Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións

29/01/18

Por que?

Magnífico este álbum sen palabras que nos trae Kalandraka: Por que? de Nikolai Popov. Todo comeza cunha ra que ten unha flor. Pero hai un rato que tamén a quere. Ambos piden axuda aos amigos e comeza unha batalla feroz. O final, presupoñémolo. Pero... por que?  Son as únicas palabras, porque non cómpre ningunha máis, as ilustracións dino todo, convídannos a reflexionar sobre o comportamento dos humanos e asemade convídannos a desexar a paz. Unhas ilustracións que pasan do humor á traxedia en cada páxina.


16/10/17

Imagine

Publica Flamboyant (xunto con Amnistía Internacional) este texto de John Lennon que deu a súa canción máis famosa, Imagine, ilustrado por Jean Jullien e que conta asemade cun prólogo de Yoko Ono Lennon. O álbum acompaña a viaxe dunha pomba que voa cunha póliña de olivera no peteiro, de xeito que leva a súa mensaxe de paz a todos os paxaros do mundo.
 Outro xeito de coñecer unha canción que se converteu no mellor alegato para a paz. E que non perde a súa forza nin a súa necesidade.

Imagine es un alegato lleno de fuerza, escrito con un amor impresionante y profundo por la humanidad y su futuro“.


30/05/17

علان زين رمضان 2017

A multinacional kuwaití de telefonía móbil Zain Telecom vén de publicar un vídeo antiyihadista, rexeitando o terrorismo dos islamistas violentos e promovendo a tolerancia, anunciando o Ramadán.




vía

20/03/17

El mapa de los buenos momentos

Fran Nuño xunto coas fermosas ilustracións de Zuzanna Celej procura en El mapa de los buenos momentos publicado por Cuento de Luz un relato sobre os destrozos que causa unha guerra na vida das persoas. Estas teñen que fuxir dos seus fogares, deixar atrás todo canto construíron no día a día. O que ninguén lles poderá quitar, ningunha bomba, ningún fusil, serán os seus recordos, que permanecerán indelebles na memoria ata a volta. Por iso a nena protagonista desta triste historia, porque todo relato que proveña da destrución é triste, levará consigo ese mapa feito a partir daqueles lugares que a acompañarán no seu periplo de exiliada, lugares aos que volverá para proseguir a súa vida.

10/03/17

Cannons

Así deberían ser todas as guerras:

Pelephone- Cannons from Gravity on Vimeo.

28/12/16

Paso a paso


Topamos en edicións Ekaré este alegato pacífico contra as minas antipersoa que tantos estragos teñen causado e aínda causan, desta volta a vítima será un elefante que terá que aprender a vivir coa súa posterior perna ortopédica. Jane Jolly e Sally Heinrich son as artífices deste Paso a paso que vos recomendo para non esquecer xamais a tremenda realidade que noutros lugares se vive.



18/12/16

Poilus

Curta de animación sen palabras sobre a guerra:




Vía

21/11/16

Inseparables

Podería pasar desapercibido, e afortunadamente non ocorreu grazas á prezada Paramio. Porque Inseparables de Mar Pavón e Maria Girón publicado por Tramuntana é algo máis ca un álbum bonito. Si, moito máis. Xa que achega un drama dun xeito tan sinxelo que consegue chegar directamente ao corazón, falando de infancias estragadas por causa da guerra. Terribles son as consecuencias destas. Tanto, que ata un zapato -un só, non lle cómpre o seu xemelgo- é capaz de denuncialas. E as guerras poden suceder en calquera lugar, outro dos acertos deste álbum imprescindible, que nos amosa unha casa e un lugar aparentemente feliz, sen pobreza e sen caos. Pero ata aí, ou sexa ata aquí, chega o drama da guerra. Ou pode chegar. E non deberiamos esquecelo cando miramos para outro lado.





