Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións

08/04/17

Carlos Casares. Vida e literatura

Publica Xerais este Carlos Casares. Vida e literatura de Damián Villalaín para achegar a figura do homanexeado nas Letras Galegas á rapazallada dun xeito ben ameno, convértendoo deste xeito nun libro esencial para o ensino nestas datas. Estou certa de que o feito de que o autor fose amigo de Casares resulta esencial para que o libro  goce dun agarimo especial que se nota en cada páxina de lectura, xa que consegue que esta biografía sexa un percorrido vital interesante, ben documentado e ao mesmo tempo sinxelo e acaído para unha franxa de idade que podería rexeitar a lectura de biografías.
A infancia, esencial para a creación de personaxes literarios. A adolescencia, tempo de descuberta da súa inquedanza literaria. A etapa universitaria, formación de galeguismo. Publicacións, traballos... nove capítulos para debullar unha vida esencial para a nosa cultura. Entre as páxinas, transcrición das palabras do autor e fotos.

    

26/01/17

Carmen Laforet, la chica rara

16/12/16

Vivir da escrita

"La Charte des auteurs et des illustrateurs pour la jeunesse", unha asociación francesa que representa a escritor@s e ilustrador@s de literatura infantil e xuvenil, realiza esta gráfica campaña para deixar claro a realidade na que viven e convidarnos a pensar sobre isto:







Visto aquí

08/10/16

Rivas namorounos

Vale, comigo non o tiña difícil, porque xa o estaba (aquí vese ben claro)



 pero podo asegurar que Rivas namorou o meu alumnado e a todo o claustro que pasou nalgún momento polo Salón de Actos do IES Laxeiro, que agora xa é o Salón de Actos Manuel Rivas.


Non adoito traer ata aquí as actividades que realizamos no centro, posto que xa as colgo no blogue da biblioteca, e non me gusta repetirme. Pero hai datas especiais, que me marcan dun xeito indeleble, e que quero traer ata este meu espazo persoal porque forman parte da miña propia esencia. Hai un ano falábavos do acto inaugural con Ángel Carracedo, ese científico humilde e xenio galego que nos conquistou coa súa presenza. Hoxe, un ano despois, traio nas miñas mans a pegada de Manuel Rivas.


Foi unha semana sen durmir. Xa sabedes, os meus nervios, as ocorrencias de última hora, as ideas que pouco a pouco van collendo forma e sentido... Este curso teño un equipo de biblioteca envexable e o traballo tornou maleable en moitas mans. Sen Pilar, Cruz, Noche, Emilia, Xabier, Mar, Elsa... isto sería moito máis difícil. Por iso quero darlles as grazas, polo apoio incondicional, polos risos picarescos das tres Marías e o latín de Noche, polas propostas, polas comidas sen nervios e a miña histeria, pola convivencia. Por esas horas que me aturan e que me apoian, polas burradas que asustan a quen nos oia, polo clima de amizade creado...

 (ás 10 da noite e de esmorga)

Transformamos o patio do centro. Así, literalmente. As nosas artistas Mar e Elsa deron o seu toque persoal e logo realizamos unha especie de performance cos seus libros. Estaba irrecoñecible!





Por suposto, a música, a voz de Tamara... un ano máis, a miña emoción contida por ver que todo transcorría ben, que o traballo daba o seu froito. Pero o abalo máis grande é estar a carón de Manolo Rivas, vibrar coas súas palabras... e sabelo emocionado e agradecido. El xa me recalcara que non era amigo de grandes recoñecementos, da "doazón do seu ego ao Chuac", e é por iso que o apreciamos máis, pola súa humildade, un valor de todo imprescendible e tantas veces esquecido...


Rivas falounos e contounos. Falounos de anécdotas por el vividas como xornalista e na súa vida persoal ("busca un traballo no que non te molles", berroulle a súa nai cando era pequeno, farta desa vida escrava do seu home albanel) e contounos contos que nos fixeron rir e pensar. Explicou o poder da Literatura, da palabra, da necesidade do ser humano de contar, de deixar constancia do seu maxín, de explorar a pegada do medo tentando escorrentalo coa invención de historias, de nomear os lugares ("esta Galicia que nomea cada con, cada recuncho, cada fonte e que ten máis topónimos que calquera outro lugar do mundo") e engaiolounos. O silencio mudo dun alumnado orgulloso de telo no noso centro, un pequeno instituto do rural que medra con cada visita e que dende agora pasará cada día diante dunha porta que campa co nome de Manuel Rivas.


