Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Zendrera Zariquiey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Zendrera Zariquiey. Amosar todas as publicacións

18/09/14

Un día, un perro

Fermosísimo álbum sen palabras de Gabrielle Vicent publicado por Zendrera Zariquiey: Un día, un perro é un libro que trata o abandono dos animais por parte dos seus donos. Unha historia, desgraciadamente, demasiada cotián que é aquí contada en branco e negro a carboncillo.  Aínda que o final é esperanzador, demasiado, diría eu, a historia é angustiosa. Por real. Porque a desolación e a tristura reflíctense perfectamente no debuxo, un debuxo dun can que salienta no espazo en branco, con moi poucos elementos que xogan coa suxestión do lector e a barbarie do momento: un espazo sen referencias, a perda.





25/05/11

Fips no entiende el mundo

Malia que a priori puidese ser un álbum que non me chamase a atención, porque as ilustracións semellan moi infantís, interesoume polo contido: o subtítulo di "Cuando los padres se separan". Un novo xeito de achegar aos máis pequenos a soidade que estes poden sentir cando se produce a separación dos pais. Unha editorial totalmente descoñecida para min, Zendrera Zariquiey, Fips no entiende el mundo é de Jeanette Randerath con ilustracións de Imke Sönnichsen. Unha historia de cans moi humanos onde o relato serve para contemplar todos os sentimentos que un neno pode chegar a sentir, pois non só de soidade podemos falar; aí está a frustración, a rabia, a tristura, a culpabilidade, a impotencia, o medo, e as dúbidas constantes sobre a nova situación que se está a vivir.


El viejo Bruno estaba sentado delante de su caseta y observaba todo lo que sucedía a su alrededor. Conocía a todos los perros que vivían en la calle. «Qué distintos son todos», pensaba Bruno. Había perros grandes y pequeños, gordos y flacos, jóvenes y viejos. Podía ver de qué humor estaban con sólo fijarse en la punta de la nariz. Si estaban contentos y felices, o si estaban tristes.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.