaxias. O libro como obxecto non deixa indiferente. Logo está a tradución de María Reimóndez, que de seguro conseguiu que o libro fose moito máis interesante que o seu orixinal, O espazo de fóra de Martin Sodomka. Un libro sobre a Física e a descuberta doutras dimensións, unha lectura engaiolante, atractiva e intelixente, con detalladas informacións científicas. Unha pasada!


09/11/20

Salvamos o Planeta!


 Publica Xerais un deses libros científicos que nos encantan e que recomendamos encarecidamente para todas as bibliotecas escolares: Salvamos o Planeta! Respostas rápidas para preguntas enxeñosas. Coma se de fichas se tratase, profusamente ilustrado, responde ao formato de preguntas e respostas, de xeito ameno e divertido. Gústame sobre todo porque as preguntas son como moi de andar por casa, dúbidas que nos poden xurdir en calquera momento e a calquera hora do día, e non só os nenos e nenas, senón que hai moitxs adultxs que tamén atoparán respostas sorprendentes.

02/10/20

Yo también quiero ser ingeniera

 

21/07/20

El Enigma Agustina

Dende: "mujeres con ciencia":

El enigma Agustina es un falso documental financiado por la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) y el Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC). Este proyecto nace de una idea original de Emilio José García y Manuel González García (IAA-CSIC).
A través de la historia de Agustina Ruiz Dupont, El enigma Agustina recapitula los logros más destacados de la ciencia europea durante el primer tercio del siglo XX.


El Enigma Agustina from IAA-CSIC on Vimeo.

12/07/20

Estefanía Prior&Jennifer Mayordomo

El clic de la cuestión, las mujeres hacemos ciencia

26/06/20

A xenialidade de Marie Curie

Dende Mujeres con ciencia:

04/04/20

Sembradoras de vida

SEMBRADORAS DE VIDA acompaña a cinco mujeres de los Andes peruanos en su lucha diaria por mantener una forma tradicional y orgánica de trabajar la tierra.
En la cosmovisión andina, las mujeres y la tierra están fuertemente interrelacionadas. Tanto el cuerpo de la mujer como la tierra son capaces de dar vida.
En un contexto actual de industrialización de la agricultura, el uso de pesticidas químicos y semillas genéticamente modificadas, son las mujeres quienes, conectadas a la tierra en sororidad, asumen el papel de protectoras.

Sembradoras de vida (2019) from HDPERU on Vimeo.

12/02/20

Efecto Matilda: as científicas que máis brillaron e menos se valoraron

https://www.gciencia.com/videonautas/efecto-matilda-cientificas/?fbclid=IwAR2IhfHGqVHnhii978zDoisKNV7JfohIVafFXXweyZvb5QO6xb0i-mpYkb8

A Unidade de Igualdade Uvigo celebrou o #11F con este vídeo realizado por A panadaría. Olimpia Valencia, Marie Curie, Ángela Ruiz e Tabitha Babbitt 'resucitan' para denunciar o Efecto Matilda, o fenómeno polo cal moitas científicas son menos recoñecidas en condicións obxectivas respecto a compañeiros homes. #Videonautas

11/02/20

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

13/12/19

Mujeres (con)ciencia. Marta Macho

Estereotipos de xénero na educación STEM:

09/12/19

La científica olvidada que ‘descubrió’ el cambio climático: Eunice Foote

Viaxe ao futuro

Imprescindible este novo libro de Ciencias que nos trae a editorial Xerais, deses libros que debe haber en todas as bibliotecas escolares e que agradecemos porque moito nos cómpren libros destas características na nosa lingua. Viaxe ao futuro é un libro de "respostas rápidas para preguntas enxeñosas". En formato moi cómodo para a súa consulta con aneis grandes e grosos, tipo cartaz, coas follas tamén grosas e divivido en tres grandes temas: "Como será o futuro?", "A ciencia no ano 2100" e "Máquinas e robots do futuro", e ilustrado de xeito moi alegre, a lectura é doada e rápida. Ata mesmo poderemos gañar cartos se reciclamos!!!

21/04/19

Computación cuántica explicada en dez minutos

Nesta conferencia TEDWomen 2018 (en inglés, con subtítulos en castelán) Shohini Ghose explica de xeito sinxelo o que é un ordenador cuántico: esta tecnoloxía ten o potencial de transformar o mundo da medicina, de crear cifrados impenetrables e mesmo de teletransportar a información…


https://mujeresconciencia.com/2019/03/03/computacion-cuantica-explicada-en-diez-minutos/?fbclid=IwAR17z8ec3Fp0q9Nor6ZrWTdpDImhOIxDH4lcIx1jZaCZDtdkt1bBqB1y_vY

23/03/19

Viaxeiros. Animais extraordinarios

Un novo libro dunha colección extraordinaria e necesaria na nosa lingua, a de “Viaxeiros” que edita Faktoría K de Libros. Desta volta, co título de Viaxeiros de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández. Seguimos falando de divulgación científica, algo que ben cómpre no noso idioma, aínda que se están dando grandes pasos, quizais nunca suficiente polo retraso evidente que levabamos. Un mundo a descubrir este dos animias, arredor das migracións que algúns destes fermosos animais realizan, con perigos, na procura da súa supervivencia. 
Percorrede os camiños con eles. Ás veces, andaredes miles de quilómetros, pero pagará a pena. Asemade, será doado porque a linguaxe utilizada é cercana e asequible. Aprendede ao mesmo tempo que vos abraiades pola natureza que nos rodea. Esa que está en perigo de extinción sempre por culpa do ser humano.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.