Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/08

Cuestión de talento

Non me puiden reprimir. Recoñézoo! Quedei tan abraiado con este video que vinme na obrigación de mostrárvolo. Un pianista moi especial, sen dúbida. Haiche xente ben virtuosa!

Agardo que a miña amiga e copropietaria de blog non me berre pola miña ousadía cando regrese da súa viaxe por Le France...

Xeometría e area

Durante os últimos dez anos, o artista neozelandés Peter Donnelly baixa cada domingo á praia de New Brighton para plasmar a súa particular forma de ver o mundo. Día tras día, Donnelly entra nunha especie de éxtase e adícase a trazar liñas e espirais, debuxos xeométricos que a agua vai devorando sen piedade. "Non o fago por cartos, nin por fama", asegura. "Ás veces alguén interesase por un debuxo. ¿Que é? - pregúntanme. E eu dígolles: area".
Arte ou matemática efímera?

Vía Fogonazos

10/03/08

Non á violencia contra as mulleres (XXXII)

A diario miles de nenas de todo o mundo son agredidas de camiño á escola ou cando están nela. Algunhas sofren ameazas de agresión sexual doutros estudantes, hai profesores que ofrecen notas máis altas a cambio de favores sexuais, e incluso son violadas na escola.
En Estados Unidos, o 83 % das estudantes de 12 a 16 anos sufriron acoso sexual. En Sudáfrica, unha terceira parte das violacións de nenas foron cometidas por profesores. En Tanzania, 14.000 nenas foron expulsadas nos últimos anos por quedarse embarazadas. En Xamaica, Togo, Nicaragua, Haití ou México, o acoso sexual está xeralizado na escola.
O resultado é que innumerables nenas non chegan a ir á escola ou abandoan os seus estudos.



Amnistía Internacional fai un chamamento mundial para por fin áa violencia contra as nenas nas escolas. Contamos coa túa colaboración. Actúa!!

Preme na imaxe para apoiar esta campaña

Publicidade imaxinativa

Unha nova mostra de publicidade de calidade na que a informática e a música se funden para lograr un resultado maxistral.
Agardo que vos guste...

09/03/08

Vale máis unha imaxe...

Esta foto foi tomada aos camelos no deserto. É considerada unha das mellores do ano e foi publicada por National Geographic. Os camelos son as liñas brancas, a forma negra que vemos é a sombra!!!
Persoalmente, creo que é una imaxe absolutamente espectacular. Que opinades?


Pola Igualdade da Muller (XXI)

Moitas grazas Charo (Mesturas) polo teu agasallo...

08/03/08

Pola Igualdade da Muller (XX)

Ata o día 23 de marzo pódese contemplar en diferentes distritos de Madrid a exposición «Dibujantes por la Igualdad de Género» na que distintos debuxantes de todo o mundo ofrecen distintas viñetas inéditas tanto en prensa como na rede relacionadas con esta temática. Aquí podes ver algunhas delas:

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER (Pola Igualdade da Muller XIX)

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

07/03/08

Pola Igualdade da Muller (XVIII) Na antiga Grecia

Algunhas persoas téñense interesado, ao estudar o pensamento de Platón, pola situación das mulleres na Antiga Grecia. Por que Platón deixa aberta a posibilidade de que houbese raíñas-filósofas no seu deseño de Estado ideal e xusto? Estaba a favor da igualdade da muller cando daquela considerábase que só os varóns eran iguais entre si e por tanto dignos?

O que apuntan varios autores é que Platón se fixou nas mulleres da cidade de Esparta cando deseñou o seu estado. Elas eran adestradas no deporte, polo que estaban o suficientemente fortes como para poder guerrear. E os reis-filósofos seleccionábanse a partires dos gardiáns. Así que as mulleres intelixentes e fortes poderían ir á guerra nese Estado ideal.

Pero que facían as mulleres na Atenas real do século V a. C.? Estar na casa e dar fillos, principalmente. Algunhas hetairas, como Aspasia, conseguiron unha mellor formación. Na época helenística apareceu a primeira filósofa recoñecida como tal, Hipatia de Alexandría, unha neoplatónica asasinada por fanáticos relixiosos que non comprendían a súa sabedoría e tolerancia.


Vía La lechuza de Minerva

Pola Igualdade da Muller (XVII)

Sempre falamos de días que non deberían existir se todo estivese conseguido na nosa sociedade, coma o de mañá, o Día pola Igualdade da Muller.

Pola Igualdade da Muller (XVI) Carmen Martín Gaite


Ninguén pode engaiolar os ollos dunha muller


De su ventana a la mía (fragmento)"Estaba mucho más allá, en ese más allá ilocalizable adonde precisamente ponen proa los ojos de todas las mujeres del mundo cuando miran por una ventana y la convierten en punto de embarque, en andén, en alfombra mágica desde donde se hacen invisibles para fugarse.

