Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Acantilado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acantilado. Amosar todas as publicacións

13/07/14

Carta de una desconocida

Estamos de noraboa! Volve Carme a colaborar co noso blogue. Botabámola de menos e aquí está... con triple recomendación. Case nada, unha novela, un cómic, un filme. Todo un luxo nun só post. Así que... grazas miles, Carme!

Ás veces, provoca certa preguiza reler obras que, por currículo, hai que explica curso tras curso nas aulas. Mais hai bastantes autor@s aos que non desagrada voltar, máis ben ao contrario, e un deles é Stefan Zweig. Aproveitando a relectura de Novela de xadrez, recunquei en Carta de una desconocida, na editorial Acantilado,  e non se trata de descubrir aquí e agora a valía dunha figura como esta, pero si recomendalo unha e outra vez. Se atendemos á credibilidade do argumento desta novela, este non pasaría nin o primeiro filtro. Pois quen pode pensar que unha muller lúcida, entre os trece e os vinte e nove anos, vive cunha única obsesión? A de que a vida lle regale a oportunidade de ver, rozar, falar ou sentir ao causante de todos os seus desvelos, un famoso escritor, vividor e mullereiro,  que se converte no seu veciño.
                A través do xénero epistolar, a protagonista cóntalle ao seu amor, nunha carta de vinte e cinco páxinas, toda a súa vida de entrega. El nunca reparou nela, excepto en dúas ocasións ben breves: da primeira, nace o fillo, e será este a razón da longa misiva, na que atopará a verdade  e descubrirá a razón desas rosas brancas, o día do seu aniversario.
                El, suxeito sen saber; Ela, obxecto con coñecemento de causa. Unha historia triste que engulimos rapidamente pola beleza das palabras xustas e o ritmo axeitado.
                E falando de historias tristes, a do propio autor, que se recolle agora nun cómic de Sensik & Sorel chamado Los últimos días de Stefan Zweig (NormaEditorial, 2014) e baseado nunha novela do mesmo título. Obra que comeza cunha chiscadela gráfica á Novela de xadrez e na que se conta a viaxe en barco de New York a Brasil do escritor e a súa segunda muller, Lotte e como será Petrópolis o derradeiro lugar do seu exilio. Quizais, ás veces renxan, por algo ridículos, os diálogos amorosos do matrimonio, en particular, e o guión en xeral, pero esas eivas quedan compensadas pola marabilla das ilustracións. Ademais, permite matinar sobre os perigos dos totalitarismos e a desgraza de tantas persoas, que querendo fuxir deles, non conseguiron escapar nunca, como no caso deste autor de orixe xudía.
                Por certo, unha delicadeza a versión cinematográfica de Carta de una desconocida, con Louis Jourdan e Joan Fontaine nos papeis protagonistas.

22/08/12

El cielo es azul, la tierra blanca

Que fermoso libro! Que sensación de tranquilidade e afecto destilan as súas páxinas! Estas constitúen unha viaxe serena que nos transporta nunha nube de algodón, suave e branda, coma o estilo da narración. Falo do libro de Hiromi Kawakami El cielo es azul, la tierra blanca. Una historia de amor publicado por Acantilado. Ollo, non busquedes acción nin sorpresas. A novela non busca ningunha lea nin ningún crescendo na lectura. É previsible, e aí radica a súa beleza. A súa prosa é elegante e tenra, e con iso chegaranos. Porque non poderedes evitar derramar unha bágoa cando cerredes o libro, pola historia e porque xa rematou a súa lectura. O amor como eixo, e ao seu arredor, silencio, sake e cociña tradicional. E todo isto convertido en poesía oriental que conmove.

“Las tinieblas nos envolvían por completo y nosotros seguíamos hablando sin decir nada. Las palomas y los cuervos ya se habían refugiado en sus nidos. El maestro me rodeaba con su cálido brazo, y yo no sabía si reír o llorar. Al final, no hice ni una cosa ni otra. Me tranquilicé y me acurruqué en sus brazos, en silencio. Oía los latidos de su corazón a través de la chaqueta. Nos quedamos sentados en la oscuridad.”

Grazas, Vir.
       

