Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Comanegra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comanegra. Amosar todas as publicacións

18/07/18

Libro

Precioso este Libro sobre a historia do libro de John Agard que publica Comanegra: "Me llamo Libro y te voy a contar mi historia". Unha autobiografía diferente e atraente. Fala do alfabeto, de como foi evoluíndo e mesmo de como convive co libro electrónico, en clave de humor.
A historia comeza lembrando a importancia da transmisión oral: "Antes que el libro, existió la voz". Logo, inicíanos na historia da escritura, os símbolos, as técnicas que se utilizaban antigamente -dende a arxila ata o pergameo-, a chegada da imprenta... Non esquece nada, contado en primeira persoa, porque é o Libro quen fala. Con humor, con intelixencia e de xeito ameno, é todo un descubrimento que penso utilizar en Literatura Universal. Asemade, conta coas ilustracións de Neil Packer e citas intercaladas.


18/11/16

El niño tras la ventana

Teño que recoñecer que a maioría das veces eu achégome a un álbum ilustrado tan só polas ilustración e por quen as fai, sen mirar o tema nin a autoría do mesmo. Así ocorreu desta volta con El niño tras la ventana, de Anne-Gaëlle Féjoz, ilustrado por Dani Torrent e publicado por Comanegra. Un libro que fala de autismo, de illamento, de medo, de escuridade, de terror a todo canto ao noso arredor. Pero que non o conta como algo alleo, como algo que se debe tratar, senón que con cada páxina viviremos intensamente a súa propia experiencia, esa que nos fala de que el está enfronte dun mundo que non comprende e do que nada quere saber, porque é un mundo capaz de tirarlle do seu carón todo aquilo que el precisa. Un libro sensible e necesario que me acaba de namorar.



12/06/15

Un mundo de familias


Na editorial Comanegra podemos topar Un mundo de familias de Marta Gómez e Carla Nazareth. Un libro curioso con toda clase de familias, con descricións poéticas e ensoñadoras. Un mundo de imaxinacións e simpatía na que se mestura realidade e ficción, posto que a estrutura familiar é real. Hai familias que cambian de casa, hai outras que len... ilustracións e textos xogan en benficio dunha suxestión constante que establece redes con Un mundo de mamás, Un mundo de abuelos e Un mundo de mamás fantásticas.


03/06/15

Los vecinos de la c/Quiénsabe


Simpático e orixinal texto este que nos presenta Cristina Zafra na editorial Comanegra: Los vecinos de la c/Quiénsabe é unha historia de solidariedade entre seres estrambóticos que, non podía ser doutro xeito, viven nunha casa máxica que aparece e desaparece e que, quizais, só poden ver algúns ollos escollidos, como o da nena que protagoniza o álbum, unha nena que aprednerá o valor e o espírito da colaboración entre os seres, sexan como sexan estes. Porque axudar a quen necesite axuda debe ser sempre prioritario.

19/05/15

Y despiertas mientras hilan las mariposas


O primeiro que chama a atención ao coller este libro nas mans son as ilustracións nunha coidada edición que nos trae Comanegra: Y despiertas mientras hilan las mariposas conta con texto de Nina da Lua e ilustracións de Joana Santamans. Un relato onírico e delicado de iniciación, onde a maxia dos contos tradicionais está presente nas paraxes descoñecidas e nos animais fantásticos. Unha peculiar viaxe a que percorreremos coa nosa protagonista nese universo fantástico onde deberesmos atopar un enigma que agocha un segredo sobre a propia existencia. Un historia, por tanto, que está cosida con fíos de seda sobre os que penduran oito craves que debemos descifrar, e non é outra cousa que aprender. Aprender para espertar. Para seguir. Para mirar. Porque a vida é aprendizaxe, loita, e nesa loita a natureza debe estar connosco para axudarnos a sermos máis libres.
O libro péchase coa persuasión de converterse en antídoto contra a desesperanza. Ou conta a apatía que tantas veces nos domina.
Ademais, que queredes vos diga, eu adoro as bolboretas!!!