Nadie puede enjaular los ojos de una mujer que se acerca a una ventana, ni prohibirles que surquen el mundo hasta confines ignotos. En todos los claustros, cocinas, estrados y gabinetes de la literatura universal donde viven mujeres existe una ventana fundamental para la narración, de la misma manera que la suele haber también en los cuartos inhóspitos de hotel que pintó Edward Hopper y en las estancias embaldosadas de blanco y negro de los cuadros flamencos.

Basta con eso para que se produzca a veces el prodigio: la mujer que leía una carta o que estaba guisando o hablando con una amiga mira de soslayo hacia los cristales, levanta una persiana o un visillo, y de sus ojos entumecidos empiezan a salir enloquecidos, rumbo al horizonte, pájaros en bandada que ningún ornitólogo podrá clasificar, cazar ningún arquero ni acariciar ningún enamorado y que levantan vuelo hacia el reino inconcreto del que sólo se sabe que está lejos."
Por Carmen Martín Gaite (España, 1925-2000)

Vía Animación a la lectura."Texto para el Día de la mujer".
NO DÍA DA MULLER, CONTRA A VIOLENCIA DE CALQUERA XÉNERO

Pola Igualdade da Muller (XV) Mentiras?

Imos contar mentiras...
Ou non.

Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.
Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.
Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.

06/03/08

Pola igualdade da muller (XIV)

Con este vídeo de Manuel Carrasco, unha homenaxe ás mulleres que deben traballar lonxe en busca dunha mellor vida levando no corazón aos seus seres máis queridos:

Pola igualdade da muller (XIII)

Agora deixámosvos unha entrevista a Rita Levi-Montalcini: todo un exemplo de Igualdade. Unha muller a quen a opresión de todo tipo acompañou ao longo da maior parte da súa vida. Non só pola súa decisión de ser científica, algo inconcebible na sociedade italiana de principios do século XX, senón tamén pola súa pertenza a unha familia liberal e xudía que fixeron da súa vida naqueles anos un inferno continuo.

Pola Igualdade da Muller (XII). Mulleres e arte


“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)

Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.


GALERÍA DE IMAXES no documento Mulleres, Libros e Internet, elaborado polos compoñentes do equipo da biblioteca do IES Sánchez Cantón.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade

Publicidade belicosa

Realmente, a publicidade non deixa de sorprendernos cada día. Mirade se non este vídeo que topei en La Huella Digital; logo contádesme:

Pola Igualdade da Muller (XI) A vida escrita por elas

Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos, imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar á súa feminidade e á súa sexualidade.


05/03/08

Pola Igualdade da Muller (X)

A polémica dos sexos xurdiu unha vez que as proclamadas ilustradas sobre a igualdade, a liberdade e a fraternidade fixeron efecto nas mentes femininas, provocando que algunhas voces se erguesen reclamando unha educación de calidade e equitativa para as mullere. Desgrazadamente, filósofos tan recoñcidos como Rousseau ou Kant, posicionáronse en contra en variadas ocasións. Pero outro, como Condorcet ou Wollstonecraft non opinanban o mesmo.
Aquí vos deixamos algunhas das súas palabras. Lédeas con atención xa que non teñen desperdicio:

.- CONDORCET (1743-1794)

El hábito puede llegar a familiarizar a los hombres con la violación de sus derechos naturales, hasta el extremo de que no se encontrará a nadie de entre los que los han perdido que piense siquiera en reclamarlo, ni crea haber sido objeto de una injusticia (…) Por ejemplo, ¿no han violado todos ellos el principio de la igualdad de derechos al privar, con tanta irreflexión a la mitad del género humano del de concurrir a la formación de las leyes, es decir, excluyendo a las mujeres del derecho de ciudadanía? ¿Puede existir una prueba más evidente del poder que crea el hábito incluso cerca de los hombres eruditos, que el de ver invocar el principio de la igualdad de derechos (…) y de olvidarlo con respecto a doce millones de mujeres?

Ensayo sobre la admisión de las mujeres en el derecho de ciudadanía, 1790.


