Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Sexto Piso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sexto Piso. Amosar todas as publicacións

01/09/21

Si la muerte te quita algo, devuélvelo


 C
onmove a lectura de Si la muerte te quita algo, devuélvelo de Naja Marie Aidt, publicado por Sexto Piso. Como non vai conmover a morte dun fillo? Aceptala e seguir vivindo é posible, pero como percorrer ese camiño tan absolutamente impensable? Porque perder un fillo é o peor que lle pode pasar a un ser humano. E o libro só fala disto, da ausencia, da morte, pero tamén do amor e da vida. A nai, a poeta, a escritora, fala desa dor extrema, unha dor que provoca ausencia de palabras pero que só a través destas poderá seguir adiante: “El sonido apenas puede salir de mí, apenas puedo respirar. Ahora soy otra….”

A carón das súas palabras, no libro intercálanse asemade fragmentos doutros autores e autoras que tamén falaron da morte dun ser querido. A carón destes fragmentos, outros: poemas, cartas, versos, reflexións...

A dor e a palabra.






25/07/20

Personajes desesperados

En Sexto Piso podemos ler Personajes desesperados de Paula Fox, unha lectura que chega a abafar. Todo xira a partir dunha mordedura dun gato da rúa á protagonista. A ferida que lle queda causa unha preocupación continua na súa contorna, pero tamén unha estraña reticencia por parte da vítima de ir ao médico. E chega a crise matrimonial e o conseguinte replantexamento da forma de vida que ambos levan. Unha forma de vida que nun principio parece acomododa, pero que segundo imos pasando as páxinas semella que pode desmoronarse pouco a pouco dun xeito bastante doado. O primeiro que chama a atención é a soidade e a desconexión coa veciñanza e os conxéneres. O libro pon en solfa toda a sociedade, esa máis pudente, que non deixa, ao seu pesar, de ser humana, con todo o que iso significa: caos e todo tipo de pulsións que son propias de noso. Nada é para sempre. Todo é cuestionable.



19/07/20

Casas vacías

Boísima este novela de Brenda Navarro publicada por Sexto Piso: Casas vacías é unha libro sobre a dor e a maternidade, ou sobre a maternidade da dor, ou sobre que non todas as mulleres teñen que ser "nais felices" ou como é a maternidade. Porque en realidade o libro fala de dor, de pánico intenso, de culpabilidade, de violencia de xénero. As maternidades conflitivas do libro veñen xeradas pola propia dificultade vital das súas protagonista, pola imposibilidade de empoderamento das mulleres.
Non procuredes complicidade. Non procuredes un atisbo de esperanza. A vida é moito máis dura dende a perspectiva feminina destas mulleres. Non hai espazo para a esperanza. Hai, iso si, unha proposta reflexiva sobre maternidade e coidados, proposta magnífica construída a base de lirismo e sensibilidade cunha linguaxe popular mexicana.
Non deixedes de lelo.




21/01/18

Apegos feroces

En Sexto Piso poderemos atopar esta gozada de novela autobiográfica de Vivian Gornick, Apegos feroces. A verdade, cheguei a el polo "boca a boca", e collino antes ca outros pola súa extensión (xa se me está pegando o cataclismo lector do meu alumnado: cantas páxinas ten?). Foi acertado facelo. Porque lin que é un libro, sobre todo, honesto, e iso pareceume chamativo. 
Un libro que fala dos paseos cotiás que realizan unha nai e unha filla, e mentres pasean, lembran, discuten, contan a historia das súas vidas. Todo está neses paseos. Unha relación ás veces difícil; unha relación ás veces amable; unha relación ás veces odiosa; unha relación ás veces envexable. Pero sobre todo unha relación entre dúas mulleres feitas de historias rodeadas doutras mulleres que falan e senten o amor e a sexualidade (hai homes na historia, si, pero elas son as protagonistas). De aí que o libro sexa profundo, porque a autora debe analizarse a si mesma, debe atravesar todas as fisuras para ser quen de tentar pechalas e reconstruírse, debe saber visibilizarse e converter a fouteza en rebelión. Debe saber que ese apego feroz non pode con ela. Nas súas páxinas topamos os nós que imos formando na vida, no camiñar continuo que consiste en capacitarnos para seguir andando, para sortear as coiteladas que a vida nos depara. A ferocidade dos apegos reside na dependencia ou na influencia que moi a pesar noso recibimos aínda que a rexeitemos. Quizais sexa certo iso de que o odio e o amor están preto. Cadaquén que o analice para si.