“Y juntos, sintiéndose eternos, volaron a la luz de la luna. Su libertad se confundía con la pureza de la naturaleza y todos sus encantos…”

16618885019_ca4e9fbac7

despiertas1




04/04/15

Familiario

Un xogo familiar é este Familiario de Mar Cerdá que publica Comanegra. Un xogo educativo, ademais, porque todo tipo de familias caben neste libro, un xeito de educar na diversidade e a normalización xa que o xogo nos permite ampliar o número familiar ata termos 80.000 familias diferentes utilizando as 15 páxinas cortadas en catro partes, todas elas ben divertidas porque poden ter ata animais.
Si, cada familia é única. E especial, por suposto. E como mostra, este libro. Tan especial como o seu fromado en apaisado e encadernado en espiral.


07/05/14

Cosas que nadie sabe



Publica a editorial Comanegra este álbum de Víctor Osorio con ilustracións de Laia Amàrita: Cosas que nadie sabe. Un libro que descobre eses segredos agochados durante séculos e que agora poderemos coñecer grazas a este orixinal álbum cheo de maxia e humor. Pequenos detalles de historias profusamente ilustrados en páxinas grosas -chaman a atención- e en formato apaisado. Son fermosas definicións e explicacións dunha parte do mundo que habitamos, que nos rodea, e que ás veces nin observamos.

Libros
Los libros son los objetos más peligrosos que existen. A veces, si andas despreocupado por una biblioteca, algún libro atrevido y aventurero saltará de su estante y te atrapará por unha pierna o un brazo. Los libros especialmente testarudos pueden tardar semanas en soltarse y volver orgullosos a su lugar.


15/07/11

Un mundo de mamás


Marta Gómez Mato e Carla Nazareth son as artífices deste marabilloso álbum ilustrado publicado por Comanegra: Un mundo de mamás. É precioooooooooooso!!! Todos papeis que as maamás deben -debemos- representar: ser poderosas, ser golosas, ser cálidas, ser toliñas, ser reconfortantes, ser lectoras, ser doces... Aínda que no libro cada unha será dun xeito diferente, o álbum indica claramente que a nosa mamá, a de cada un, é todas e cada unha delas. Todo un catálogo de 25 tipos de mamás que ademais contén un mapamundo -moi interesante- do bolso de mamá (que eu nunca cumprín!!!). As ilustracións son unha auténtica fermosura imaxinativa.
Se mo permitides, voume quedar coa "Mamá chocolate" por aquilo de que é un "medicamento indispensable" e coa "Mamá Caperucita" que vai "visitar bibliotecas y librerías y las recorre como si fuesen un bosque familiar. No teme al lobo, sino a la falta de tiempo libre y a no tener la oportunidad de leer un rato, un ratito, cada día!. A que é unha preciosidade???


28/04/11

El bombero de Lilliputia


Estreo hoxe un post da editorial Comanegra con este fermosísimo agasallo sorpresa que me adozou a semana: El bombero de Lilliputia de Fred Bernard e François Roca. É realmente un álbum espectacular, polo seu tamaño (está claro que esta é a tendencia: cada vez son máis grandes: haberá un acordo tácito entre editores e carpinteiros???). Un libro que trata sobre diferenzas, pero tamén de amor e de tenacidade. Un libro que aborda como é a sociedade a que impón con todos os seus erros unha idea de estética unánime e acomplexada que leva á soidade e ao abandono. Pero o libro deixa paso á esperanza para reafirmarnos que o importante é aquilo que levamos dentro e que mentres loitemos por que estes valores sexan os esenciais, ao final acabaremos gañando.
E que dicir das ilustracións? Cada páxina é un cadro neorrealista que merece unha especial atención, transmitindo unha serenidade atípica. Incribles.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.