Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Funambulista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Funambulista. Amosar todas as publicacións

28/05/12

La niña que iba en hipopótamo a la escuela

Outro fermoso e delicado libro de Yoko Ogawa é este La niña que iba en hipopótamo a la escuela publicado por Funambulista. Unha novela un tanto afastada do estilo de contar tradicional nipón que nos sorprende agradablemente en cada páxina: o argumento susténtase nunha serie de anécdotas que a protagonista lembra dun ano da súa vida convivindo coa peculiar familia da súa nai, familia que inclúe un pequeno hipopótamo. A lectura irá desgranando os pequenos detalles, os sentimentos e emocións, así como a vida cotiá que a protagonista compartiu nese ano, salferida con acontecementos reais e importante do Japón dos anos 70. E entre todas as liñas, destacan aquelas dedicadas á importancia dos libros, da lectura, da escritura, dos relatos... porque a sensibilidade que desprende o libro vese adornado con esta reflexión que tanto nos gusta. A amizade entre dúas nenas, eixo do fío narrativo, debúxase suavemente con cores suaves que van precisando a súa importancia na vida, porque o protagonista real do libro é o cariño e o respeto que se vive nunha casa habitada por persoas que resultan fascinantes. Poesía, optimismo, amizade... de todo un pouco hai nesta novela que vos recomendo.
Unha lectura emotiva e doce que me lembra o moito que me gustara o outro libro que lin desta autora: unha autora que ben paga a pena que coñezades.

09/03/12

Veinticuatro horas en la vida de una mujer sensible

Constance de Salm é a autora de Veinticuatro horas en la vida de una mujer sensible publicado por Funambulista. Novela curta publicada en 1824 por primeira vez e reeditada agora con gran éxito. É unha novela epistolar, xénero que tanto gusta aos franceses, onde contemplamos a través de 46 cartas ante a desesperación, os ciumes, a desolación, a humillación... todo canto sentimento provoca o amor ou o desamor dun home nunha muller. Son, por tanto, 24 horas de desesperación e desenfreo que están en plena actualidade.
Tamén temos ao final información de Laura Freixas para situar a autora na súa época.

¡El amor…! ¿Qué es el amor…? Un capricho, una fantasía, una sorpresa del corazón, tal vez de los sentidos; un encantamiento que se derrama sobre los ojos, fascinándolos, que se apega a los rasgos, a las formas, a la vestimenta incluso de un ser que sólo el azar nos lleva a encontrar. ¿Que no lo encontramos? Nada nos advierte de ello, nada nos turba…Seguimos viviendo, existiendo, buscando placeres, encontrándolos, proseguimos con nuestra carrera como si no nos faltara ¡nada…! El amor no es, pues, una condición inevitable de la vida, no es más que una circunstancia de ella, un desorden, una época…Pero, ¿qué estoy diciendo? ¡ Es una desgracia! Una crisis…una crisis terrible…que se pasa, y eso es todo.


09/07/10

La fórmula preferida del profesor


Apuntado teño o nome desta escritora dende hai tempo, pero aínda non conseguira ler nada dela até agora. Abofé que hai que tela en conta! Yoko Ogawa consegue con La fórmula preferida del profesor (editorial Funambulista) achegarnos ao mundo das matemáticas dun xeito diferente, mesturado iso co béisbol, case tan importante na novela como aquelas, fío condutor dun relato ben estruturado, ameno e interesante. Non importa que che gusten as matemáticas, ou si, o libro vaiche encantar de todas todas. Porque é doce, lene, optimista, agradable, sincero... musical. Porque as matemáticas convértense aquí na arma esencial do ser humano, da beleza, da sinceridade, do esencial nunha palabra.

Mira que maravillosa sucesión de números. La suma de los divisores del 220 es igual a 284. Y la de los divisores de 284, igual a 220. Son números amigos. Son una combinación muy infrecuente, sabes. Fermat o Descartes sólo lograron descubrir un par, cada uno de ellos, ¿no te parece hermoso? ¡que la fecha de tu cumpleaños y el número grabado en mi relojo de pulsera estén unidos por un lazo tan maravilloso…!

Anxo, vaiche encantar!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.