Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións

13/11/20

El sorteo

 Mini corto realizado con los alumnos de IAEE de 4º ESO del IES Valle del Arlanza (Lerma) COVID 19: Respetemos las recomendaciones sanitarias (Este corto está destinado especialmente a los adolescentes)

Eu non o dedico á adolescencia, pero si a aquelas persoas que a día de hoxe seguen a actuar de xeito inconsciente e sen respectar as normas.



02/11/20

Depresión ou victoria

 


I
nteresoume moito este libro de Meritxell Duran, por razóns obvias, aínda que non topei o que buscaba. Aínda así, resulta moi interesante esta aproximación á loita contra a depresión que nos ofrece este Depresión ou Victoria. Crónica de una batalla: un libro que combina texto e ilustración, unha en cada páxina, e ambas necesarias xa que son complementarias, posto que vemos como é a depresión: un monstro que devora as persoas por dentro, e a medida que devora vai consumindo a personaliade e a vida. Por iso axuda a entender como se senten as persoas que a padecen.



22/06/20

Resistencia

"Resistencia", unha homenaxe a quen loita sen descanso.
Médicos do mundo

14/04/20

Coronavirus: un desafío ao noso modelo social

Fala Fernando Valladares, membro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), quen explica con simpleza moitas cuestións relacionadas co coronavirus e as pandemias en xeral, ao tempo que incide na importancia esencial da biodiversidade para a nosa saúde e para a nosa supervivencia como especie.


15/11/19

El poder de la empatía

Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón. 
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden, porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e comprendidas.
Segundo o vídeo, os 4 atributos da empatía son:
– Ter perspectiva: poder tomar a perspectiva doutra persoa ou recoñecer esa perspectiva como a verdade doutra persoa.
– Non emitir un xuízo.
– Recoñecer as emociones doutra persoa.
– Comunicarllo.


06/10/19

"Tetas x Tetas"

10/05/18

Iniciación sin mutilación

Documental que amosa as posibilidades de cambio que se están traballando nas sociedades de orixe, baseadas na explicación das tres fases do rito de iniciación: física, cultural e social. A proposta mantén as dúas segundas fases que dan identidade étnica e de xénero, eliminando a parte física que atenta contra os dereitos humanos.


07/04/17

Ter o máis modesto

Cada día, 2000 nenos morren por culpa da diarrea, enfermidade que ten a súa orixe na ausencia de auga potable. Cales son as causas? Mirade este vídeo:




Hoxe é o Día Mundial da Saúde.
 Vía

20/02/17

#Resistiré

10/02/17

Help a Dane

30/11/16

Síndrome de Asperger

Pareceume interesante este artigo de SOMarmonía:


27/10/16

Seguiremos - Hospital Sant Joan de Déu y Macaco

Fai o teu donativo en http://www.sjdhospitalbarcelona.org/e... se queres financiar a investigación do cancro infantil.
Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu e os profesionais e voluntarios que os acompañan, cantan con Macaco a canción "Seguiremos", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil.

15/08/16

Tegan and Sara - Hang on to the Night

 Tegan and Sara falan da ansiedade e os sentimentos e pensamentos que aportan. Esta canción nace despois de sentiren a morte de preto. O vídeo explora o aspecto rexenerativo da noite para enfrontarse a un novo día. 
O protagonista é un cabalo violeat que pasea colocando estrelas no ceo mentres se acompaña de diversas criaturas.





Vía

23/05/16

10.000 pasos ao día

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia lanza un vídeo que amosa os beneficios para o sistema inmune, a circulación e os ósos. No Portal da Ciencia Galega tedes máis información:




Vía

26/02/16

Contra o cancro

Orixinal campaña a favor da loita contra o cancro onde se representa como unha guerra intergaláctica.


Via

23/01/16

'32 quilos'

As fotografías de Ivonne Thein no teñen face. Teñen crítica. Contra unha realidade que enmarca a beleza física da muller entre liñas de intolerancia. Con esta serie de fotografías fala da anorexia como enfermidade provocada pola moda e a publicidade, todo por unha imaxe.
As imaxes están manipuladas, a autora non traballa con mulleres anoréxicas senón que pretende denunciar ata onde se pode chegar nesa fráxil liña da procura da delgadez.
'32 quilos' de pel e óso, dunha estética e unha forza no que quere contar. '32 quilos' de muller, dunha enfermidade que vai cobrando vidas.






Vía

31/10/15

#NoEsSano

Boísima esta campaña que nos deu absoluta grima de... non sei a palabra a empregar. A actuacion de Arantxa de Benito fixo estremecerme porque non sabía que era iso, unha actuación. Pero conseguiron o que querían, xaora!
O problema é que en realidade si que está pasando: moitas persoas deixaron de mercar os tratamentos que estaban tomando porque non lles chega a pensión ou o soldo para todo.




Pero despois veu a realidade. Estoutro vídeo aclara que estamos ante unha campaña promovida por varias organizaciones como Médicos del Mundo, Salud por Derecho, OCU, OMC, SESPAS, CECU e No gracias, entre outras. Unha campaña chamada  No es sano.


Vía

20/10/15

Ir a ningún sitio

Visto no Faceboo de Eladio Anxo Fernández Manso:

Impresionante vídeo de Mario Iglesias González, baseado na experiencia vivida por Beatriz Figueroa, para concienzar contra a inhumanidade das institucións cos enfermos de cancro.
Para asinar, aquí.

15/09/15

El poder de la empatía

Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón. 
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden, porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e comprendidas.



26/05/15

The Man and the Dog

Unha curta emocionante da Fundación Argentina de Transplante Hepático para fomentar a doazón de órganos:

Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.