Texto que recibiu o sengundo premio no Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado pola alumna Mariña Castro Fontao de 2º de ESO - B:
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
01/06/13
Presumindo de alumnado
Texto que recibiu o sengundo premio no Concurso Coca Cola Novos Talentos de Relato Curto. Realizado pola alumna Mariña Castro Fontao de 2º de ESO - B:
03/06/11
Presumindo de sobriña
Tiña que elaborar un texto a partir dunha foto que alí lle proporcionaron onde se vía un home mirándose nun espello, pero este non reflectía a súa imaxe de fronte senón o lombo:
-Y este ha sido el número final.
Fervorosos aplausos inundaron la sala. Al hombre del escenario no le impresionaron. Sabía que a aquella gente le apasionaba su trabajo. Y además, el truco del espejo era muy bueno. Muchos otros ilusionistas habían intentado hacerlo, pero sólo a él le salía realmente bien. Quizás saber esto último había hecho de Dimo un hombre poco agradecido con su público. Pensaba que las giras y las compañías ambulantes siempre estarían ahí. Y ellas estaban. El que no siempre estaría era él. Con este último pensamiento, el aterciopelado telón cayó ante sus ojos, como poniéndole un punto final.
El punto final que Dimo creyó que el telón había puesto, se había convertido en un signo de repetición, en una expresión de necesidad. Él debía continuar, como su espectáculo, debía impedir que el telón de aquella actuación que era su vida cayese, pues sabía que no habría aplausos, ni una muestra de tristeza. Estos pensamientos eran sus acompañantes de paseo, sus compañeros de fatigas, los que nunca había tenido en forma humana.Un día, volviendo a casa, se encontró con un niño. Llamarlo niño era toda una muestra de cariño. El pobre estaba hecho un saco de huesos y en sus ojos se reflejaba la dureza de una vida que muy pocos adultos conocen. Normalmente, Dimo no se habría fijado en él. Pero aquella vez era especial. Aquella insistencia de su conciencia se había transformado en una idea. Él no moriría si alguien lo mantuviera vivo en su memoria. Por eso, ese niño hasta el momento totalmente anónimo en su vida, pasó a ser el engranaje esencial de su camino hacia un extraño tipo de inmortalidad.
Los días siguientes fueron el inicio del cariño que ambos experimentaron por primera vez. Dimo y su pupilo, Félix, eran inseparables, el reflejo del otro. Un reflejo sin rostro pues Félix no podía ver. A pesar de ello, conocía a su amigo como ninguna otra de las personas que los rodeaban. Se fijaba en sus coletillas, en los tonos de voz, en el significado de cada palabra que salía por la boca de su compañero. Y de esta forma, sentía una gran admiración por él, una admiración que sin él saberlo, era correspondida. Dimo adoraba a ese niño, adoraba la fuerza interior que poseía, y por ello, quiso revelarle todos sus trucos. Quería dejarle algo más que su recuerdo, quería dejarle su don. Aunque un mago nunca revela sus trucos.
Así, comenzaron a ensayar. Félix era un alumno excelente, y a pesar de sus impedimentos, aprendía muy rápido. De esta forma, Dimo decidió enseñarle el truco que tanto trabajo le costó idear, el truco que lo había llevado a lo más alto: el truco del espejo. Explicó a Félix que consistía en un espejo rodeado por un marco dorado, que devolvía un reflejo que daba la espalda a quien se ponía delante.
Lo ensayaron muchas veces. Félix lo hacía muy bien. Dimo consideró que era hora de dejar que Félix encontrara su público.Y así, dando ya todo por acabado, Dimo dio por finalizado su número final.
16/04/11
Alfabetos
The Alphabet from n9ve on Vimeo.
Todos eles en Librosfera, onde poderás ver tamén estes, estes, e este.
Atoparalo en Arte, Escritura, Tecnoloxía
11/04/09
O soño de Chuang Tzu
Chuang Tzu soñou que era unha bolboreta e logo non sabía se era un home que soñara que era unha bolboreta ou unha bolboreta que soñaba ser home...
Para Bolbor, non podía ser doutro xeito.
