Moitos anos botei de menos a este autor que tanto me gustaba alá hai... cantos? dez, vinte anos xa? Non sei, case prefiro non sabelo! O certo é que Aníbal Malvar é un dos meus autores preferidos da literatura galega. Como esquecer Un home que xaceu aquí, Unha noite con Carla (premio Xerais), A man dereita ou Á de mosca?Sentino cando desapareceu do noso panorama literario. E sinto que volva agora en español.
Faino Aníbal Malvar cun título que non deixa dúbidas: La balada de los miserables, publicado por Akal. Un libro de pesadelo onde marxinalidade, brutalidade, corrupción e poder pelexan por ocupar máis páxinas nesta cruel sociedade que queda así retratada. Chama a atención o eu narrador, variopinto personaxe que pode ser unha rata, unha polla, un policía, unha prostituta, a morte, a vellice... Atento debe permanecer o lector para descubrir quen toma a palabra en cada capítulo dunha novela coral na que todo ser ten voz, restando protagonismo aos personaxes, difuminándoos ata non chegar a saber quen son.
O libro non deixa marxes, afoga ao lector dende o comezo ata o fin, con rotundidade e mesmo con fereza excesiva. Todo nel ten ese toque de hiperbólico que o autor busca continuamente, posiblemente buscando esa posición ética da que fala aquí, ás veces prescindibles, a maior parte delas atormentándonos, porque sentiremos ganas de vomitar, de chorar, de fuxir, porque Malvar despreocúpase de figuras retóricas para descarnar a realidade que nos ofrece.
Novela negra moi negra, onde o máis negro da sociedade ten unha cita, esta lectura non deixa indiferente.
Como diría George Best, gasté muchísimo dinero en alcohol, mujeres y coches; el resto lo desperdicié.