Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Picarona. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Picarona. Amosar todas as publicacións

25/04/18

El prisionero sin fronteras

Boísimo e imprescindible este álbum (ou cómic?) sen palabras de Jacques Goldstyn que publica PicaronaEl prisionero sin fronteras é un alegato pola liberdade. Un home que cre nas súas ideas e deféndeas publicamente, pero precisamente por iso lévano ao cárcere. Si, no século XXI pasan este tipo de cousas. A solidariedade fará posible a liberdade.
Unha iniciativa de escritura colectiva de Amnistía Internacional que trata de sensibilizar sobre o respecto a opinar doutro xeito ao establecido, a poder expresar esa opinión con total liberdade e a non temer as posibles represalias dos gobernos por este motivo. É dicir, o libro fala de democracia plena. Sóavos???


18/04/18

¡No quiero el cabello rizado!

Precioso álbum ilustrado de Laura Ellen Anderson publicado por Picarona: ¡No quiero el cabello rizado! lémbrame sobre todo unha alumna que sempre tenta alisar ese marabilloso pelo cheo de caracolas que ten. A protagonista tenta de todo para estirar o seu cabelo... ata que coñece unha nena que ten o pelo liso e pásalle o mesmo ca a ela, non se gusta a si mesma nin lle gusta o seu pelo. A aceptación dunha mesma ou dun mesmo é a fin do libro, con poucas palabras, con ilustracións super-expresivas e con moito humor. É un álbum delicioso que se le cun sorriso constante.

20/02/18

La niña que vivía en el castillo dentro del museo

A editorial Picarona é a encargada de nos traer este precioso álbum ilustrado de Kate Bernheimer e Nicoletta Ceccoli (que ganas tiña de posuír algo desta ilustradora!!!): La niña que vivía en el castillo dentro del museo é unha historia fermosa e doce, delicada, onde a melancolía é a protagonista, con chiscadelas ao lectorado, que formará parte deses nenos e nenas que procuran unha nena que vive agochada e triste, soa, agardando polos demais. 
Un libro cheo de maxia que seduce tanto polo texto como polas ilustracións.



06/10/14

¡Otra vez!

Divertido álbum de Emily Gravett publicado por Picarona: ¡Otra vez! fai referencia a esa frase escoitada mil veces a nenos e nenas que queren que lles lean unha e outra vez a mesma historia. Un pequeno dragón e a súa mamá, quen cambia a historia de cada volta porque ela está morta de sono e o seu fillo resulta incansable. Se a historia é tenra, as ilustracións son xeniais, delicadas e divertidas.
É un álbum precioso!


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.