Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Demipage. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Demipage. Amosar todas as publicacións

08/09/14

No me gustaría palmarla

Fermosa edición a que preparou a editorial Demipage para este poemario de Boris Vian, No me gustaría palmarla. O libro conta ademais con colaboradores de luxo para traducir os poemas, como Fernando Savater, Luis Antonio de Villena,  Luis Alberto de Cuenca, o cantante Javier Krahe e o músico Santiago Auserón. Entre os ilustradores, está Jochen Gerner ou Emmanuel Pierre.
A poesía de Boris Vian é provocativa, como o era toda a súa obra. Inventa palabras, búrlase de todo:

No estoy con la conveniente alegría
Para escribir poesías
Si fuera como antaño
Las haría más de grado
Pero me siento aviejado
Me siento muy serioso
Y más bien conciencioso
Y sobre todo me siento perezudo.

Pero ten poemas que se ri de si mesmo:

Yo quisiera
Yo quisiera
Ser un poeta de altura
Que la gente de Cultura
Por las nubes me pusiera
Lo que pasa 
Es que paso
De terminar sepultado
Entre papeles y libros
Tanto me importan los vivos
Que non me deja contento
Hacer rimas con el viento


Ou de toda a sociedade:

Todo fue dicho cien veces
Y mucho mejor que por mí.
Entonces cuando escribo versos
Me divierto
Me divierto
Me divierto, y me cago en vós.








01/09/14

Ante tus ojos

Demipage publica Ante tus ojos de François Matton, un cómic ben diferente, coido, por tratarse de contar historias diferentes, case inconexas, un voo de pensamentos, de ideas, de suxestións, a necesidade de compartir ese voo e plasmalo en imaxes e poucas palabras. Tan só nove viñetas por páxina, coma se dun poema ben medido se tratase, dando ritmo á composición. Con estas viñetas iremos no seu compás descubrindo o mundo, a vida e a morte, a soidade e a compañía, os sentimentos contraditorios, a necesidade de amar. Nos debuxos atoparemos dende os detalles máis ínfimos, cun zoom de alta capacidade, ata os inconmensurables, a fermosura do cotián que vivimos e ás veces esquecemos. Para iso hai artistas que nolo lembran.
Que temos diante dos ollos?

 

23/08/13

El librero

Aínda que me gustan os libros relacionados con libros e librarías, teño que dicir que este non me gustou. El librero está publicado por Demipage e é de Régis de Sá Moreira. O libro fala da curiosa relación que se establece entre o libreiro e os seus lectores dentro da libraría. O bo deste libreiro tan especial é que decide qué vender, posto que négase a ofrecer no seu establecemento "lixo", así que será un lector que devore os libros para logo vendelos, ou non. Chama a atención o tipo de clientela que vai visitar esta libraría e a vida que o libreiro mantén.
Pero, xa digo, a min non me conveceu. A ver a vós.
«Tomó al azar un libro de su estantería. Lo abrió por la primera página, empezó a leer y sonrió. Pasó la página, siguió leyendo y se dejó caer sobre su sillón para deslizarse hacia abajo y acabar sentado en el suelo. Su sonrisa se ensanchó. No se trataba de un libro divertido, de hecho, estaba muy lejos de serlo, pero aquel era el efecto que los libros causaban en el librero. Es más, ese era el motivo por el que se había hecho librero.»

08/04/13

Julia y el miedo

Demipage é a editorial responsable  deste pequeno álbum de Issa Sánchez-Bella: Julia y el miedo trata o medo infantil dun xeito cómico e orixinal, creo que efectivo. As ilustracións en branco e negro son moi expresivas e deixan moi clara a mensaxe final do texto: Miedo será un monstro ben bo que axude a espantar o medo.