Vía Contomundi
Atoparalo en Animación, Escritura, Fotografía
27/03/09
Vídeo con tipografía
18/03/09
O discurso de Anxos
Ao pouco de nacer os meus pés porfiaban en camiñar polo aire, e a boca xa trazaba coa lingua o debuxo das palabras na gorxa, nos beizos e no padal. Con cada chopo de leite que mamei, con cada voz que me falou enviaba un anaco do meu idioma que se me convertía en carne, en óso e víscera. Co tempo, os pés desprazáronse polo chan, correron, subiron a un avión, e as palabras camiñaron polo sangue, polo aire e sobre a auga e seguiron alimentándose de lombrigas, de peixe, de cravos e parafusos, de poemas e de militancias. E de afectos.
Penso ás veces en como a miña lingua me foi achandando o terreo para pousar nel, xa segura, os pés. As palabras fóronme soldados, loitadoras no meu nome contra quen as consideraba vencidas e peores —máis humildes, menos cultas, menos importantes— cás doutras linguas. Que dereito ten unha lingua a terse en máis ca outra? Quen lles atribúe aos teus pés —ou a túa forma de pensar, ou a túa forma de amar— o dereito a seren máis importantes cós meus? Neste idioma, que nin sequera tiven que elixir porque naceu comigo coma a cor dos ollos, contense o silencio e o berro, os xemidos do sexo satisfeito, o gozo e a dor. As miñas palabras non nacen só de min: véñenme de moi lonxe, encadeadas unhas ás outras. Fóronme entregadas, coma o corpo, nunha cerimonia privilexiada. Son guerreiras cando lles toca, e son pacíficas no tempo do acougo. Saben abrirme os ollos lambéndome as pálpebras. Podo degolar con elas un inimigo e podo seducir un amante. Amo a miña lingua, precisa cando me cómpre, rebuldeira cando me emborracho, obscena cando me peta e non quero vela en perigo de extinción. Non quero ver a noticia na prensa, nos informes culturais, nas reivindicacións populares. Non quero ver guaraní, galego. Ogoni, galego. Cheroqui, galego. Non quero que se agoche nun espazo secreto e inaccesible. Nushu, galego. Non quero vivir o despropósito da morte da voz.
Eu emprégoa porque a amo e porque se algo non teño eivado é a lingua.
E ti por que o fas?
Grazas, Anxos
Atoparalo en Actualidade, ENL, Escritores, Escritura, Galicia, Lectura, Libros, Muller, Personaxes
O discurso de María
Din que o bater
das ás dunha bolboreta pode afectar o clima. Hai movementos máis imperceptibles aínda que poden afectar un mundo enteiro. Eu vou falar de dous. O primeiro é un movemento moi pequeno que acontece tamén no ceo, no da boca. É un movemento que nos une, que nos fai persoas, que nos comunica e nos comparte, que lle dá sentido ao mundo e a quen somos, que nos dá raíces e ponlas coas que entrar no futuro. É un pequeno movemento que pode provocar treboadas marabillosas. Ese pequeno movemento é a lingua. A nosa. Sen ese pequeno movemento, sen esa pronuncia de os abertos e pechados, de xis, de tona, de gargallada, non habería catedral de Santiago, nin Obradoiro, nin Instituto Rosalía de Castro, nin Club da Calceta.
Semella unha obviedade, mais hai que recordala: sen lingua non hai literatura, nin ciencia, nin economía. E sen literatura non hai pensamento, nin mundos novos, nin liberdade nin rebeldía, nin posibilidades de resistencia. Unha literatura escríbese porque hai un pobo que a le, que a vive, que a reescribe. Vós sodes ese pobo lector, o sentido das nosas palabras. O feito de que sexa xente da vosa idade a que premia unha obra en galego cada ano é un motivo de esperanza.
