Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta África. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta África. Amosar todas as publicacións

15/11/18

Con voz

¡África tiene voz! - Sani Ladan, activista africano por los Derechos Humanos sobre migración


27/03/18

Masaka Kids Africana Dancing I Love You Africa

29/03/17

Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo


Da mesma autora da que falamos onte, Chimamanda Ngozi Adichie, temos estoutro libriño que vén de saír do prelo: Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo en Random House. Un pequeno manual para unha amiga que vén de ter unha nena, un libro con sentido común que a autora desprega en 15 suxestións para educala como se debe, é dicir, educala na igualdade. Estas suxestións pasan por varias reflexións, como algo que a priori podería semellar tan evidente como non dicirlle a unha nena que non pode facer algo por ser simplemente iso, nena; fala dos prexuízos sociais, das cores da roupa, dos xoguete, da maquillaxe, da sexualidade.
Fala de Educación, con maiúscula, porque esa palabra leva dentro outras moitas, como respecto, amor, lectura, interrogantes, dignidade. A autora, cuestionando a linguaxe, os roles de xénero, o matrimonio ou a obriga de gustar defende así a Educación. Fala asemade, para criticalo, do "feminismo light", ese que se exerce dende a benevolencia masculina pero que non pasa a proba esencial: o cambio de suxeito
 Chama a atención como esta autora fala de racismo e de sexismo e fai fincapé en que este último fai moito máis dano. Ela, que saber o que é ser muller e negra, recorda ademais como o mundo está feito dende unha óptica branca, dende un pelo liso, dende unha estética afastada. Esa estética que non se debe procurar por ser allea.


«Ser feminista es como estar embarazada: lo estás o no lo estás; o crees en la plena igualdad entre hombres y mujeres o no».
 

27/03/17

Tecnoloxía e violencia contra as mulleres en Congo

27/11/16

Non á violencia contra as mulleres (CDXCII)

 Mamá África

"Por una tecnoloxía libre de conflito e violencia sexual cara as mulleres da R. D do Congo". Beleza e ritmo neste "Mamá África".
Grazas, Celia.

16/08/16

Yegna

A música é un xeito de reivindicadr os dereitos das mulleres. De aí que Zebiba Girma, Selome Taddesse, Lemlem Hailemichael, Melat Kassahun e Rahel Getu, cinco mozas etíopes que se coñecen baixo o nome de Yegna (que significa "nosoutras" en amárico), formasen un grupo de música impulsado pola ONG británica Girl Effect.
Cal é o seu obxectivo? Crear conciencia e reivindicar os dereitos das mulleres etíopes, falando daqueles problemas aos que se enfrontan: matrimonio infantil, mutilación xenital, difícil acceso á educación, violencia de xénero... E farano coa súa música e creando un programa radiofónico de ficción, unha especie de radionovela feminista con estes personaxes: unha moza que vive na rúa, unha estudante, unha moza introvertida, unha moza que debe facer os labores da casa e outra que vive cun pai violento. O éxito deste programa non deixa lugar a dúbidas: ten unha audiencia de cinco millón de persoas.




Visto en En femenino

24/06/16

Kwaku Ananse

Curta de Akosua Adoma Owusu que en 2013 obtivo o Africa Movie Academy Awards.


Kwaku Ananse, 2013 from Obibini Pictures LLC on Vimeo.

07/04/16

Blues do Sáhara

Visto en "El País":

Aziza Brahim
A artista reivindica coas súas cancións a resistencia pacífica dun pobo que quere exercer o seu dereito á autodeterminación




19/01/16

Darwin’s Nightmare



Documental de produción australiana, francesa e belga que narra os efectos sociais e naturais da industria da pesca preto do Lago Vitoria en Tanzania. Descríbese como serve para encubrir negocios ilegais como a prostitución e o tráfico de armas. O director explícanos a relación que hai entre os desastres naturais e os sociais.
O pesadelo de Darwin
La pesadilla de Darwin


12/12/15

El laberinto marroquí

Grazas, Eladio.

Magnífico documental sobre a 'colonización' española do Rif, que rematou coa participación de marroquíes (Regulares) na Guerra Civil no bando fascista. Un proceso fundamental na historia contemporánea de España, que merece un coñecemento maior por parte da poboación.
A través de testemuños directos e da opinión de historiadores o documental transpórtanos por esta historia cruel, violenta. Como di o propio director: "Es una historia de muerte, una historia de sangre. Allí iban a morir los hijos de las familias trabajadoras. Pobres que iban a matar pobres." Coma sempre.

EL LABERINTO MARROQUÍ [doc. completo] from Intermedia Producciones on Vimeo.

14/08/15

El peligro de una sola historia

O outro día mentres procuraba información sobre a autora, topei este seu vídeo:

As nosas vidas, as nosas culturas, están feitas de moitas historias interrelacionadas. A novelista Chimamanda Adichie conta como atopou a súa voz cultural auténtica e advirte que se só escoitamos unha historia sobre unha persoa ou un país corremos o risco de caer nunha incomprensión grave: "Cando rexeitamos a historia única sobre un lugar recuperamos o paraíso".


18/11/14

Erradicar a caza ilegal en África

Jackie Chan comprometido contra a caza indiscriminada de animais salvaxes en África nunha campaña da Fundación Vida Silvestre de África, na procura de deter o comercio ilegal da venda de corno de rinoceronte.