10/03/13

Mi padre es mujer de la limpieza

Interesante libro publicado por Demipage: Mi padre es mujer de la limpieza de Saphia Azzeddine chama a atención xa dende o propio título. Recoñezo que cando o estaba a ler pensaba todo o tempo no alumnado, na lectura que eles tirarían do libro. Un libro que fala da dificultade de integración da inmigración, das diferenzas relixiosas, dos problemas económico, da iniciación ao sexo... sempre con moito humor, que é unha das virtudes que a autora amosa. E que dicir do final: pinchacarneiro cruel?
 Porque hai humor acedo, soez, violento, agre,  e todo el cheo de tenrura. Porque ao final, a sociedade é a que é e non podemos soñar con grandes cambios. Porque as ás que nos ofrecen ao nacer son extremadamente curtas e non dan para voar. Quizais haxa algún privilexiado a quen lle medren o suficiente, pero non é esa a cara crúa e real que nos ofrece a autora: vivimos onde vivimos e adaptámonos o que é incuestionable.
Fermosísima a relación  paternofilial que lemos. 
Apaixoante o esforzo do protagonista por devorar libros e dicionarios para alcanzar un nivel cultural que lle permita saír adiante e ter outras perspectivas. Un decorado ben negro onde só aducación é quen de constituírse en salvador.




10/09/12

La bombilla

Curioso álbum publicado por Demipage con texto de Elsa Fernández-Santos e ilustracións de Lidia Toga: La bombilla é case unha novela gráfica que fala de beixos e bágoas, de amores e perdas, en tres escenarios: cama, rúa, praza. Amor incomprendido e emocións que confunden. 
A perda do pai é un eixo fundamental.
Certamente estraño.



08/09/12

Mejor en el mar

Descubrín tamén este verán que a editorial Demipage publica algúns cómics, coma este de François Mutton Mejor en el mar. Ao non coñecer o traballo deste autor, chamoume moitísimo a atención que faga unhas viñetas minimalistas en branco e negro que ao mesmo tempo son tan expresivas porque acumulan ideas e poesía, xa que o texto lévanos por un mundo de soños e paixóns que os humanos posuímos e anceiamos tocar... e non damos. As páxinas están estruturadas en tres viñetas acompañadas dunha frase.
O protagonista é un personaxe indeciso, atormentado, que está hastiado da súa vida e desexa vivir sobre o mar nun barco construído por el mesmo, pero isto non é tan doado como semellaba.


02/09/12

¿Y si pongo una palabra?

Cantos anos pasaron dende que o meu prezado compañeiro de Departamento no IES do Carballiño, onde comecei a traballar, me regalou unha cinta de Antonio Vega? Cinta que me acompañaba no coche, naqueles longos percorridos por estradas desertas que me levaban cada día ao traballo. Tantos, tantos anos! E agora topo este libro publicado por Demipage xa no 2009, ano en que el nos deixou. De feito, o libro estaba rematándose cando el faleceu, o seu último proxecto.
Non podo ler ¿Y si pongo una palabra? de Antonio Vega como un libro de poesía calquera. Váiseme a cabeza ao ritmo e en lugar de ler, tarareo. Pero que letras! Son 27 poemas os que se recollen, algúns convertidos en caligramas, cun deseño que lles confire personalidade. Gústame, sempre me gustou. Coa súa voz, e sen a súa voz. Porque el cantaba poesía.


Un momento en un agenda,
una décima de segundo más.
Vuela, va saltando de hoja en hoja
mil millones de instantes de que hablar.

Una ráfaga de aire frío,
un molino de viento hace girar.
Sigue, va rodando sobre su eje
describiendo una trayectoria más.

Y es que no hay nada mejor que imaginar,
la física es un placer.
Es que no hay nada mejor que formular,
escuchar y oir a la vez.
Mide el ángulo formado por ti y por mi,
es la solución a algo muy común aquí.

Ahora tú no dejes de hablar,
Somos coordenadas de un par.
Incógnita que aún falta por despejar.

Busca un libro que diga "como",
luego otro que se titula "si",
un tercero llamado "nada",
es la forma del círculo sin fin.
Y es que no hay nada mejor que revolver
el tiempo con el café.
Es que no hay nada mejor que componer
sin guitarra ni papel.
Paralelas, vienen siguiéndome.
Espacio y tiempo juegan al ajedrez.