E ese esperanza non fala só dun feixe de palabras, fala dunha maneira de entendernos como un pobo que resiste ao poder e á opresión. A nosa lingua non opreme, tanto ten as falacias que inventen e que retransmita a prensa imperialista, a nosa lingua sabe estar no mundo, ser en harmonía coa outra, en conexión con millóns de falantes de portugués, resistindo tamén a unha maneira de entender o mundo que pasa por enriba das cousas como unha apisoadora. Fronte a esa cultura imperialista, de erradicación do diferente, sexa por lingua, cor, orientación sexual, relixión, nós temos outras palabras que falan de acollida, de diversidade, de querer estar no mundo dándonos a man. Se hai algo no que crea firmemente na vida é que a relación con outras culturas, con outros pobos a través da cooperación e non da explotación pasa pola nosa lingua e pola nosa cultura propia. Só deste xeito pode unha comprender os problemas de opresión das demais, empatizar e establecer loitas conxuntas. Porque as ameazas son moitas, e precisamente nós témolas agora moi preto novamente. Agora que se achegan tempos moi escuros para Galicia, cómpre non esquecer ese pequeno movemento dentro das nosas bocas. Pensar a que sociedade queremos contribuír, se queremos derrubar, se queredes derrubar o edicifio, como dicía Castelao, máis importante do noso pobo ou, contra vento e marea, mantelo vivo, con agradecemento a quen falou antes de nós, co orgullo de termos unha identidade aberta, plural pero propia. Ese pequeno aletear da lingua na nosa boca é un exercicio de resistencia ao poder, á opresión, á mentira e á explotación que nos agarda.
E logo está ese outro movemento imperceptible, o do tocar dunha agulla con outra. O da calceta. O da sororidade das mulleres que nos imos enganchando como puntos dun xersei as unhas ás outras, invisibles tamén ao poder, construíndo vidas diferentes e cambiando con eses pequenos xestos a sociedade. Estes puntos vanse tecendo tamén no literario, abrindo portas a novas e non tan novas mozas que poidan ter a palabra que aínda nos custa tanto manter. Eses puntos levan aí toda a vida, agochados, como a calceta, no espazo do fogar, no espazo do privado, ese que parece non interesarlle a ninguén excepto ás mulleres. As mulleres que, para dicir agora outra obviedade, somos a metade da humanidade. Adoita parecer outra cousa, realmente, os nosos problemas, as nosas visións, a nosa palabra, fica sempre secundaria e menos importante. Por iso teño que agradecervos que unísedes a miña calceta á vosa con este premio, que non observásedes esta historia de seis, sete realmente, mulleres como unha historia marxinal senón, como acontece co que escriben os homes, unha historia sobre a vida, sobre o mundo, sen necesidade de máis apelativos. Ou se cadra só un, feminista. Porque o feminismo é o que me axuda a tecer, a entender, a buscar solucións con outras mulleres e algún home ao feito de que a metade da humanidade siga vivindo en condicións deplorables, ás veces cunha discriminación visible e outras con outra totalmente invisible. Desa, precisamente, quería falar o Club da Calceta, desa violencia que está
na base das outras violencias, desas cousas pequenas. E tamén da forza que temos as persoas cando nos unimos. O feminismo é precisamente o mellor exemplo diso, porque se non fose por el, por ese movemento de cambio social sen parangón na historia da humanidade, que trascende razas, nacionalidades, idiomas, continentes, cores e clases sociais, hoxe vosoutras, mozas, non estariades no instituto. E eu tampouco podería falar dende este estrado sen perigo para a miña vida. Mais estes avances conseguidos a conta de moito esforzo non nos poden facer negar o evidente, que a igualdade entre homes e mulleres está moi lonxe de conseguirse. Abonda con ver como se reciben os nosos textos, como nos trata o sistema literario e como seguimos agardando comportamentos establecidos, sobre todo nas relacións persoais, por parte dos homes ou das mulleres. Das mulleres agárdase aínda a submisión, na palabra e no resto. Aprendemos a asumir todas estas cousas, o feminismo ensínanos a pensar, a desaprender. Porque o feminismo é non asumir a explotación, ningunha, como forma de relación humana, e utilizar a intelixencia, a análise e a acción para transformala. A literatura é unha desas accións, constrúe sociedade e polo tanto ten tamén esa responsabilidade, a de manter o mundo existente ou a de crear un mundo novo cunha ollada crítica, desentrañando os mecanismos que nos amordazan e pretenden limitarnos. Necesitamos unhas agullas, unhas chocando con outras, para facer un festivo tintinar que nos axude a calcetar outro mundo mellor do que temos, un mundo que nos ensine a ver a nosa responsabilidade nas cousas e a posibilidade que temos de cambiar cada día.