16/10/16

La princesa del Sol

David Grossman e Michal Rovner crean La princesa del Sol, publicado por Sexto Piso, un conto para todas as idades sobre a maxia do día e da noite, sobre un fermoso segredo, unha raíña e unha princesa que o serán por un día para espertar o sol e que este asolague de luz todos os lugares, ata os máis recónditos. Xa falaramos un día de El abrazo, dos mesmos autores, e este libriño vén sendo unha continuación case, onde nos paseamos por un universo habitado tan só por estas dúas protagonistas, un universo minimalista coma o libro pero que ten un encanto especial, xa que do que trata o relato é da maxia que nos proporciona o paso do tempo, imparable, a noite despois do día, día tras día, noite tras noite, ambos contrarios que se necesitan mutuamente e que se complementan. E ao mesmo tempo, como fixera no libro anterior, a especial relación que se establece entre esta nai e a súa filla, un intimidade creada por un diálogo poético.






23/08/15

La libélula

Sexto Piso publica La libélula de Amelia Rosselli, poesía que fala de liberdade, de tenrura a través dun ritmo diferente que foxe de calquera norma e que semella conter unha nova linguaxe ou cando menos unha nova gramática. A autora procura comunicar procurando respostas, aquelas que ás veces semella non existiren, dando forma a novas dúbidas nun xeito surrealista da escritura, de equilibrio lingüístico. E nesta lectura teremos que ser nós, lectores e lectoras, quen descompoñamos a realidade e a reinterpretemos, sen escrúpulos. Cuestionándoo todo.
Unha poeta esquecida para dar nome a poetas masculinos, como tantas veces.


“[…] Yo me levanto, tú extiendes los brazos en un largo
penoso adiós, con la sonrisa rígida y forzada en
tu boca más bien poco atractiva. ¿Y qué es esa
luz de la verdad cuando ironizas? Nada más
que esa pobre prenda obtuviste de mi corazón herido.
Ya nunca sabré mirarte a la cara; lo que
deseaba decir se ha marchado por la ventana,
lo que tú eras era otro batallón contra el que
ya soy incapaz de enfrentarme; ¿entonces qué nueva
libertad
buscas entre las cansadas palabras? No la blanda
ternura
de quien está en casa bien protegido entre sus altas
paredes y piensa en sí mismo. No el cansado
descuido
del gigante que sabe que no puede rimar nada más
que
dentro del círculo cerrado de sus apesadumbrados conocidos; […]”

19/08/15

El color del tiempo

Un descubrimento este libro de poesía de Clarisse Nicoïdski que publica Sexto Piso tamén na súa lingua orixinal, sefardí, con tradución de Ernesto Kavi: El color del tiempo ten dobre importancia, pola súa escrita e tamén polo que representa: o testemuño escrito deste idioma procedente do castelán medieval que me resultou interesantísimo ler na lingua orixinal. De aí que a lectura pracenteira se dea asemade por conseguir unha viaxe no tempo, un percorrido orixinal que nos leva da man uns versos da cor da terra e do sol. Unha viaxe amorosa que implica unha percepción da beleza, un don especial para transformar a realidade ou o soño, quen sabe, porque esa é a maxia da Literatura e da Poesía.


