Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Parramón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Parramón. Amosar todas as publicacións

14/10/10

Frankenstein


Adaptación do clásico Frankenstein de Sergio A. Sierra con ilustracións de Meritxell Ribas, publicado por Parramón, paréceme, sinxelamente, boísimo. As ilustracións son alucinantes, negras, escuras, coma o propio relato: as caras, os xestos, o ambiente... Leo que os debuxos están baseados na técnica do "gratagge": raspar a cor negra para así debuxar co branco. Nin idea. O que si é certo é que conseguen unha atmosfera atormentada, gótica, ideal para acompañar o texto. Un texto que consegue ser unha respectuosa adaptación.
Máis que recomendable.



03/12/09

Cuna de cuervos

Cómic totalmente desolador e impresionante. Con texto de María Zaragoza e ilustración de Dídac Plà, Cuna de cuervos, é un novo concepto de novela gráfica que nos adentra no mundo da soidade e da inxustiza, do que queremos ser e non somos, da necesidade de ser amados, da insolidariedade e da morte. A literatura, de fondo. Un fondo que non deixa de nos sorprender por esa necesidade de acudir á obra narrada, á mente que maxina, ao loco que enferma por tanto ler... E a morte, sempre a morte, ou a vida non vivida, pululando detrás das palabras, das imaxes, da tristura.
Un libro que vos recomendo. E que, ademais, poderiamos telo incluído na Guía de Violencia de Xénero de telo coñecido con anterioridade...

“…Él dijo que llevaba viéndote por la calle desde niño, con esa mitad quemada tuya y ese pelo cubriéndote sólo media cabeza. Y ese ojo seco y el otro, inteligente y vivo. Y pensó que eras perfecta. Que podrías entenderle porque estabas viva y muerta al mismo tiempo.“


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.