20/09/16

La guerra perdida

Este álbum que publicou Thule hai 8 anos segue estando plenamente vixente, unha fábula chea de ironía e sarcasmo sobre a gloria das guerras e a pechazón de quen se empeña en mantelas. Estamos a falar de La guerra perdida de Agustín Comotto. Hai dous personaxes que buscan unha guerra, desexan a gloria e as fazañas que a acompañan. Pero non hai ninguén máis que a procure. Pero, efectivamente, bastan dúas persoas para armala. Non precisan de ninguén máis. Por iso poderán atopar a guerra perdida. E quedará claro que ninguén, absolutamente ninguén, será o gañador.
As ilustracións que acompañan o texto son divertidas, frescas, que deixan ben claro o absurdo do tema. Podendo vivir en paz, por que, para que, as guerras?





04/02/16

A historia do touro Ferdinando

Por fin chegou ás miñas mans e á nosa lingua este clásico do ano 1936 de Munro Leaf e Robert Lawson A historia do touro Ferdinando grazas á editorial Kalandraka. Estamos falando dun libro -traducido a numerosas linguas do mundo- que se converte rapidamente en obxecto de culto -considerouse un dos dez clásicos a prol da paz e da tolerancia pola Internationale Jugend Bibliothek- e mesmo en obxecto de persecución, por exemplo, ao longo do réxime nazi ou na guerra civil española. Esta edición que agora nos alegra recupera as ilustracións en branco e negro orixinais, así como a inxenuidade marabillosas que o caracteriza: un touro pacifista que escolle flores en lugar dos diferentes xogos da praza!!!
Xa falaramos del aquí, pero agora témolo na nosa lingua, algo que nunca agradeceremos suficiente a quen o fixo posible. E mentres, seguimos gozando con este xato que medra na dozura pacífica do campo.

27/01/16

2016, Ano de Manuel María (V)

Dende a Biblioteca do IES San Paio chéganos esta selección de poemas pacifistas de Manuel María:

 Non é unha bomba, ai!, esta poesía

31/12/15

Akim corre

Un álbum imprescindible antes de que remate este ano no que a inxustiza e a desigualdade semella correr veloz e apurar os últimos pasos. Akim corre de Claude K. Dubois publicado por Lóguez utiliza poucas palabras e moitas ilustracións para nos falar do drama que se vive cada día non moi lonxe de aquí pero nós non o miramos nin queremos velo: o drama da guerra, daqueles que foxen dela, dos refuxiados, dos nenos e nenas que perden as súas familias... No libro podemos ler como a vida dun neno calquera de súpeto vese truncada para non volver ser a mesma por razóns incomprensibles que nunca chegarán a entenderse. E a partir de aí, a soidade máis tenaz debuxada maxistralmente nunhas ilustracións nas que poderemos ollar toda a desolación que provoca a guerra.
Un álbum, dixen, imprescindible. Duro e necesario porque permite ollar dende outros ollos. Uns ollos que nos miran insistentemente procurando a nosa solidariedade e empatía.
 

26/12/15

La Torre de la Paz

Publica Thule este álbum de Maksim Bogdanovich e Mo Gutiérrez Serna baixo o título La Torre de la Paz, un libro de 1915 que denuncia a guerra e a tiranía, e que segue vixente e en plena actualidade, pois aínda andamos na procura de construír un mundo de paz.
Chaman moitísimo a atención as ilustracións en clave surrealista que destacan sobre este texto longo e que recrean un mundo intemporal que procura a construción de algo impensable.
Quizais algún día os humanos sexan capaces de construír unha torre de paz.



21/12/15

El deshielo


 Gustoume esta nova proposta que nos fai a editorial A buen paso: El deshielo de Riki Blanco fala, ante todo, de Paz, o que o converte nun libro moi axeitado para traballar nas aula o próximo 30 de xaneiro, Día da Paz. Este álbum sobre o sensentido da guerra e a solución pacífica dos conflitos pode dar moito xogo, xa que fala, ante todo, de sentido común. E este leva aos habitantes das dúas vilas enfrontadas no libro a rematar cunha inimizade que nin sequera se sabía de onde viña. E é que ao final, todos e todas somos ben parecidos... Outra cousa serán os reis, que andan "á súa bola" diario.
As ilustracións, do mesmo autor,  son detallistas, evocadoras, humorísticas, delicadas: constrúen escenas cinematográficas en cada páxina que foxen da crueldade da violencia para evocala; moi acaídas para este álbum que nos dará, seguro, moito xogo.

