Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Hércules de Ediciones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hércules de Ediciones. Amosar todas as publicacións

17/04/17

O oso e o piano

En Hércules ediciones atopamos este libro de David Litchfiel co título O oso e o piano, un álbum de calidade que recibiu numerosos premios como o Waterstones como Mellor Libro Ilustrado 2016.  Un libro que fala sobre todo de amor, amor pola música pero tamén pola familia e polos amigos, máis alá de calquera ambición ou egoísmo. Por iso o texto é sobre todo lírico e delicado, un libro que lemos cal partitura musical, xa que tanto a ilustración como o texto está impregnado de sensibilidade e refinamento.






18/05/16

Será correcto?

Sempre recordo cando, nunha excursión desas de varios días que mestres e mestras tolas facemos, comenteille a unha nena -unha moza exquisita, educada, sensible, estudosa- que non debía sentarse así á hora de comer, amosándolle o xeito correcto; ela miroume en fite e contestoume que xamais nunca ninguén lle dixera nada diso. Así que ao recibir este libro de María Canosa e Concha Blanco que publica Hércules edicións baixo o título Será correcto? acordeime dela e da utilidade que nos presenta este libro para determinadas ocasións -nalgunhas non estou moi de acordo, pero tamén as autoras deixan clara a súa postura ao respecto-. Un libro de carácter divulgativo que achega as normas de respecto a toda a poboación dun xeito desenfadado e ameno, fuxindo do protocolo de alto "stánding" e ao que acudir en moitas ocasións para non caer en malas educacións na vida cotiá. As últimas páxinas ofrecen un exame de contidos para traballar transversalmente estas temáticas en ámbitos docentes.
O libro conta coas ilustracións de Paula Mayor.

16/06/13

O león e o pastor

Comeza Hercules de Ediciones unha nova colección "Os imperdibles de Hércules". Desta volta temos O león e o pastor, adaptación de Carrmen Ferreira Boo: as vidas dun león e dun pastor que se cruzan para nos ensinar e lembrar que os bos actos e as boas persoas, ao final, vencen. Difícil de crer na sociedade actual, a verdade.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.