Ahora tú, no dejes de hablar.

01/07/12

Wamba e a viaxe do mel


Veño de descubrir que a editorial Demipage publicou este pequeno álbum ilustrado na nosa lingua no ano 2005. Un libro que nos achega ao drama da inmigración da man das ilustracións de Graciela García e Silvia Camacho e o texto de David Villanueva. Wamba e a viaxe do mel mestura inocencia con crueldade, esta última a nosa, a dos europeos, que somos indiferentes ante o despilfarro  e o sacrificio. Estamos ante un libro en pequeno formato pero de grande calada que xoga coa burla e a tristura: "alguén di que a súa pel é doutra cor". Un álbum que non é infantil pero que servirá para achegar aos máis pequenos a un drama de difícil solución, aínda que esta semella fácil ao final do libro.
Un álbum moi visual grazas ás ilustracións cheas de cor que ocupan toda a páxina e que mesmo precinden do texto por ser innecesario.

09/06/12

El árbol rojo



Descubrín este libro de poesía grazas a Carlos Negro: El árbol rojo é un libro de "Versos para ceremonias laicas. 40 poetas ponen voz a nacimientos, bodas y funerales". Así que maxinade que útil pode resultar este libro publicado por Demipage. Andrés Rubio reúne corenta poetas de todas as épocas con máis de sesenta textos para estas ocasións, entre os que destaca a presenza de Whitman, incluíndo a lectura de Séneca, Rilke, Kavafis, Cummings...
Preciosa reivindicación do espazo laico a través da poesía que inclúe música clásica propicia para esas ocasións.
Elixo hoxe un poema de adeus, a elexía que W. H. auden adicou ao seu amante morto por ser un poema preferido dunha amiga:

Detened los relojes, descolgad el teléfono,
 Haced callar al perro con un hueso jugoso
 Y silenciad los pianos; con tambor destemplado
 Salga el féretro a hombros, desfilen los dolientes.

 Den vueltas los aviones con vuelo inconsolable
Y escriban en el cielo las nuevas de su muerte,
Que lleven las palomas crespones en sus cuellos
Y los guardias de tráfico se enfunden negros guantes.

 Era mi Norte y Sur, mi Oriente y Occidente,
 Mi día laborable y mi domingo ocioso,
 Mi noche, mi mañana, mi charla y mi canción;
 Pensaba que el amor era eterno; fui un crédulo.

 No queremos estrellas; apagadlas de un soplo;
Desmantelad el sol y retirad la luna;
Talad todos los bosques y vaciad los océanos;
Pues ya nada podrá llegar nunca a buen puerto.

25/01/12

Cien mil millones de poemas


Tivestes este libro nas vosas mans? Se a resposta é negativa, suxírovos que vaiades a unha libraría e o busquedes: necesitades velo para gozalo. Non, non é un álbum ilustrado: é a maxia da poesía recortada. Esta Homenaxe a Raymond Queneau publicada pola editorial Demipage contén nin máis nin menos ca Cien mil millones de poemas. Non. Non ten mil páxinas. Tedes que averiguar o como e o por que.
Jordi Doce, Rafael Reig, Fernando Aramburu, Francisco Javier Irazoki, Santiago Auserón, Pilar Adón, Javier Azpeitia, Marta Agudo, Julieta Valero e Vicente Molina Foix son os encargados de realizar os poemas para esta particular homenaxe. Jordi Doce escribe o primeiro soneto que servirá de modelos para os demais: débese respectar a rima.
O libro non só é unha homenaxe a Queneau, serve tamén para nos lembrar que a literatura é un xogo que dá auténtico pracer ao lector ou lectora que se atreva a xogar con ela. Só hai que intentalo! Con el, un convértese nun poeta que xoga cos versos rimados, perfectamente construídos en alexandrinos, deixando que a nosa propia sensibilidade constrúa o poema perfecto.

Cien mil millones de poemas. Demipage from Demipage on Vimeo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.