Esta, foi outra noite sen durmir, repasando cada detalle, vibrando coa emoción de telo ao noso carón. Que viñese onte ao Laxeiro, que pasase todas esas horas connosco, foi un soño cumprido dende hai anos. Pero o mellor dese soño foi descubrir que Rivas é un home, non un escritor afamado, que Rivas sabe agradecer os agasallos do alumnado dándolles o valor por seren rapaces e rapazas, que Rivas emociónase e agradece. Coido que este xesto di moito del:



Si, namoramos de Rivas. Sería imposible ou impensable o contrario. Pero ademais de Rivas, eu estou namorada do meu alumnado, un alumnado responsable que sabe agradecer e respectar, que admira un xenio e que lembrará este día como un dos mellores da súa etapa educativa. Que estivo atento a cada palabra e que me escribe agradecendo a oportunidade, como vén de facer agora mesmo Carla.

Grazas.

Aquí, as tres Marías. Son moi afortunada por telas este curso comigo.



Todas as fotos aquí.

13/07/16

Agustín neste blogue

Agora que me preparo para ir a Vigo a despedirme de Agustín, pensei en repasar o seu paso por este blogue. Tantas veces a súa presenza é efectiva nestes Ronseis que semella que non podo determe en todas. Se vos apetece pasear ou curiosear, non tedes máis que procuralo no buscador:

Quedo, sobre todo, con algúns recordos del ligado ao meu traballo.

Aquel día en que o meu club de lectura ficou completamente emocionado pola conversa virtual que nunha aula do IES do Carballiño mantivemos con el:

Que bo sabor de boca me ofrece o feito de terlle feito unha homenaxe en forma de nome de aula no IES Pintor Colmeiro, un centro no que traballei bastantes anos e que deixei hai tan só dous:




Procurei asemade o seu haiku para o noso Libro do Mal Amor:


E unha lembranza das súas manías:

Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando esta está rematada.


  Teño outros momentos con el que son meus e que prefiro gardar para min, coma o o seu doce sorriso  tan perfecto!
Ata sempre, meu amigo.


06/06/16

2016, ano de Manuel María (XII)

Que pasa se mesturamos imaxes animadas de Banksy e un poema de Manuel María? Un traballo do alumnado de Debuxo Artístico, IES as Barxas

O POEMA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

17/05/16

2016, Ano de Manuel María (XIV)

O CARRO interpretado por Guadi Galego:


2016, Ano de Manuel María (XIII)

Un poema de MANUEL MARÍA interpretado por GELRIA.

ZOCAS


2016, Ano de Manuel María (XII)

Escolma de poemas de Manuel María que nos chega dende "Marlou":

16/05/16

2016, ano de Manuel María (XI)

E aínda outra vez, dende o IES San Paio, Manuel María, escritor e galego:


09/05/16

Beer

  "Cervexa", unha composición de Bukowski onde retrata o seu modus vivendi, foi a orixe literaria desta adaptación animada do poema. Esta curta procura retratar a decadencia e a soidade dunha mente brillante como a de Bukowski.



2016, Ano de Manuel María (XI)

04/05/16

2016, Ano de Manuel María (XI)

Día das Letras 2016: Manuel María, comprometido coa literatura e coa terra.

 Unha vez máis, aproveitamos o traballo realizado no IES San Paio, e xa van uns cantos.

 

16/04/16

2016, Ano de Manuel María (XI)

Rosas

SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.

Manuel María, A luz ressuscitada, 1984


02/04/16

2016, Ano de Manuel María (X)

Telexornal Manuel María 
Informativo monográfico sobre Manuel María realizado no CPI dos Dices-Rois. Outra vez, impresionante traballo!

24/02/16

Rosalía nas artes plásticas

Unha vez máis, desde o IES San Paio, imparable e toda unha referencia, chéganos esta presentación tan acaída para o día de hoxe, día de Rosalía, Rosalía nas artes plásticas:

 

22/02/16

Ilustrando a Rosalía

Iniciativa da Deputación da Coruña, na súa área de Cultura, que pon este luns en libre circulación catro novas imaxes de Rosalía de Castro creadas para a ocasión por catro deseñadoras: Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor.





04/02/16

Alfonsina Storni

02/02/16

Entrevista a Lois Pereiro

26/01/16

As escritoras inglesas e a Primeira Guerra Mundial

Documental onde a catedrática María Ángeles de la Concha Muñoz explica o gran impacto que tivo a Primeira Guerra Mundial na vida das mulleres, activando cambios sociais, e como esta guerra se reflicte na vida das escritoras Vera Brittain e Virginia Woolf.






Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.