Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Gadir. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gadir. Amosar todas as publicacións

11/07/15

Lo mejor del mundo son los niños

Gadir publica con ilustracións de Teresa Novoa este fermoso compilatorio poético de Fernando Pessoa: Lo mejor del mundo son los niños recolle poemas para espertar, poemas de amor ao río, a libertade, os monstros que poboan a infancia... un abano de sensacións que ademais conta cun fermoso traballo de ilustración e unha boa edición. Pomeas para nenos e nenas que son pinceladas de mestría e tenrura.
Precioso.



Canciones para despertarse, odas a su amado río Tajo, pompas de jabón hechas de filosofía, la historia de un estornudo, el placer de la libertad, la identidad de los verdaderos monstruos... todo el abanico de las intangibles sensaciones humanas son descritas en este bello libro. Acceder a un libro del gran Fernando Pessoa (1888–1935) siempre constituye una excelente idea. En este caso, a un libro bellamente ilustrado y magníficamente editado, en el que el autor de El libro del desasosiego dedica su brillantez y sensibilidad a niños y niñas, en una serie de poesías deliciosas en las que el autor portugués parece querer regalarnos pinceladas del niño que llevó dentro. - See more at: http://www.canallector.com/8643/Lo_mejor_del_mundo_son_los_ni%C3%B1os#sthash.pXuLZfyQ.dpuf

24/07/14

Bibliomanía

 
A editorial Gadir tráenos este primeiro relato do escritor Gustave Flaubert con ilustracións de Marcos Morán: Bibliomanía foi escrito por un Flaubert de 15 anos. O protagonista é un monxe libreiro cunha soa obsesión: os libros. E será esta obsesión quen faga que posúa unha importante colección de libros raros que el considera auténticos tesouros. E na súa procura chegará a cometer todo tipo de actos... o cal pode facerme reflexionar se eu tamén podería chegar ata este estado de loucura bibliófila!!!
O personaxe só está descrito en función da súa obsesión polos libros, mentres que o seu antagonista tan só estará perfilado, polo que nos deixa intrigados polas súas propias razóns obsesivas.
Desde logo, o libro ten o dobre valor de coñecer o primeiro escrito dun autor tan importante como foi Flaubert e de mesturar unha acción real acaída en Barcelona co seu propio maxín.

09/02/13

La famosa invasión de Sicilia por los osos

Curiosa esta lectura que chegou ás miñas mans, un relato de Dino Buzzati que xa é un clásico para todas as idades: La famosa invasión de Sicilia por los osos está publicado pola editorial Gadir. Unha metáfora imaxinatriva sobre o valor, a amizade, o poder, a dignidade e sobre todo, sobre a necesidade de ser un mesmo en calquera circunstancia, e de como debemos valorar o que somos e non o que posuímos; o perigo de que o material nos cambie e deteriore ata chegar a estragar todo aquilo no que criamos e o que desexabamos.
Estrutura orixinal asemade para un libro que comeza cunha curiosa presentación dos personaxes e mesmo dos escenarios, incluíndo poemas que poden servir como explicación ou como introdución.
Así pois, segue a ser actual este libro de 1945 que foi reeditado no 2007 cunha moi coidada publicación onde destaca a calidade do papel e as ilustracións do propio autor. Estas son detallistas e tenras.

Agora veño de saber que este libro estivo publicado por Kalandraka e que agora mesmo está esgotado. Ogallá fagan a reedición e poidamos coñecer na nosa lingua estes clásicos que non deben desaparecer.

05/07/10

Historia de una anguila


Se entrades nunha libraría, vedes un libro con esta forma, é de Chéjov, está ilustrado e está editado por Gadir, que facedes? Pois iso mesmo fixen eu, traelo para a casa.
Preciosa edición (en formato apaisado) deste conto de Antón Chéjov con ilustracións de Eugenia Ábalos: Historia de una anguila é un relato humorístico cunhas ilustracións fermosísimas que acompañan a un texto sinxelo e caricaturesco; son os diálogos case surrealistas os que desenvolven unha situación chea de comicidade que permite ao lecto, dado o absurdo da situación, intuír o final.


