Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Andana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Andana. Amosar todas as publicacións

23/02/16

Volando voy

Rob Biddulph é autor de Volando voy, álbum ilustrado publicado por Andana. Un libro divertido, rimada, onde uns personaxes voan grazas a un papaventos mentres procuran a volta ao fogar. Porque é neste lugar onde mellor nos atopamos, onde sentimos un frío que nos arroupa e unha sensación de seguridade que non atoparemos en ningún outro lugar. Mesmo a familia é declarada "zona de interese", porque aínda que a aventura de viaxar supón unha incrible experiencia, chega un momento en que os personaxes infantís precisan da xente querida.


01/07/14

Léeme

 
Precioso! Este álbum de Amaia Crespo e Paula Bonet publicado por Andana leva por título Léeme e unha incursión no maxín literario, unha versión dunha Alicia que tanto se cuestiona que é incapaz de durmir e por iso debe indagar a orixe e a fin das súas preguntas. Guiada por un peluche -símbolo do coello- topará dúas persoas que fan libros sobre preguntas e respostas, pero tamén topará a eiruga comelibros... que medo! Realidade e ficción mesturados agardando polos lectores. Un xogo tipográfico e textual con marcapáxinas incluído.
As ilustracións, cadros de acuarela, unha obra de arte que ocupan todo o espazo dunha páxina para acompañar o texto expresivamente.
Un álbum que é unha homenaxe á Literatura.


21/05/14

Siempre te querré

 
Un dos álbums sobre a maternidade -e a paternidade- máis tenros que coñezo é este clásico de Robert Munsch con ilustracións de Noemí Villamuza (unha ilustradora que forma parte das miñas debilidades) e que publica a editorial Andana: Siempre te querré. Seica este título corresponde a unha canción orixianl que o autor escribiu para lembrar aos seus dous fillos nados mortos. Cantábaa para recordalos e logo decidiu facer un relato a partir dela. O libro é unha historia de amor, de Amor sublime, ese que unha nai sente por un fillos dende que nace ata a morte. Un bebé que medra, que se vai facendo máis grande cada vez ata que se fai un home e forma unha familia, pero o amor prevalece. E ese home seguirá a tradición e fará o mesmo co seu fillos: amalo sobre todas as cousas. Porque o álbum é sobre todo un canto ao Amor Incondicional.
Así que maxinade como me gustou, en plena crise do niño baleiro!



Siempre te querré,
siempre tendrás mi cariño.
Mientras yo esté contigo,
siempre serás mi bebé.



Versión anterior:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.