Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Pintar-Pintar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintar-Pintar. Amosar todas as publicacións

24/02/16

Lleva un libro en la maleta

Na editorial Pintar Pintar topamos este álbum solidario de Virginia Read Escobal e Lucia Sforza: Lleva un libro en la maleta é unha asociación cultural que recolle libros e material escolar para levalos á República Dominicana. O libro conta a historia dunha nena dominicana que emigra ao noso país e que cando vai de visita quere levar un libro para a súa antiga escola, xa que é o que máis admira da escola de aquí: a posibilidade de ler que ofrece a biblioteca escolar e da que alí carecen. Así que estamos ante unha fermosa historia que fala da importancia da lectura e do valor da amizade, así como de interculturalidade e solidariedade.


 "¡un libro vale para todo! Con los libros viajas, con los libros sueñas, los libros te protegen, te acompañan...". 

 

03/08/13

Versonajes

Publicado por Pintar-Pintar, Versonajes é un poemario ilustrado de Aurelio González Ovies con ilustracións de Ester Sánchez. 23 poemas que falan de persoas reais ou fantásticas, pero todas elas tenras: nais que choran coas cebolas, bruxas con vasoiras sen pilas, avoas enxeñeiras... e moitos máis!
Cada poema acompáñase dunha ilustración da que forman parte os versos e as palabras, xogando coa súa colocación, por iso haberá versos convertidos en rodas, dentro dunha botella... As ilustracións son chamativas entón non só por isto senón tamén porque a fórmula empregada é a base de puntos.
Precioso!


"Cualquier libro es tan extraño
que nos sorprenden sus cosas,
puedes chocar con sombreros
que escapan de las palomas.
O tropezar con bandidos
que regalon lo que roban"...


 

07/02/13

Vivo en una casa malva

A coñecida como "Casa Malva" pola cor das súas paredes é un edificio de Xixón que serve de refuxo ás mulleres vítimas de maltratos, así como aos seus fillos e fillas. A vida destes é o álbum que temos nas mans, publicado pola editorial Pintar Pintar, con texto de Iris Díaz Trancho e ilustracións de Feliciano García Zecchin. Vivo en una casa malva conta a historia dun deses rapaces maltratado pola vida que atopa refuxo nesta casa


29/01/12

Loles


Da editorial Pintar Pintar, este álbum ilustrado con texto de Aurelio González Ovies e ilustracións de Julio Antonio Blasco, Loles, é unha revoltillo de imaxinación e realidade: que é real de todo canto acontece? É todo posible? En calquera caso, o álbum é unha invitación a seguir adiante, a crer nos soños, a superarnos, a comprender que nós decidimos. As ilustracións, tenrura a mans cheas, de gran fouteza visual que enche de borróns delicados os poemas textuais.


14/08/10

Daniela

Poesía ilustrada para nenos e nenas. Daniela é unha publicación da editorial Pintar-Pintar.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.