Watch more La Venta videos on Frequency

08/07/14

Reparto africano




 O reparto de África, sen falar das guerras civís que o propio sistema encárgase de financiar e perpetuar para quedar cos seus recursos. Levamos séculos esquilmando este continente, ata esgotalo. E impedimos aos seus habitantes que busquen unha vida "mellor" en Europa.
 Grazas a Begonha Caamanho

07/10/12

Palabras de auga

Volvín con ilusión a este texto medianamente coñecido e rematado extraordinariamente. Marcos Calveiro consegue con Palabras de auga o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012; está publicado por Xerais e conta coas ilustracións de Ramón Trigo
Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia. E, de fondo, a dor máis profunda, o sufrimento de perder un ser querido sen ser a morte quen cause este sentimento; porque hai moitos xeitos de morrer, ou moitas maneiras de marchar. E nese fondo, dicimos, está a guerra, a explotación, ese lado do ser humano que nos achega aos animais para esquecérmonos de sentimentos e corazón. E xunto a este maremagnum de argumentos, temos un protagonista, Amadou, que debe medrar aprendendo que o sufrimento da nai é imprescindíbel para protexelo, que o proteccionismo afastado do pai é un xeito de educación, e que a valentía forma parte intrínseca do ser humano e revélase cando menos un a agarda. Noutro plano, asemade, as mulleres como pedra angular da tribo, como mestras caladas e sufridas, como sustento de futuro.
E aínda que estamos ante un libro "infantil", ollo!, será necesaria unha lectura profunda e atenta antes os continuos flashbacks que van artellando a historia. Unha historia necesaria, sen idade.


23/09/12

Non á violencia contra as mulleres (CCLXXV)

A nova Constitución de Somalia prohibe a mutilación xenital feminina. Constitúe o primeiro paso para erradicar esta práctica, pero seguen sendo necesarias medidas educativas, de toma de conciencia e previsións legais. A pesar da medida legal, moitos homes e mulleres opoñeranse por cuestións de cultura, relixión ou castidade. Os homes non queren casar con mulleres que non sufrisen esta aberración.
En Somaila a mutilación feminia máis usual é a infibulación: remoción de parte do clítoris, labios menores e labios maiores e a costura ou estreitamento da abertura vaxinal.
Hai estatítistica que aseguran que entre 100 e 104 millóns de nenas viven mutiladas xenitalmente, 92 millóns delas en África. O que provoca mortandade infantil, complicacións obstétricas e hemorraxia post-parto. Asemade, semellas que estas mulleres son máis proclives a enfermidades mentais como a desorde do estrés post-traumático.


Vía

06/09/12

Deogratias

Publicado por Planeta, un cómic que se desenvolve en África e está protagonizado por africanos: Deogratias de Stassen. Estamos en Ruanda, lugar onde sucedeu un dos peores xenocidios da historia. A narración sitúase antes e despois deste, explicando as causas e amosando as consecuencias, co efecto tráxico no pobo que alí vive. Dá voz á incomprensión e ao horror, sen recrearse nel. Así, con flashbacks, asistimos á semente do odio: a rutura entre tribos hutus e tutsis. E entre todos eles, o protagonista, un home degradado case animal que se sente coma un can, un home que vai caendo na loucura e que forma parte activa e pasiva do que alí aconteceu. O dramatismo, que está presente ao longo de toda a obra, só se observa ao final da mesma.
Destaca o debuxo e o ambiente tan ben retratado, con imaxes nocturas e diurnas perfectamente diferenciadas en tons e trazos.


19/08/12

Living Darfur

04/07/12

O tamaño si importa



Kai Krause realiza unha contribución á loita contra o que el chama “immappancy”, é dicir, a insuficiencia de coñecemento xeográfico con este mapa de África, onde outros continenes e países superpostos dan idea do seu tamaño real. Nos mapas que utilizamos normalmente aparece máis pequena do que é. E se non, mirade o mapa que fixo Arno Peters para reflectir a nosa idea errónea de que os países do hemisferio norte son maiores cós do sur.

Premede na imaxe para aumentala e ver as cifras.




29/02/12

Os koma en Camerún

Durante o século XVIII, os Koma comezaron un longo percorrido dende a zona do lago Chad até chegar ao val de Faro. Os kanuri do Imperio Kanem Bornu bautizáronso co nome de pobo perdido pola súa longa diáspora en busca de novas terras onde asentarse. Coa invasión peul do século XIX, moitos Koma refuxiáronse nos montes Alantika onde construíron vilas e cultivaron as ladeiras. Actualmente, uns 30.000 koma seguen habitando este illado macizo saheliano na fronteria de Camerún con Nixeria, vivindo tradicionalemente en torno aos ciclos agrícolas.

19/02/12

Seísmos


Javier Puche xuntos coas ilustracións de Riki Blanco, publica en Thule Seísmos: mini contos de seis palabras, contos mínimos que din render tributo a Ernest Hemingway por ser el o primeiro en escribir un na historia: For sale, baby shoes, never worn (Vendo zapatos de bebé, sen estrear).
Non vos deixará indiferente.

Seísmos - Thule Ediciones from Sergio Blecua on Vimeo.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.