“El vestido agujereado de tu alma
dejó
caer
una lágrima colorada como vino
lágrima de vino
de olvido
estás solo
dame tu mano”


me colgaré a tus labios
como un canto
si me dejas
como palabra de maldición
me colgaré
a tu hora
cuando se detenga
de espanto
en las calles de mi pasado
donde estarás
caminando

04/05/15

Para cada tiempo hay un libro

Un libro con textos de Alberto Manguel sempre é unha garantía. Este que publica Sexto Piso vén acompañado, ademais, das fotografías de Álvaro Alejandro. 61 imaxes que establecen un diálogo acertado con 12 textos breves que falan de libros e dos seus universos. Ambos, acordan realizar unha homenaxe perfecta ao libro, nunha comuñón diversa e variada dun universo ao que eu pertenzo.
Así pois temos nas mans un rexistro que é a vez visual e textual dun mundo pequeno e grande, dun obxecto que vén dende o comezo dos tempos, dun sentir que é paixón, necesidade, amor. Un escritor só vive se ten lectores. Un visir viaxa cos seus libros para non sentirse só, un manuscrito que salva vidas, un conxunto de cartas que son testemuño do amor... Todo canto contén a palabra, escrita e oral, é necesaria para o home, para ser, para existir, para vivir, para soñar. Para pertencer. E nesa diversidade vive asemade a diversidade do ser humano.



23/02/15

El paraíso perdido


Descubrir este libro é un pracer para todos os sentidos. Polas ilustracións de Pablo Auladell, a quen lle debo terme achegado a este texto de John Milton, que non lería se non fose pola oportunidade que nos ofrece arestora a editorial Sexto Piso. Unha visión sobre a rebelión de Satanás e a caída de Adán e Eva que eu non coñecía. Todo isto, en conxunto, nunha edición extraordinaria, luxosa, perfecta. Pablo Auladell, nun traballo impresionante, representa os versos de Milton dun xeito ben ecuánime, sen caer en modas relixiosas. Milton utiliza pasaxes dos evanxeos para reflexionar sobre o papel dos demos, de deus, dos homes, compoñendo máis de dez mil versos para falar dunha dobre expulsión: a de Satán e a de Adán e Eva; con esta obra, é un dos pais da cultura europea dos últimos séculos. Pablo Auladell engade forza narrativa ofrecéndonos un Satanás ambicioso e rebelde que se pode relacionar cos antigos mitos. Leremos en imaxes potentes a luz, a escuridade, a guerra, os demos e os anxos, a forza do paraíso, o pecado, a serpe... ata chegar á vergoña, ao oprobio, ao sufrimento. Ao final, o home converterase nun ser efémero pola seu pecado, e o seu territorio non será precisamente luminoso. Pero foi a súa elección.
Un libro máis que recomendable. Unha alfaia.


