Adeline Yzac xunto coas ilustracións de Éva Offredo constrúen en Señor Mayor -publicado por Silabario- un álbum delicado sobre o Alzheimer. Un libro cheo de sensibilidade que, de seguro, tocará especialmente as fibras daqueles que padecen de preto esta enfermidade, aliviando case o desconcerto desta familia que se achegará a nós poeticamente.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Silabario b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Silabario b>. Amosar todas as publicacións
04/12/11
01/12/11
En algún lugar de China
Precioso texto de Ana Folgueira con ilustracións de Emilio Amade para este álbum: En algún lugar de China está publicado pola editorial Silabario. Pero estamos ante algo máis ca un libro, que por certo, é precioso, onde unha lenda conta como as familias adoptantes de nenas chinesas son escollidas por un paxaro que leva unha corda vermella para dárllelas. É máis ca un libro porque é un proxecto editorial que quere recadar fondos destinados á Asociación de Familias Adoptantes en China (AFAC), xestionando programas nos orfanatos chineses para operar nenos con necesidades médicas especiais e así facilitar a súa adopción.
Atoparalo en Álbum ilustrado, China, Recomendamos, Silabario, Solidariedade
30/11/11
El horrible monstruo al que le encantaba leer
A editorial Silabario pon nas nosas mans este álbum El horrible monstruo al que le encantaba leer de Lili Chartrand con ilustracións de Rogé. Un libro moi divertido con ilustracións simpáticas para descubrir -se cómpre- a maxia da lectura.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Silabario
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.