11/05/12

Siete años

Ando a completar as lecturas que as miñas alumnas de 2º de Bacharelato deben realizar como xurado dos premios San Clemente para o ano próximo. Dado que as tres novelas finalistas da Literatura Galega xa as tiña lidas, decidinme arestora por este Siete años de Peter Stamm publicado por Acantilado. Unha obra que deixa un gusto ben amargo na boca, non porque sexa mala, senón por ese protagonista frustrante e frustrado que vas odiando a medida que avanza a lectura. Unha lectura que bota finalmente na conciencia do lector unha serie de interrogantes que provocan un desasosego ben amplo.
A novela alterna dous tempos ben diferenciados, o presente no que o protagonista vai contando a historia da súa vida matrimonial e sexual e o pasado onde imos vendo os pormenores desa vida. Claro que o feito de sincerarse como o fai consegue que o lector comprenda que estamos ante un protagonista covarde que sabe como humillar sen compaixón e que é dun egoísmo insaciable. Así que vendo como se moven as persoas -perdón, personaxes- teremos que nos preguntar en que consiste a felicidade e se esta é posible, pero tamén indagaremos sobre o amor, a fidelidade, o destino e os valores tradicionais.

«Con Sonja me sentía construyendo algo que jamás quedaba terminado del todo. Pretendíamos construir una casa, tener un hijo, contratábamos empleados, comprábamos un segundo coche. Apenas alcanzábamos un objetivo, ya se perfilaba el otro, y jamás conseguíamos estar tranquilos».


14/10/11

Veinticuatro horas en la vida de una mujer


Con esa delicadeza á que nos ten acostuamd@s Stefan Zweig, Veinticuatro horas en la vida de una mujer, publicado por Acantilado, é unha novela curta na que non sobra nin unha soa palabra, con esa prosa sinxela propia de Zweig que desenvolve con mestría nun libro cuxo argumento pode ser case "folletinesco", transportándonos a unha sociedade diferente en tan só poucas liñas. Unha sociedade que premia só os comportamentos "axeitados" a unha convencionalidade que nos semella moi afastada, unha sociedade que castiga cruelmente calquera acto de paixón ou "desequilibrio" moral. O libro deixa moi claro cal é a vida das aparencias, e que esas aparencias son as que se deben respectar para poder vivir en paz cun mesmo. Esa concepción arcaica do bo e o malo é o que procura unha continua tensión na novela e que a pesar da súa moralina a convirta nunha pequena xoia da literatura. Coma calquera libro de Stefan Zweit. Ten ese don.

18/01/11

Viaje al pasado

Ler unha novela curta de Stefan Zweig é mergullarse na arte literaria en estado puro. Desta volta, de man do Acantilado, novamente, Viaje al pasado é unha reflexión sobre amor, desexo, ambición, paixón, afastamento, reencontro. Unha historia de amor que vivimos da man dun só protagonista, que entreveremos idealizado, xa que "todo o pasado foi mellor".
Coa súa prosa inigualable, consegue que non deixes o libro dende o comezo ata o final, agradecendo que sexa, así, tan curto e tan fermoso. Unha pequena gran xoia literaria grazas ao seu xeito de achegarnos aos tormentos interiores e ao noso propio inconsciente. Recoñezo que aínda que non lin moito del, todo o que pasou polas miñas mans, entusiasmoume.

Hacía más de nueve años que se habían visto por última vez. Separados desde entonces por una distancia insalvable, se sentían doblemente violentos al estar juntos de nuevo sin poder iniciar una conversación. ¡Dios mío, qué largos, qué vastos habían sido aquellos nueve años, cuatro mil días y cuatro mil noches, hasta ese día, hasta esa noche! ¡Cuánto tiempo, cuánto tiempo perdido! Y, sin embargo, en su mente destacaba un único recuerdo, un segundo antes de haberse conocido, el principio del principio.

