Destes libros que compras pola pinta, polo título, porque atraen especialmente sen saber por que... e acabas recomendando por especiais, porque sen ser obras mestras chegan ao corazón, porque che apetece levalas na memoria...
Non fai falta que vos guste o chocolate para lelo, pero case se pode saborear se vos gusta. É intensa, fácil de ler (nunha hora e pouco, sen esaxerar), e non é empalagosa. En serio, un acerto.
O seu autor, José Carlos Carmona -o feito de que sexa doutor en Filosofía non debe predispoñernos nin para ben nin para mal-, baséase nunha historia real para falarnos do amor, de soños, da vida... da sinxeleza das cousas ou da súa complicación, de personaxes que marchan e regresan, de bos sabores e malos recordos, de mortes temperás... Un libro que sen lugar a dúbidas deixa moi bo sabor de boca. Máis que recomendábel.