O mundo cámbiase precisamente nas cousas pequenas, en como nos tratamos, en que consumimos, en que idioma falamos, pero tamén nas cousas grandes, como estar hoxe aquí con todas e todos vós, agradecéndovos a vosa xenerosidade. Grazas e gardade ben quente a rebeldía das nosas palabras e das nosas romas agullas no ceo da boca e entre os dedos das mans.
Moitas grazas, María.
Atoparalo en Actualidade, ENL, Escritura, Galicia, Lectura, Libros, Muller, Personaxes
08/03/09
Pola Igualdade da Muller, un ano máis (X)
Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos, imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar á súa feminidade e á súa sexualidade.
Atoparalo en Escritores, Escritura, Igualdade, Muller, Personaxes
09/02/09
Non á violencia contra as mulleres (LXXVI)
Chegoume por correo eléctronico:
Instituto Bioclimático de Badajoz.
Para ti, cabrón:
Porque lo eres, porque la has humillado, porque la has menospreciado, porque la has golpeado, abofeteado, escupido, insultado... porque la has maltratado.
¿Por qué la maltratas? Dices que es su culpa, ¿verdad? Que es ella la que te saca de tus casillas, siempre contradiciendo y exigiendo dinero para cosas innecesarias o que detestas: detergente, bayetas, verduras... Es entonces, en medio de una discusión cuando tú, con tu 'método de disciplina' intentas educarla, para que aprenda. Encima lloriquea, si además vive de tu sueldo y tiene tanta suerte contigo, un hombre de ideas claras, respetable. ¿De qué se queja?
Te lo diré:
Se queja porque no vive, porque vive, pero muerta. Haces que se sienta fea, bruta, inferior, torpe... La acobardas, la empujas, le das patadas…, patadas que yo también sufría.
Hasta aquel último día.
Eran las once de la mañana y mamá estaba sentada en el sofá, la mirada dispersa, la cara pálida, con ojeras. No había dormido en toda la noche, como otras muchas, por miedo a que llegaras, por pánico a que aparecieses y te apeteciera follarla (hacer el amor dirías) o darle una paliza con la que solías esconder la impotencia de tu borrachera. Ella seguía guapa a pesar de todo y yo me había quedado tranquilo y confortable con mis piernecitas dobladas. Ya había hecho la casa, fregado el suelo y planchado tu ropa. De repente, suena la cerradura, su mirada se dirige hacia la puerta y apareces tú: la camisa por fuera, sin corbata y ebrio. Como tantas veces. Mamá temblaba. Yo también. Ocurría casi cada día, pero no nos acostumbrábamos. En ocasiones ella se había preguntado: ¿y si hoy se le va la mano y me mata? La pobre creía que tenía que aguantar, en el fondo pensaba en parte era culpa suya, que tú eras bueno, le dabas un hogar y una vida y en cambio ella no conseguía hacer siempre bien lo que tú querías. Yo intentaba que ella viera como eres en realidad. Se lo explicaba porque quería huir de allí, irnos los dos…Mas, desafortunadamente, no conseguí hacerme entender.
Te acercaste y sudabas, todavía tenías ganas de fiesta. Mamá dijo que no era el momento ni la situación, suplicó que te acostases, estarías cansado. Pero tu realidad era otra. Crees que siempre puedes hacer lo que quieres. La forzaste, le agarraste las muñecas, la empujaste y la empotraste contra la pared.
Como siempre, al final ella terminaba cediendo. Yo, a mi manera gritaba, decía: mamá no, no lo permitas. De repente me oyó. ¡Esta vez sí que no! dijo para adentro-, sujetó tus manos, te propinó un buen codazo y logró escapar. Recuerdo cómo cambió tu cara en ese momento. Sorprendido, confuso, claro, porque ella jamás se había negado a nada. Me puse contento antes de tiempo.
Porque tú no lo ibas a consentir. Era necesario el castigo para educarla. Cuando una mujer hace algo mal hay que enseñarla. Y lo que funciona mejor es la fuerza: puñetazo por la boca y patada por la barriga una y otra vez…
Y sucedió.