16/09/09

El secreto del Bosque Viejo

Non é unha novela, é un conto; un conto fantástico onde os homes falan co vento, cos trasnos do bosque, cos animais. Unha fábula marabillosa ou unha poesía impresionante. Así é o libro de Dino Buzzati, El secreto del Bosque Viejo. Un libro que tod@s os adultos deberiamos ler para recupar a maxia que seguramente perdemos co paso dos anos. Algo ao que se nos invita desde as páxinas máxicas do libro.
A maldade máis cruel será moldeada e recortada polas fantásticas figuras que poboan un Bosque, onde nada é o que semella, e onde as criaturas non humanas demostrarás que a humanidade é máis importante que calquera outra cousa; pero para isto debemos deixar atrás a avaricia e a envexa, mesmo debemos deixar que a infancia, con toda a súa bondade, viva en nós para sempre. Só así poderemos entender o que esas criaturas nos queren comunicar.
Un fermoso conto que non esquece o misterio e a maxia das fábulas tradicionais. Aínda que si esquece a posible fórmula de rematalos: ese final feliz que neste relato sería incomprensible. Lédeo, soñade, volvede ser pequerrechos e disfrutade da maxia da escrita ben feita.


19/03/08

El librero de Selinunte


El librero de Selinunte de Roberto Vecchioni é o último libro que lin... canto tempo sen ler! Esperaba moito máis del, porque lera unhas críticas boísimas, e sempre sucede o mesmo: é mellor achegarse sen referencias.
É un conto, unha metáfora sobre as palabras. Como sen os libros non somos ninguén, porque sen eles perderiamos o poder evocador das palabras. O libreiro é un individuo sublime que sementa as palabras sen preocuparse do lugar en que caen. O malo é que a xente ten tanto recelo ao diferente que se sume na súa propia ignorancia. Todos agás o protagonista, contador da historia, único nese mundo sen verbas; só el terá capacidade para gardar para sempre no seu interior o poder que confiren as palabras, xa que os seus conveciños renegaran delas ata caer na existencia pobre do que vive sen elas.
Este libro é un canto á palabra, ao amor que sente este escritor por elas, un canto aos libros e a todas as historias escritas neles que nos contan a vida e a existencia atravesando o tempo e as épocas.
Como sería a nosa existencia sen palabras? Sen poder expresar o que sentimos, o que nos sucede, o que queremos contar? O cariño, a ira? Cantas situacións pode cambiar unha palabra?



12/09/07

Hace mil años que estoy aquí

Hace mil años que estoy aquí, esperándote, parecía dicirme antes de comezalo. Unha vez aberto, non fun quen de parar a súa lectura.

O Día do Libro, mentres lía o xornal no que facían entrevistas a pé de rúa preguntando polos libros preferidos, libros coñecidos, persoas anónimas, de súpeto, libro descoñecido, persoa coñecida: era Colmeiro quen recomendaba este libro no xornal. E, sen dubidalo, fun mercalo. E acertou. Déixase ler con pracer.

Na tradición das grandes sagas, Hace mil años que estoy aquí é unha novela coral, narrada con un ritmo áxil e absorbente. Percorre 130 anos de historia da familia Falcone desde a unificación italiana ata a caída do muro de Berlín, pasando pola chegada do fascismo e a posguerra. Amor, fame, miseria, abnegación, guerras, emigración, entreveran ducias de historias coma se fosen unha soa. Un libro que dende lonxe nos lembra Cien años de soledad de García Márquez. Destaca case sempre o papel da muller, que parece escribir a historia máis alá das circunstancias cambiantes.

Candida se sentía cada vez más absorta con sus historias. El pasado y el futuro se la disputaban. Su presente se hacía cada vez más fino, como una membrana que estuviera a punto de romperse. Me parece que hace mil años que estoy aquí, decía por la mañana (...) Veo todo diferente, mirando a su alrededor con curiosidad. Todo cambiado. Antes el mundo era muy fácil, ahora ya no se entiende nada, lo que estaba en el cielo ahora está en la tierra, y lo que estaba en la tierra ahora está en el cielo (...) había tapizado la casa de papelitos que le servían para orientarse en el espacio y aún más en el tiempo, vigilando a los muertos que, cada vez con mayor insistencia, venían a mezclarse con los vivos hasta que ya no podía diferenciarlos...

Juntos, un día de salida, entraron por casualidad en una librería que vendía libros usados. La literatura no les había interesado nunca especialmente, pero un pequeño volumen con la cubeirta gastada atrajo su atención a causa del título (...) Desde entonces, volvieron todas las semanas. Revendían un libro y compraban otro. Conocieron así un mundo que no habían siquiera imaginado nunca...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.