Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta París. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta París. Amosar todas as publicacións

18/07/08

Amo París

Vanessa Paradis canta I Love Paris (de Cole Porter) para este anuncio que emite a televisión francesa:




Vía Todas

17/04/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XXIX)

Rimbaud escribiu este poema aos 17 anos, tras a que se cre foi a súa primeira experiencia sexual cun grupo de soldados nos cuarteis da Rue Babylone en París.
Nado en Charleville, sempre se amosou farto da vida provinciana. Pasaba os días escribindo nos bancos do parque frases contra Deus e a burguesía. Tiña un carácter indómido sedento de emocións fortes. Tan pronto como pode, foxe da casa.
O outro coñecido poeta francés Paul Verlaine acolleuno. Entra na súa vida como unha tempestade e este non dubida en deixar a súa esposa para marchar con Rimabaud; lonxe de París, levan unha vida sórdida, perigosa. O alcol e as drogas forman parte dos seus excesos. A relación remata coa mesma paixón: Verlaine dispara contra Rimbaud e é encarcerado.
Dous dos seus poemarios convértense en iconos da literatura moderna Unha tempada no inferno e Iluminacións.
Corazón robado (1871)

Mi triste corazón babea a popa,
mi corazón lleno de tabaco:
sobre él arrojan escupitajos,
mi triste corazón babea a popa:
bajo las burlas de la tropa
que suelta una risotada general,
mi triste corazón babea a popa,
¡mi corazón lleno de tabaco!

Itifálicos y sorchescos
sus insultos lo han depravado!
En la velada narran relatos
itifálicos y sorchescos.
¡Oleajes abracadabrantescos,
tomad mi corazón, salvadlo!
¡Itifálicos y sorchescos
sus insultos lo han depravado!

Cuando sus chicotes hayan cesado,
¿Cómo actuar, oh corazón robado?
Se oirán estribillos báquicos
cuando sus chicotes hayan cesado:
tendré sobresaltos estomáquicos
si degradan mi triste corazón.
Cuando sus chicotes hayan cesado,
¿cómo actuar, oh corazón robado?

22/02/08

En París (3)


Amor e Psique
Cánova
1793

O academicista Cánova colle un triángulo como punto de partida dos dous corpos, dando movemento por algúns membros e ás en diagonais. O que máis chama a atención é a súa mestría co mármore, pedra das máis duras para traballar. As esculturas teñen pel, xa que púe dun xeito tan exquisito a pedra que non ten ningún tipo de rugosidade.

A obra O Asno de Ouro de Apuleyo conta que na mitoloxía Afrodita tiña ciumes de Psique pola súa beleza e por iso fixo que Eros, o seu fillo, baixara a por ela para cravarlle unha frecha que a faría namorar dun home espantoso. Porén, cando a viu, namorouse, e cando ela durmía foi buscala, espertouna e levoua ao seu pazo. A escultura representa o momento en que ela esperta. Ambos corpos apértanse e os brazos son o marco das súas faces, verdadeiro reflexo da escena de tenrura e erotismo.
O gusto polo clásico propio do Neoclasicismo evidénciase en Cánova. A forma das pregues lembra esculturas clásicas así como o puído.

14/02/08

O beixo

Durante moitos anos, o misterio romántico embargou esta obra de Doisneau. Moitos pensaron que era unha fotografía instantánea, que o autor tomara nas rúas parisinas. Porén, anos despois sóubose que en realidade era un pousado duns estudantes de teatro. Françoise Bornet e o seu mozo, Jacques Carteaud, son os protagonistas. Gran fotografía que soubo subliñar o carácter do momento: o movemento coas persoas nun difuminado, o axetreo de París, o momento único que constitúe o beixo. Para o autor, a fotografía era unha metáfora do superfluo.
A historia conta que desde unha cafetaría, Doisneau viu unha parella efusivamente bicándose, con certa maxia. Porén, anos despois, por unha denuncia pública da parella que dicía ser a protagonista, coñeceuse a verdadeira historia: o fotógrafo coñecéraos nese bar e pedíralles que pousaran para el.
Esta fotografía pertence a unha serie de "Beixos" que foi encargada en 1950 a Doisneau pola prestixiosa revista Life.