Mamá empezó a sangrar. Con cada golpe, yo tropezaba contra sus paredes. Agarraba su útero con mis manitas tan pequeñas todavía porque quería vivir. Salía la sangre y yo me debilitaba. Me dolía todo y me dolía también el cuerpo de mamá. Creo que sufrí alguna rotura mientras ella caía desmayada en un charco de sangre.
Por ti nunca llegué a nacer. Nunca pude pronunciar la palabra mamá. Maltrataste a mi madre y me asesinaste a mí.
Y ahora me dirijo a ti. Esta carta es para ti, cabrón: por ella, por la que debió ser mi madre y nunca tuvo un hijo. También por mí que solo fui un feto a quien negaste el derecho a la vida.
Pero en el fondo, ¿sabes?, algo me alegra. Mamá se fue. Muy triste, pero serenamente, sin violencia, te denunció y dejó que la justicia decidiera tu destino. Y otra cosa: nunca tuve que llevar tu nombre ni llamarte papá. Ni saber que otros hijos felices de padres humanos señalaban al mío porque en el barrio todos sabían que tú eres un maltratador. Y como todos ellos, un hombre débil. Una alimaña. Un cabrón.
Fernando Orden Rueda
Atoparalo en Aulas, Escritura, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
01/02/09
Contos

O escritor Alberto Manguel escribe sobre o relato curto para eloxialo:
Vías
Atoparalo en Escritura, Humor, Lectura, Reflexións
03/12/08
Sempre hai un lugar para a poesía (LI)
Dous poemas.
. O primeiro, POEMA DE MUERTE, forma parte dunha carta que Jumah al-Dossari escribiu ao seu avogado antes de tentar suicidarse. Na actualidade está en Arabia Saudí, seguindo un programa de rehabilitación.
Tomad mi sangre.
Tomad mi sudario de muerte y
Lo que queda de mi cuerpo.
Tomad fotografías de mi cadáver en la tumba, solo.
Enviádselas al mundo,
A los jueces y
A la gente con conciencia,
Enviadlas a los hombres de principios y mente justa.
Y dejad que carguen con su culpa, ante el mundo,
Por este alma inocente.
Dejad que pese sobre ellos, ante sus hijos y ante la historia,
Esta alma inocente destruida,
Esta alma que ha sufrido a manos de los “protectores de la paz”. Enviadlas a los hombres de principios y mente justa.
Y dejad que carguen con su culpa, ante el mundo,
Por este alma inocente.
Dejad que pese sobre ellos, ante sus hijos y ante la historia,
Esta alma inocente destruida,
Esta alma que ha sufrido a manos de los “protectores de la paz”.
. O segundo foi escrito por Sami Al Haj para o seu fillo:
Al oír las palomas arrullando en los árboles,
unas lágrimas cálidas surcaron mi rostro.
Cuando cantó la alondra, mi mente compuso
un mensaje para mi querido hijo.
Mohammad, ¡qué afligido me siento!
En mi pesar sólo Alá puede darme consuelo.
Los opresores juegan conmigo,
mientras se mueven libres por el mundo.
Me piden que espíe a mis compatriotas,
y alegan que sería una buena obra.
Me ofrecen dinero y tierras,
y libertad para ir adonde quiera.
Sus tentaciones captan mi atención
como un relámpago en el cielo.
Mas su regalo es una pérfida serpiente
cuyo veneno es la hipocresía.
Levantan monumentos a la libertad
de obra y opinión, que es algo loable.
Pero les digo que arquitectura
no es sinónimo de justicia.
América, cabalgas a lomos de huérfanos,
y los atemorizas a diario.
Bush, ten cuidado.
El mundo sabe ver a un mentiroso arrogante.
A Alá dirijo mi súplica y mis lágrimas.
Anhelo mi hogar y estoy oprimido.
Mohammad, no me olvides nunca.
Defiende la causa de tu padre, un hombre temeroso de Dios.
He sentido la humillación de los grilletes.
¿Cómo puedo crear versos? ¿Cómo puedo escribir?
