José Carlos Andrés González co ilustrador Éric
Puybaret ofrecen unha nova versión da Carapuchiña en ¿Qué me cuentas, Caperucita? publicado por Algar. Un libro que fala de cambios e ser un mesmo. O conto cambia o conto, as tradicións, racha cos estereotipos e desexa que non existan os roles impostos pola sociedade. Non esquezamos que a sociedade nos presiona, nos bombardea, nos ataca sutilmente e nos moldea. Ou iso pretende. Para que non o consiga temos que elixir o noso propio camiño, ter a liberdade par nos mover, para decidir.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Algar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Algar b>. Amosar todas as publicacións
05/04/20
31/03/20
Nai
Hélène Delforge e Quentin Gréban publican en Algar este precioso álbum ilustrado que vén a ser unha homenaxe a todas as nais. Nai chama a atención polas ilustracións, xa dende a portada, e polo tamaño do libro. Imposible non fixarse nel. Logo, ímonos deleitando con todas e cada unha delas, a variedade de maternidades que nos lembra que todas son diferentes pero iguais, porque o amor é universal, ben veña dado por bicos, apertas, aloumiños... ou pola sensación de seguridade. As ilustracións canda un texto poético doce, delicadamente cariñoso.
Un álbum para ollar de cando en vez.
Nai.
Unha das primeiras palabras do mundo.
Un nome único que levan millóns de mulleres.
Unha palabra para nomear o amor, a tenrura, o vínculo, quizais a ausencia.
Hai tantas nais como criaturas.
No entanto, en todos os continentes,
unha vez collen o seu bebé no colo,
todas as nais se parecen.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Algar, Recomendamos
18/03/20
Quérote
Fermosísimo álbum de Hèléne Delforge e Quentin Gréban publicado por Algar na nosa lingua: Quérote é un poemario de amor, amor de todos os tipos: entre home e muller, amor homosexual, amor filiar, amor maternal, amor paternal, amor rematado, desamor, amor por un/unha mesmx... e amor malentendido.
Cada dobre páxina contén un poema e unha ilustración de ar "vintage" que namora xa só dende a portada.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Algar, Amor, Recomendamos
10/04/18
¿De qué color es un beso?
Divertido álbum de Rocío Bonilla publicado pola Editorial Algar: ¿De qué color es un beso? establece a difícil cuestión que o propio título indica. A nena protagonista vai falando das cores que coñece e establecendo a conexión coas cousas que a rodean e que lle gustan ou non. E a pesar do título, non pensedes que é empalogoso nin romanticón, senón orixinal e imaxinativo. E as ilustracións, divertidas e expresivas.
E ti, como pintarías un beixo???
Atoparalo en Álbum ilustrado, Algar, Recomendamos
06/06/17
Ahora me llamo Luisa
Jessica Walton e Dougal MacPherson son autores de Ahora me llamo Luisa publicado por Algar, fermoso álbum sobre a transexualidade e a súa doada aceptación. Un xeito ben acaído para achegar a diversidade de xénero á infancia, aínda que non só, mediante a reflexión e a amizade. Por iso, servirá para rachar con estereotipos e prexuízos, e para que nenos e nenas coñezan este tema e aprendan a respectar mellor que o fan, ás veces, os seus maiores. Asemade, o libro prima a amizade como un valor seguro.
Non é fácil tratar un tema coma este dun xeito tan sinxelo e ao mesmo tempo tan entendible e útil. Coido que é deses libros que deben estar en todas as bibliotecas escolares.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Algar, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.








