Recoñezo que gravar este vídeo custoume, porque que as miñas alumnas me contasen que escoitan estas frases dirixidas a elas por parte dalgúns dos seus compañeiros, encheume de noxo e tristura. Tanto traballo por facer... e canto deserto hai diante. Será que predico nel?
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
21/11/20
2º de ESO contra a violencia
Recoñezo que gravar este vídeo custoume, porque que as miñas alumnas me contasen que escoitan estas frases dirixidas a elas por parte dalgúns dos seus compañeiros, encheume de noxo e tristura. Tanto traballo por facer... e canto deserto hai diante. Será que predico nel?
Atoparalo en Actividades, Violencia de Xénero
27/08/20
Machirulo agóchate
Por fin está aquí! E estamos emocionadas. O mes de febreiro foi un mes de ensaio por parte da nosa "banda" do Laxeiro para que o tema saíse perfecto, e foino. A voz de Fátima e a persistencia do profesorado de música. Ana conseguiu os permisos e traballou arreo.
Pero sobre todo, sobre todo, grazas a Noche polas horas de montaxe deste e dos outros vídeos. O Laxeiro está en débeda contigo...
A nós encántanos. Xa nos contaredes que opinades. Lembramos o 9 de marzo como un día de celebración marabilloso onde falamos de feminismo e reivindicámonos de xeito festivo. Semella que pasasen anos dende aquel día!!!
Adaptación e tradución do tema "Machirulo Escóndete" do grupo Tongo. Moitas grazas por darnos o permiso. Un tema viral no noso centro, o IES Laxeiro.
Somos as meigas ardendo
somos a rabia e a voz
Hoxe queremos cantarvos
que se acabou a opresión
Somos o eco que racha
coa verticalidade
Seguen vibrando os ventos
de ousadía e liberdade
Eu non vou gardar
silencio
Non nacín para
calar
Ocupemos os espazos
que nos quixeron
negar
Eu non son nai por
defecto
nin nacín para fregar
Deconstrúo
alicerces
do sistema
patriarcal
Somos quen nunca se rende
Quen alza unha rebelión
Unha gran onda que bate
este sistema feroz
Desaprendendo o camiño
Construíndo ao camiñar
A liberdade conquístase
coas gañas de loitar.
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
Somos as outras,
as que non importan,
as silenciadas
as rotas,
as boas,
as peores,
as feridas,
as tolas,
as raras,
as outras,
somos a rabia das nosas asasinadas,
somos a ira e a ledicia das nosas fillas,
somos as netas das bruxas que queimastes,
somos un coitelo no voso pescozo.
Somos a sabedoría das maiores,
somos as que decidiron importar,
somos a vinganza e a risa,
e a aperta e o berro colectivo das irmás.
Vimos de nos recoñecer entre nós mesmas,
Identificando o inimigo,
dámonos a man e a palabra,
queremos o que é noso,
e querémolo agora.
Queremos poder ser,
queremos liberdade,
Somos unha, somos todas
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
25/08/20
En clave de igualdade (II)
Hai tres anos comezamos un proxecto complicado. Este curso foi terrible, e foi agora, no verán, cando puidemos darlle forma ao traballo do alumnado realizado en febreiro e marzo.
Este curso obtivemos unhas condicións necesarias para conseguilo: un alumnado de luxo, feminista, comprometido, e músico!!!
A segunda canción que transformamos este curso foi outra que tamén nos parecía ben complicada e que ten unha desas letras que os nosos oídos non queren ouvir nin de lonxe: "Loca" de Duki.
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
25/04/20
Títulos feministas que contan
Atoparalo en Actividades, Efemérides, Igualdade, Libros, Muller
23/04/20
Títulos da LIX que contan
Atoparalo en Actividades, Efemérides, Libros
17/04/20
Títulos que contan
Atoparalo en Actividades, Libros
23/11/18
A escada da violencia
E aquí podedes vela plasticamente
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
03/10/18
E... Soengas metastaseounos
Encántame a miña profesión! Encántame estar rodeade de futuro. Porque eles e elas son o futuro. E pídolles que constrúan un futuro mellor.
Atoparalo en Actividades
17/05/18
Trafegando Igualdade
Hoxe ademais de ser o Día das nosas Letras, é o día contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia.
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/05/16/defensoras-igualdad/1892441.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/05/16/laxeiro-sobresaliente-tolerancia/0003_201805D16C2991.htm
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Muller
26/06/17
Videopoema
De todos os videopoemas que vén de realizar o meu alumnado quedo con este, de Helena Santalla e David de la Torre a partir dun texto de Estevo Creus:
Atoparalo en Actividades, Poesía
21/06/17
En clave de igualdade
Todo xurdiu cando un día na biblioteca achegáronseme dúas alumnas de 4º para ensinarme un vídeo. "Profe, vas flipar", e si, flipei. Así que logo comentando en clase a letra e o vídeo da canción, comezaron a ensinarme moitas outras, e pensei que algo deberiamos facer.
Aquí estamos. Isto é un comezo.
Estas cancións que hoxe presentamos son tres que o noso alumnado escolleu para variarlles a letra por unha de igualdade, reivindicativa:
.- Eu son feminista, sobre a "mítica" Te compro tu novia:
.- Eu son miña, sobre "Eres mía":
.- Xices de igualdade: sobre a letra da famosa canción "Corazón de tiza" de Radio Futura.
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
19/06/17
Meter o título
Atoparalo en Actividades, Poesía
14/06/17
Poemas titulados
Atoparalo en Actividades, Poesía
14/03/17
Lendo Valados
Atoparalo en Actividades, Álbum ilustrado, Recomendamos, Xerais
25/02/17
#RosaliaTe no IES Laxeiro
Atoparalo en Actividades, Poesía
16/02/17
O amor, en igualdade
Atoparalo en Actividades, Guía Lectura
08/10/16
Rivas namorounos
pero podo asegurar que Rivas namorou o meu alumnado e a todo o claustro que pasou nalgún momento polo Salón de Actos do IES Laxeiro, que agora xa é o Salón de Actos Manuel Rivas.
Atoparalo en Actividades, Escritores, Personaxes
05/10/15
Un día con Ángel Carracedo
É o turno da placa, do café que o alumnado compartirá con el no laboratorio. E el segue a sorrir mentres ecoita a música do piano a catro mans de Lara e Ana, de 3º de ESO:
Atoparalo en Actividades, Ciencia, Personaxes
16/06/15
No verán, lemos en galego
INSTRUCIÓNS
Descarga directa
GUÍA EN ISSUU
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Guía Lectura, Letras Galegas
04/04/15
Libro do Mal Amor (X)
Atoparalo en Actividades, Ilustración, Libro do Mal Amor, Poesía, Violencia de Xénero
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



