Después de los grilletes y las noches y el dolor y las lágrimas,
¿cómo puedo escribir poesía?
Mi corazón es como un mar bravo, agitado por la angustia,
frenético por la pasión.
Estoy cautivo, pero mis captores son los criminales.
Me sobrecoge la aprensión.
Señor, llévame con mi hijo Mohammad.
Señor, permite el triunfo de los justos.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Escritura, Poesía, Reflexións
28/11/08
Non deixemos que morra
Coma sempre, No sólo libros, achéganos un tema único: a morte da Literatura.
Atoparalo en Escritura, Fomento da lectura, Humor, Ilustración, Lectura
18/10/08
Alfabeto corporativo

Vía Microsiervos
17/10/08
Los primeros americanos
Vía
Atoparalo en Dereitos Humanos, Escritores, Escritura, Fragmentos, Lectura, Libros
16/10/08
15/10/08
El aplastamiento de las gotas
Pero las hay que se suicidan y se entregan enseguida, brotan en el marco y ahí mismo se tiran; me parece ver la vibración del salto, sus piernitas desprendiéndose y el grito que las emborracha en esa nada del caer y aniquilarse. Tristes gotas, redondas inocentes gotas. Adiós gotas. Adiós.
Atoparalo en Escritores, Escritura, Lectura, Recomendamos
22/07/08
Nove
Tal como indica a propia autora, o poemario nace dende o Prestige, e medra co exilio interior e a dor. Unha dor enmarcada nun mar inmisericorde, violento e vingativo.
aquí o lugar morre en escuma.
así é como se ocultan os barcos fracasados
e os bicos que morden polas costas,
que se cravan profundos coma coitelos.
por iso,
os poucos días que prenden
entran por este cabo e entón
a marea vólvese un instante lixeira
e os dedos do sol detéñense sobre a area
coma eu no teu ventre extenso.
e isto ocorre sempre
despois das grandes mareas,
deste xeito o lugar disponse para as crebas.
-cando o mar recompensa aos afundidos
entregando a memoria das súas equipaxes en terra-.
para maior ausencia,
os homes máis miserables da illa
chegan arrastrando os seus fatigosos carriños
e van máis alá dos areais.
recollen os pedazos do noso amor máis prezado
partido entre as covas, batido contra as pedras.
fan desaparecer estes restos
coa esperanza de que fuxamos,
coa marea baixa
-aínda que é certo que tamén así calman a súa dor,
como en heroin, lu-
coa esperanza de que fuxamos
e de enriquecerse.
Atoparalo en Actualidade, ENL, Escritores, Escritura, Fragmentos, Galicia, Letras Galegas, Libros, Muller, Personaxes, Poesía, Premios
08/07/08
Nada grave
Leo poemas al azar,
leo casi sin pensar en lo que leo.
Cuando me encuentro un verso triste,
siento en el alma como una caricia.
No es que me alivie la tristeza ajena;
es que me siento menos solo.
Sin ti la poesía
ya no me dice nada,
y nada tengo que decirle a ella.
La única palabra
que entiendo y que pronuncio
es ésta
que con todo mi amor hoy te dedico:
nada.
Esperar la desdicha,
¿es una forma de esperanza?
La menos peligrosa, en cualquier caso.
La que no puede defraudarnos nunca.
La madre que me parió,
en el momento de alumbrarme,
no sabía que daba a luz un pedazo de sombra (...)
Al lector se le llenaron de pronto los ojos de lágrimas,
y una voz cariñosa le susurró al oído:
-¿Por qué lloras, si todo
en ese libro es de mentira?
Y él respondió:
-Lo sé;
pero lo que yo siento es de verdad.
Seguiría escribindo versos, mentres os leo unha vez máis (os subliñados son meus). Así é Ángel González: sempre estará aquí porque sempre teremos os seus versos. A verdadeira maxia da poesía.
Atoparalo en Escritores, Escritura, Fragmentos, Lectura, Libros, Poesía, Recomendamos, Reflexións, Visor
30/06/08
En coiros
21/06/08
No camiño
Vía Papel en blanco
Atoparalo en Actualidade, Escritores, Escritura, Publicidade
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





