Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Beascoa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Beascoa. Amosar todas as publicacións

17/02/18

Beatrix Potter. Cuentos completos

A editorial Beascoa pon á nosa disposición este magnífico volume Beatrix Potter. Cuentos completos que reúne os vinte e tres contos e poesía da autora (e mesmo con narracións inéditas). Asemade, as ilustracións son as orixinais, tanto as de cor como as que son en branco e negro. O material está organizado de tal xeito que podemos observar como foron publicados por primeirva vez, porque ás veces os relatos interconéctanse e podemos gozar dos mesmos personaxes en contos diferentes.  A edición é tan completa que vén cunha nota introdutoria que nos sitúa no momento en que a autora escribiu o relato.
Como xa sabedes, a autora mestura a realidade coa fantasía, os costumes da súa época, a tradición rural... e os animais son os grandes protagonistas.

12/02/18

Celia se aburre

Celia e Gloria Rico escriben e ilustran este álbum publicado  por Beascoa baixo o título Celia se aburre, merecente do Premio Boolino Álbum Ilustrado 2017, un álbum en verso que vén a ser unha cura contra o aburrimento de calquera neno ou  nena e que asemade fala do amor pola natureza. Porque non son as persoas maiores as que deben entreter ás persoas miúdas, senón que son elas mesmas as que deben procurar unha cura alternativa cando xa nada as convence. E para iso, chega con observar canto hai en derredor, canto se pode gozar da natureza e cantas opcións esta nos agasalla. Só hai que darlles unha oportunidade.



20/01/11

La ovejita que vino a cenar

Flor mándanos este conto entrañable que non coñeciamos: La ovejita que vino a cenar é de Joelle Dreidemy, editado por Beascoa. Un conto que nos serve para ir falando da PAZ que celebraremos a semana que vén.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.