02/11/14

Alfabeto

Coido que non é un libro de poemas calquera este que vén de publicar Sexto Piso de Inger Christensen: Alfabeto é un só poema longo que segue dous fundamentos: por un lado, o alfabeto (cada poema segue a disposición das letras por orde alfabética); por outro, a fórmula matemática: a partir do primeiro poema, dun só verso  (“los albaricoqueros existen, los albaricoqueros existen”), os versos de cada estrofa corresponden á suma das dúas estrofas previas -seguindo a secuencia numérica de Fibonacci-: 1, 2, 3, 5, 8, 13... Inger Christensen xoga coa poesía e coa forma poética tecendo uns versos onde os puntos da calceta son a esencia do universo: as letras. Porque con elas pode facer e refacer novos universos, reinventándoos e reconstruíndoos despois da autodestrución. Neste tecido hai lugar para calquera complexidade sintáctica e semántica, onde a voz poética non é só testemuña senón protagonista e onde o marco histórico é máis ca un marco no que existe a esperanza e o esquecemento. O poema Alfabeto é un canto sensorial e reflexivo, unha canle continua onde nada permanece estático, porque o universo cambia, avanza, retrocede: todo está aí reflectíndonos, ollándonos, pensándonos.
Viaxemos dende o "a" ao "n" para revisar o universo e para comprender que hai unha orde gobernante, que a autora representa matematicamente coas secuencias, que procura un sentido da vida, esa vida ameazada sen palabras para que estas sigan abraiándose ante a beleza da natureza e sigan denunciando o deterioro do comportamento humano.
Es un largo poema cuya forma sigue dos principios de composición. El primero es la secuencia de Fibonacci. Es decir, cada verso es la suma de los dos precedentes: 0, 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13… El segundo es el alfabeto. Cada poema, y las palabras que utiliza, sigue el orden de las letras: a, b, c, d, e. Sin embargo, bajo esta forma aparentemente estricta, hay lugar para el azar. - See more at: http://www.sextopiso.es/7450-alfabeto/#sthash.ylaLDI24.dpuf
Para Christensen, el lenguaje es directa emanación de la naturaleza, y como un tierno tallo que rápidamente va creciendo y ramificándose, los primeros versos de Alfabeto parecen brotar directamente del sonido de las palabras, de las relaciones aparentemente casuales entre palabras empezadas con la misma letra. Con asombro ante la belleza del lenguaje, ante la existencia de las cosas se acomete un inventario del mundo: “Los albaricoqueros existen, los albaricoqueros existen”, reza el primer verso. - See more at: http://www.sextopiso.es/7705-matamos-mas-de-lo-que-creemos/#sthash.jtsmHk9I.dpu
me resulta un poco raro
oír cigarras
aquí donde hace mucho frío
y por tanto no hay ninguna
quizá sea por ese tipo de cosas
que siempre han ocurrido
cuando la luz se encamina hacia el norte
y el abedul la acompaña
como cuando una habitación de un
sueño durante un viaje una vez
es precisamente la habitación
a la que vuelves a casa y en la que te instalas [...]

me resulta un poco raro
oír cigarras
aquí donde hace mucho frío
y por tanto no hay ninguna
quizá sea por ese tipo de cosas
que siempre han ocurrido
cuando la luz se encamina hacia el norte
y el abedul la acompaña
como cuando una habitación de un
sueño durante un viaje una vez
es precisamente la habitación
a la que vuelves a casa y en la que te instalas [...]
- See more at: http://www.sextopiso.es/7707-imprescindible-inger-christensen/#sthash.h1LeiQQf.dpuf
me resulta un poco raro
oír cigarras
aquí donde hace mucho frío
y por tanto no hay ninguna
quizá sea por ese tipo de cosas
que siempre han ocurrido
cuando la luz se encamina hacia el norte
y el abedul la acompaña
como cuando una habitación de un
sueño durante un viaje una vez
es precisamente la habitación
a la que vuelves a casa y en la que te instalas [...]
- See more at: http://www.sextopiso.es/7707-imprescindible-inger-christensen/#sthash.h1LeiQQf.dpuf

me resulta un poco raro

23/08/14

Consejos para niñas pequeñas


A editorial Sexto Piso tráenos este estupendo libro de Mark Twain de 1865 con ilustracións orixinais de Vladimir Radunnsky: Consejos para niñas pequeñas é un texto irreverente que tivo que supór unha pequena revolución dentro da Literatura infantil da época, unha literatura didáctica que se dirixía a un lector imaxinario e ideal que sempre debería incorporar modelos de conducta que lían nos seus libros. Este libro de carácter humorístico vai moito máis alá. El anima ás nenas a ser independentes, a pensar por si soas, a non obedecer as regras impostas pola sociedade, a utilizar novas estratexias.
Un libro delicioso.

“En ningún caso debes quitarle a tu hermanito su chicle por la fuerza, es preferible engañarlo con la promesa de que le darás los primeros dos dólares y medio que encuentres flotando en el río sobre una piedra. Con la cándida y natural ingenuidad propia de esa edad, a él le parecerá una transacción absolutamente equitativa. Desde que el mundo es mundo, esta ficción eminentemente plausible ha engatusado al obtuso infante y lo ha llevado a la ruina y al desastre financiero”.