'O beixo do Hôtel de Ville. Robert Doisneau. 1950'

03/02/08

En París (2)

Xa vos falamos da Gioconda, no museo do Louvre. Hoxe marchamos ao Mueso d'Orsay, que a min, persoalmente, encántame. Non sei se iredes/iremos alí, espero que si. Porque non é tan agobiante e porque no seu interior alberga verdadeiras marabillas.
Achégovos un cadro chamado "O taller do pintor" De Gustave Courbet, cadro que é un fiel reflexo do seu temperamento e da súa condición política. Cando en 1855 presentou este cadro xunto con outros na Exposición Universal dese ano foi rexeitado.
O cadro evidencia todas as etapas e influencias de Courbet. Á esquerda estás representados de xeito realista as persoas de clases baixas, enmarcadas dentro dunha paisaxe de Ornans. Neste taller dáse cabida a todo tipo de personaxes, como San Sebastián, xa que o cadro represéntase como un Xuízo Final, cos esquecidos á esquerda e os intelectuais á dereita; no centro, San Sebastián, atravesado polas frechas, representando a Academia. O pastor que observa a escena é un espectador ideal e puro. A musa núa representa a Alegoría da Verdade, e na parte esquerda a muller dando o peito simboliza a miseria. Pero tamén están no cadro o amor libre, a poesía, o interese cultural, o estudo...



En canto á cor que predomina é o marrón, o escuro, moi influenciado polas obras barrocas que vía no Louvre e que tanto lle gustaban.
E se vos fixades, unha ventá ilumina a escena. Curiosamente, o foco céntrase na figura do medio, o artista, querendo expresar que el é o mediador da escena, o verdadeiro protagonista.

24/12/07

En París

Xa que a excursión de 4º de ESO, como é costume no centro, vai a París, vouvos ir deixando algunhas das xoias que alí atoparedes.

A Gioconda, coñecida tamén como a Mona Lisa, é o cadro máis famoso que existe. De aí que aínda que nunca fose taxado, probablemente alcanzaría a cifra máis alta da historia da arte. Por iso non é estraño que fose roubado do Louvre por Vincenzo Perrugia, pintor italiano, en 1911, aínda que apareceu dous anos máis tarde en Italia. O cadro non só foi roubado, senón que tamén foi asperxido con ácido e golpeado cunha pedra guindada por un home no propio Louvre.
É a última gran obra de Leonardo, e de feito estivo retocándoa até os seus últimos días, levándolle catro anos completar o proxecto.
Este óleo é con diferenza a pintura máis visitada do museo. No ano 2005 foi instalada tras unha vitrina antibalas nunha sala especial onde está protexida da calor, a humidade e o vandalismo. O traslado e acondicionamento custou 6 millóns de dólares que correron a cargo da mesma cadea televisiva nipona que patrocinou a restauración da Capela Sixtina.
Parece ser que a protagonista do cadro é Lisa Gherardini, dama florentina casada con Francesco do Giocondo, banqueiro napolitano. Porén, existen outras posibilidades sobre quen é a protagonista do cadro. Hai quen di que é a española Constanza de Ávalos, e arriscándose aínda máis, hai quen afirma que o retratado é Francesco do Giocondo ou mesmo o propio Leonardo.


Sobre un fondo de paisaxe vaporosa, cun río sinuoso, resalta a figura desta muller, cuxo enigmático sorriso constitúe o máis atractivo do cadro. Unha peculiaridade da dama que aparece no cadro é que non ten cellas nin pestanas. Aínda que hoxe en día nos estrañe, era un costume común entre as damas florentinas da época depilarse toda a peluxe da face.

Que emocións sente a Gioconda?:
Segundo a publicación británica New Scientist e en base aos estudos da Universidade de Amsterdam, o sorriso de Mona Lisa está composto das seguintes emocións:

- 83% de felicidade
- 9% de disgusto
- 6% de medo
- 2% de carraxe

O estudo está baseado na análise da expresión por un programa informático, deseñado pola Universidade de Illinois, que avalía emocións interpretando os xestos da cara.

Espero que cando a vexades vos guste aínda máis. Se vos dades achegado a ela, porque con tanta xente...


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.