Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Cubilete. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cubilete. Amosar todas as publicacións

24/04/20

Tampoco abras este libro


Tampoco abras este libro jamás é como unha segunda parte de No abras este libro, uns álbums moi divertidos para xogar canda a lectura de Andy Lee que podemos atopar na editorial Bruño. O monstro que nos asalta dende as súas páxinas convídanos mesmo a non ler e ver a tele, mentres loita continuamente por que non sigamos lendo, prohibíndonos pasar cada páxina. 
Un libro xogo xenial.

«ííSUELTA EL LIBRO YA MISMO!! ¿No oyes ladrar a un cachorrito? íVe a ver, corre!
¿No hueles esa PESTE? íPues sale de AQUÍ!
íEh! ¿No tienes deberes, o qué?
íUyyy, qué cara de hambre tienes! íVe a comer algo ENSEGUIDA!
íSe te pueden CAER los ojos de tanto leer! (que lo sepas).
íAnda, mira, una TELE! ¿No te apetece verla un ratito?».

04/09/16

Ñac-Ñac. El monstruo comelibros

Enma Yarlett é a autora deste álbum immprescindible para todo amante dos libros e da lectura: Ñac-Ñac. El monstruo comelibros está publicado por Cubilete (Bruño). Divertido libro con páxinas troqueladas e formato orixinal con buratos e superposicións doutros libros, onde pasearemos con este terrible monstro que adora comer libros, aínda que el morde todo o que teña por diante. O orixinal vén dado porque ao seguir as aventuras deste temible mordedor irá facendo buratos polos libros que vai comendo, polo que faremos un percorrido por diversos contos clásicos ben coñecidos e que el alterará ao mordelos. O dinamismo da lectura vén dado precisamente por esta "caída" sucesiva dun conto a outro, desexando saber onde rematará este monstro.


0

04/09/13

El Buen Lobito


Da editorial Cubilete é este divertido álbum de Nadia Shireen, El Buen Lobito, premiado na Feira Internacional do Kibro Infantil de Bolonia. Un lobo pequeno e bo que non sabe ser malo por moito que o intente, e cun final que nos deixará pampos e cun gran sorriso. Porque se pode ser malo, malísimo. Iso si, hai que querer!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.