Nena_edit
  
   
Imagen 1 alta

Imagen 2 alta

Imagen 4 alta

Imagen 5 alta

Imagen 6 alta

Imagen 7 alta


11/07/14

El piloto y el Principito

 
Por fin teño a última marabilla de Peter Sís, un autorilustrador a quen lle teño verdadeira devoción. Estou a falar de de El piloto y el Principito publicado por Sexto piso. Estamos ante unha biografía ilustrada de Antoine de Saint-Exupéry. Entre as vizosas ilustracións que caracterizan o estilo de Peter Sís temos un claro e sinxelo texto, a narración principal a pé de páxina, que conta a vida do aviador. Pero, ollo, non nos deixemos enganar: a importancia da ilustración vén dada asemade porque alí se nos traza unha cronoloxía moito máis complexa que vai desde a orixe da familia de Saint-Exupéry, aos seus primeiros traballos, os voos, a súa paixón por contar historias, a guerra e, finalmente, o fatal accidente.
Pero se algo sobresae son, xaora, as ilustracións a dobre páxina que significan un despregue visual enorme, como non podía ser doutro xeito: mapas, horizontes, soidades, paisaxes, guerras... todo cabe nas ilustracións, sentimentos perdidos, sentimentos que procuramos, poesía. Tanta poesía encerrada nestas páxinas que nos resultan ben escasas. Peter Sís logra plasmar nas súas ilustracións a fascinación pola vida que sentía Saint-Exupéry, a súa alegría por voar, os seus sentimentos de amor pola aviación e a liberdade que esta lle procuraba. Os mundos dun autor recreados xenialmente por outro. 
Así que si: fascinación absoluta.



06/03/14

Del color de la leche

Rematei onte de ler este libro e aínda estou conmocionada. Todo un descubrimento! Publica Sexto Piso esta novela curta de Nell Leyshon, Del color de la leche sitúanos na Inglaterra rural de 1930 e cóntanos a historia de Mary en primeira persoa. Unha historia de penuria económica e de malos tratos por parte dun pai severo que precisa axuda para saír adiante. Pero logo vén o que vén. O seu cambio de vida dáse cando ten que ir traballar á casa do vicario e aprender uns novos costumes e... aprender a ler! Isto supón unha auténtica revolución, un motivo para seguir adiante, un novo mundo que descubrir.
Pero o que máis chama a atención do libro é como está escrito. A moza nos reproduce o seu xeito de escribir, a súa inmediatez de pensamento, as frases curtas e sinxelas. Pero a anguria vai medrando no lector a medida que imos avanzando na lectura, a medida que imos mergullándonos na desgraciada vida dunha persoa que nace muller, pobre e con defectos físicos. Algo tremendo. E ao mesmo tempo namoramos desa moza de quince anos que non ten pelos na lingua e que contesta sen pensar nas consecuencias. E logo a dor, a inxustiza, ou a xustiza pola man como pide Rosalía. O final é unha dor atroz na mente do lector, algo do que non vou falar, claramente. Amargura comedida ante unha auténtica xoia literaria.

“estoy sentada al lado de la ventana y estoy escribiendo esto con mi propia mano, y tengo que escribir en las horas de sol porque hay luz y la luna no da suficiente luz, porque por la noche está oscuro y cuando está oscuro no puedo escribir."

12/01/14

El abrazo

  
El abrazo, de David Grossman e Michal Rovner publicado por Sexto Piso, fala dunha nai e dun fillo que dan un paseo, pero fala sobre todo con moita tenrura da soidade. Durante o paseo, o neno descubrirá o que é a individualidade e o significado dunha aperta. As ilustracións son minimalistas, quizais demasiado para un texto que fala do amor sublime que os pais profesan aos seus fillos.

