Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Niño editor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Niño editor. Amosar todas as publicacións

13/03/17

Bruno Munari

El ilusionista amarillo, Nunca contentos, Buenas noches a todos, son os tres títulos que a editorial Niño ofrece de Bruno Munari. Este é considerado como o precursos do libro-obxecto e do libro-xogo; para el, os libros infantís daquela eran aburridos, polo que decidiu crear libros artísticos para que os nenos e nenas puidesen xogar e experimentar; Munari está considerado un xenio do deseño, da escultura, da pedagoxía, dos libros infantís. Pertenceu ás vangardas, adscribiuse ao Futurimos e fascináballe a modernidade e a tecnoloxía. El experimenta coa tipografía, a fotografía, collage... o seu traballo está cheo de innovación, provocación e talento.
Quizais estes tres libros agora non nos parezan novidosos, pero estamos falando do ano1945.
 
O primeiro título ofrécenos un truco de maxia que iremos descubrindo en cada páxina coas solapas que teremos que abrir.
O segundo son os soños de diferentes animais que pensan que as habilidades dos demais son mellores...
O terceiro amósanos como dormen algúns animais.



04/01/17

Amor

Chamoume a atención este álbum troquelado chamado Amor, ilustrado e deseñado por Gian Berto Vanni, unha historia de Lowell A. Siff que publica Niño Editor, publicado en Francia hai máis de 50 anos. Estamos ante un libro fermoso, raro, triste, cheo de ocos e ventás que nos descobre novas pestanas polas que pasear. A maxia do libro, en parte, é esta, a edición, porque é un libro para tocar, para xogar, non só para ler, que tamén. E fala do amor, da necesidade de querer, da soidade, dos ocos da alma. Porque falamos dunha fermosa historia plena de melancolía e soidade.
Con este libro descubro unha editorial. E estou flipando. Xa sei que vou picar.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.