30/01/15

Paz en la Tierra / Peace on Earth / Paz na Terra

Paz ilustrada

Abrir este blogue e saber que xa teño novo post para o Día da Paz é todo un. Irresistible! Aquí tedes, pombas da paz.


Ilustración de Arkady Zaifman
Ilustración de Clément Lefèvre

Ilustración de Jay Montgomery

Ilustración de Martin La Spina

Ilustración de Rafael Lopez

Ilustración de Sarah Wyman

Ilustración de Ale Balanzario

Ilustración de Ercan Baysal

Ilustración de Gurbuz Dogan Eksioglu

Ilustración de Kinuko Y. Craft

  Ilustración de Kazu Nitta


Ilustración de Juan Osborne
Ilustración de Maria Corte Maidagan
Ilustración de Marie Lafrance
Ilustración de Matilda Harrison
Ilustración de Beatriz Menendez Aldabe
Ilustración de Adam Niklewicz
Ilustración de Eszter Schall
Ilustración de Shiori Matsumoto
Ilustración de Yuko Hosaka
Ilustración de Iker Ayestaran
Ilustración de Alexander Yanin
Ilustración de David Popiashvili
Ilustración de 'Ercan Baysal
Ilustración de Etienne Delessert
Ilustración de Esao Andrews
Ilustración de Hatem Aly
Ilustración de Jim Tsinganos
Ilustración de Mihai Criste

31/08/14

Sadako & las Mil Grullas de Papel

Falando cuns amigos que acaban de ir a Xapón, lembrei o libro e a curta,  colgada no blogue hai séculos:

01/05/14

La zapatilla roja

Recoñézoo: vino nun escaparate e merqueino. Nunca entrara nesa libraría pero chamoume tanto a atención esa portada... Ademais, vén asegurado polo selo editorial: Lóguez.
La zapatilla roja é de Karin Grub e Tobias Krejtschi. E, teño que dicilo, quedo coas ilustracións. O texto gustoume menos do que agardaba: a verdade é que ao ler a contraportada maxinara outra cousa. Non está mal, pero non me acaba de convencer. Esta mesma historia contada doutro xeito... non sei, creo que rechía un pouco. Non me gusta o final, con esta contraposición sabida co primeiro mundo. Pola contra, coido que lle tira pouco partido ao conflito armado e ás súas consecuencias.
Aínda así, o álbum serve por suposto para falar das inxustizas e de quen son os máis prexudicados nas guerras. Un libro que non volve á realidade, esa que moitas veces queremos obviar. Asemade, o libro emociona e cuestiona, que é algo que debemos ter moi en conta. Destacan as ilustracións en gris con ese toque de cor vermella das zapatillas e o cambio que se produciría de cumprirse o desexo de felicidade e xustiza do protagonista-espectador: os conflitos non se solucionan con boas intencións, tal como aclaran as guardas do libro.



09/04/14

Every Little Penny Counts

Triste realidade:


Vía

13/03/14

A fuxida


Un álbum sobre a guerra e o exilio. Isto é o que nos ofrece a prolífica autora Berta Dávila en A fuxida, libro publicao por Biblos que conta coas ilustracións de Inma Doval. Unha historia atemporal de calquera espazo e de calquera momento, porque puido suceder, sucede ou sucederá. Porque desgrazadamente hai moitos países actualmente que viven en guerra obrigando a civís a fuxir e buscar refuxio noutros lugares ou noutros países máis ou menos afastados. Un dos dramas da nosa civilización. Non temos máis que botar os nosos ollos cara a Siria para sentir a forza deste álbum, aínda que este é máis suave e a familia protagonista ten a opción de coller un avión para buscar un novo fogar, algo que é máis difícil que ocorra. A misera é unha constante e as circunstancias obrigan a opcións antes inimaxinables e reinciden na capacidade do ser humano para saír e seguir adiante.
E como son unha pelma, aí vai o que é para min un defecto de edición: hai páxinas nas que non se ve ben o texto, ou ben porque non destacan sobre as ilustracións ou ben pola cor elixida para a tipografía. Non sei cal é a razón, As ilustracións son moi chamativas aínda que non me acaban de convencer. E isto xa é opinión moi persoal.












Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.