20/12/13

Aullido

Publicado por Sexto Piso e ilustrado por Eric Drooker, este Aullido con texto do escritor da xeración Beat Allen Ginsberg (de 1956) non pasa desapercibido. Resultamente realmente impactante no seu conxunto, cun texto sobre a sociedade deshumanizada como polas ilustracións que o converten nunha novela gráfica demoledora. O autor amosa todo o malo da sociedade para abrir unha porta á esperanza; poema urbano e desesperado, epopea contra a sociedade deshumanizante e poesía vangardista onde domina o irracional. Dividido en catro partes, será a última a que amose o ton optimista para darlle a volta a todo o anterior, onde amosa a enfermidade, a drogadicción, o capitalismo, a militarización e a industrialización que converte os homes en máquinas non pensantes.





“Vi las mejores mentes de mi generación destruidas por la locura, hambrientas histéricas desnudas,
arrastrándose por las calles de los negros al amanecer en busca de un colérico pinchazo”
 
 










 

26/01/13

El coloquio de los pájaros

Só con follear libros coma este, non é estraño que o seu autor, Peter Sís, recibise o Premio Hans Christian Andersen ao mellor ilustrador o ano pasado. El coloquio de los pájaros, publicado por Sexto Piso, deixa boquiaberto a calquera. Peter Sís adaptou neste libro o poema tradicional da literatura persa de Farid Udín Attar, un peoma fascintante que Borges consideraba como unha das creacións máis inspiradoras. O que máis destaca neste libro é, sen dúbida, a ilustración. Barroca, imponente, complexa, profunda. Unha viaxe e unha historia sobre a vida. A procura de respostas que só atoparemos en nós mesmos.
Unha pasada!


Cuando el poeta Attar despertó una mañana,
después de un sueño intranquilo,
se dio cuenta de que se había convertido
en un pájaro abubilla.
El coloquio de los pájaros 2
Páginas12-13


01/06/10

La boca llena de tierra

Menos mal que este libro de Branimir Scepanovic é curto. Porque se chega ser moi longo dáme un infarto. Non estou de broma, non, dígoo totalmente en serio. Que atmosfera máis opresiva, máis abafante!
La boca llena de tierra non é un libro para pasar un anaco de tempo entretido, é un libro estresante, desacougante, un libro que baixo ningún concepto deixa indiferente.
Con apenas 80 páxinas o autor consegue unha lectura atenta, interpretativa, ao mesmo tempo dual e desasosegante: perseguiremos ao perseguido ou seremos nós perseguidores? Por que non eliximos nós o xeito de rematar coa nosa vida? Alternando na narración os puntos de vista, asistimos atónitos ao compromiso coa irracionalidade máis flagrante da humanidade; o nacemento dun odio sen motivo, a contradición nos sentimentos humanos; a relación entre o individuo e a sociedade; o enfrontamento entre a norma social e o desexo, entre o ben e o mal.
A soidade, presente na colectividade, é o motor da novela, xunto coa nostalxia e a busca da beleza na natureza, posto que o ser humano sempre resulta máis depravado, sempre defrauda.
Sinceramente, unha obra mestra que deberiamos coñecer.


24/04/09

A la sombra de las muchachas en flor

Foi unha sorpresa (perdoade o meu descoñecemento) atopar a Marcel Proust adaptado a un cómic. Cando chegou ás miñas mans este libro non reparei no título, só nos exquisitos debuxos. En realidade, este é o segundo tomo, xa que a portada di así:

Marcel Proust
En busca del tiempo perdido
A la sombra de las muchachas en flor
Primera parte: Nombre de la región: la región (Volumen I)
Adaptación de Stanislas Brézet y Stéphane Heuet
Ilustraciones y color de Stéphane Heuet

Chama a atención do cómic sobre todo a cantidade de letra entre as viñetas. E é que "resumir" a Proust é tarefa complicada. Este autor tentouno coma un xeito de achegar ao clásico a todo o mundo. Traballo ten por diante, e xa leva uns cantos tomos.
Consegue unha escenificación do contorno conservando a esencia da obra. Percorremos pasaxes da infancia e adolescencia de Proust, cun interese que medra polas mulleres ás que ve. O ritmo é sereno e moi elegante, tanto no xeito de despregar as imaxes coma os textos.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.