07/12/10

Ciudad del hombre: New York

Se aínda hai alguén por aí que pense que a poesía é cursi ou romanticona que lea este libro e atopará a antítese da súa crenza. El Acantilado ofrécenos a J.M. Fonollosa, quen crea en Ciudad del hombre: New York un tipo de poesía cheo de violencia, onde ten cabida o escepticismo, o asasinato, o machismo, a violación... cantas voces poida ter o ser humano ou cantos seres humanos teñan cabida en diferentes voces. E así toparemos versos como "Las mujeres que quiero van con otros", "De un tajo la corté. Con el machete/ corté de un solo tajo su cabeza", "Conseguiré, por fin, dar un buen golpe/ que llene de billetes mis bolsillos", "La mujer es para eso, paraíso/ para uso de los hombres. Campo abierto", "Yo quiero que tú sufras lo que sufro:/ aprenderé a rezar para lograrlo./ Yo quiero que te sientas tan inútil/ como un vaso sin whisky entre las manos". E tamén a inocencia, a defensa, a voz que reclama xustiza: "Debiera liberarse la mujer/ de la opresión en que la tiene el hombre"

West 13th Street

Esperé aquel momento muchos días.

Fue fácil deslizarse hasta su cuarto.
Su ventana cedió con un gruñido.
Mis pies no despertaron las alfombras.

Fue fácil deslizarme hasta su cama
y verla respirar. Hasta las sábanas
sentían el calor aquella noche.

No perjudica a nadie el acostarse.
Un poquito de amor no daña a nadie.
No le costaba nada haber cedido;
dejarse acariciar unos minutos.

No quise hacerle daño. Se lo dije
tapándole la boca con la mano.
Le dije que iba sólo a acariciarle.

No tenía por qué asustarse tanto.
Tuve que ahogar el grito de sus ojos.
Apreté demasiado. Lo lamento.

Estuvo bien, no obstante, aun tan inmóvil.


Aquí tedes unha selección de poemas. E aquí máis.

Veño de topar este blogue onde nos ofrecen algúns destes poemas musicados por Albert Plá. Toda a información aquí.


04/06/10

Jefe de estación Fallmerayer

Un libriño curto, doce, de Joseph Roth. É, seica, unha das mellores obras curtas deste autor, que condensa un gran amor, deses autenticamente novelescos, cun final abraiante.
Jefe de estación Fallmerayer é a historia dun home calquera, un home gris porque gris é a cor que define toda a súa vida e o que fai, pero unha cor que torna ben diferente cando coñece o Amor; agora ben, é ese Amor posíbel? Creo que o autor vai moito máis alá con esta fábula de amores que non fructifican mentres a guerra e a destrución serven de telón de fondo desta pequena obra mestra. Unha historia que salta ao baleiro, porque baleiros quedamos ao rematar a lectura: a vida é máis difícil de canto queremos maxinar. Se un home ama deste xeito, non merece acaso unha recompensa? Teredes que ler o libro para sabelo.
Chama a atención a elegancia e a destreza do narrador neste relato: 50 páxinas que son un obsequio para o lector.

El singular destino del jefe de estación austríaco Adam Fallmerayer merece sin duda alguna ser registrado por escrito y conservado en la memoria. Perdió de un modo asombroso su vida, que, dicho sea de paso, jamás habría sido brillante, y tal vez tampoco de una felicidad duradera. Hasta donde los hombres pueden llegar a saber unos de otros, habría sido imposible augurar a Fallmerayer un hado extraordinario. Aun así, le alcanzó, le agarró, y él mismo pareció entregarse a éste con cierto placer.

14/06/09

Mendel el de los libros

Este relato curto, Mendel el de los libros, de Stefan Zweig, a quen sempre é un pracer ler e unha garantía, é unha lectura brillante, unha alegoría sobre un mundo que exclúe a quen sexa diferente, unha parábola sobre como a ignorancia domina e manda, atacando a quen non comprende. E un retrato dos cambios da sociedade personalizados no espazo onde transcorre a historia.
Jacob Mendel é un personaxe sorprendente polo seu enciclopédico coñecemento dos libros, totalmente illado do mundo real. Tanto, que non sabe que o seu país está en guerra. E, paradoxicamente, resulta sospeitoso de traición. E iso acaba con el.
Estas son as últimas liñas: «Precisamente yo, que debía saber que los libros sólo se escriben para, por encima del propio aliento, unir a los seres humanos, y así defendernos frente al inexorable reverso de toda la existencia: la fugacidad y el olvido».
Un libro que vos gustará por amar tan só a esencia dos libros, da lectura. E porque debedes coñecer a este autor.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.