.- ROUSSEAU (1712-1778)

En la unión de los sexos, concurre cada uno por igual al fin común, pero no de la misma forma; de esta diversidad surge la primera diferencia notable entre las relaciones morales de uno y otro. El uno debe ser activo y fuerte, y el otro pasivo y débil. Es indispensable que el uno quiera y pueda, y es suficiente con que el otro oponga poca resistencia. Establecido este principio, se deduce que el destino especial de la mujer consiste en agradar al hombre. Si recíprocamente el hombre debe agradarle a ella, es una necesidad menos directa; el mérito del varón consiste en su poder, y sólo por ser fuerte agrada. Convengo en que ésta no es la ley del amor, pero es la ley de la naturaleza, más antigua que el amor mismo.Si el destino de la mujer es agradar y ser subyugada, se debe hacer agradable al hombre en vez de incitarle; en sus atractivos se funda su violencia, por ello es preciso que encuentre y, haga uso de su fuerza. El arte más seguro de animar esta fuerza es hacerla necesaria con la resistencia. Uniéndose entonces el amor propio con el deseo, triunfa el uno de la victoria que el otro le deja alcanzar. De ahí el acometimiento y la defensa, la osadía de un sexo y el encogimiento del otro, la modestia y la vergüenza con que la naturaleza armó al débil para que esclavizase al fuerte.(…) Con la facilidad que tienen las mujeres para inflamar los sentidos de los hombres y encender en el interior de su corazón las chispas de un temperamento casi apagado, si hubiese algún malhadado clima en la tierra donde la filosofía hubiera introducido esta práctica, especialmente en los países cálidos, donde nacen más mujeres que hombres, tiranizados ellos por ellas, al fin serían sus víctimas y todos se verían arrastrados a la muerte sin poderse defender nunca.(…) La rigidez de los deberes relativos de ambos sexos no es ni puede ser la misma, y cuando en esta parte las mujeres se quejan de la desigualdad que han establecido los hombres, no tienen razón; aquel de los dos a quien la naturaleza confió el depósito de los hijos, le corresponde responder de ellos al otro.

El Emilio, libro V, De la educación de Sofía. (1762).


.- IMMANUEL KANT (1724-1804)

La mujer tiene un sentimiento innato para todo lo bello, bonito y adornado. Ya en la infancia se complacen en componerse, y los adornos las hacen más agradables. Son limpias y muy delicadas para lo repugnante. Gustan de bromas, y les distrae una conversación ligera, con tal de que sea alegre y risueña. Tienen muy pronto un carácter juicioso, saben adoptar aire fino y son dueñas de sí mismas; y eso a una edad en que nuestra juventud masculina bien educada es todavía indómita, basta y torpe. Muestran un interés muy afectuoso, bondad natural y compasión; prefieren lo bello a lo útil, y gustan de ahorrar de superfluidades en el sustento para sostener el gasto de lo vistoso y de las galas. (…) El bello sexo tiene tanta inteligencia como el masculino, pero es una inteligencia bella; la nuestra ha de ser una inteligencia profunda, expresión de significado equivalente a lo sublime. (…) La meditación profunda y el examen prolongado son nobles, pero pesados, y no sientan bien a una persona en la cual los espontáneos hechizos deben sólo mostrar una naturaleza bella. El estudio trabajoso y la reflexión penosa, aunque una mujer fuese lejos en ello, borran los méritos peculiares de su sexo, y si bien la rareza de estas condiciones en su sexo las convierte en objeto de fría admiración, debilitan al mismo tiempo los encantos que les otorgan su fuerte imperio sobre el sexo opuesto. A una mujer con la cabeza llena de griego, como la señora Dacier, o que sostiene sobre mecánica discusiones fundamentales, como la marquesa de Châtelet, parece que no les hace falta más que una buena barba; con ella, su rostro daría más acabadamente la expresión de profundidad que pretenden. La inteligencia bella elige por objetos suyos los más análogos a los sentimientos delicados, y abandona las especulaciones abstractas o los conocimientos útiles, pero áridos a la inteligencia aplicada, fundamental y profunda. La mujer, por tanto, no debe aprender ninguna geometría; del principio de razón suficiente o de las monadas sólo sabrá lo indispensable para entender el chiste en las poesías humorísticas con que se ha satirizado a los superficiales sutilizadores de nuestro sexo. Pueden dejar a Descartes que continúe haciendo girar su torbellino, sin preocuparse por ello, aunque el amable Fontenelle quisiera abrir para ella un salón entre los planetas; y el atractivo de sus encantos no pierde nada de su energía si no saben una palabra de lo que Algarotti, para provecho suyo y siguiendo a Newton, se ha esforzado en escribir acerca de las fuerzas de atracción de las materias groseras. En historia, no se llenarán la cabeza con batallas, ni en geometría, con fortalezas; tan mal sienta en ellas el olor de la pólvora como en los hombres el del almizcle.

Lo bello y lo sublime, 1764.

Incluímos un vídeo sobre Madame de Châtelet, á que Kant critica neste texto.



.- MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1797)

No puede negarse cierto grado de superioridad física, lo cual constituye una prerrogativa noble. Pero no contentos con esta preeminencia natural, los hombres se empeñan en hundirnos aún más para convertirnos simplemente en objetos atractivos para un rato. (…) Tengo en cuenta una inferencia obvia. He oído exclamaciones contra las mujeres masculinas provenientes de todas partes, pero ¿en qué deben basarse? Si con esta denominación los hombres quieren vituperar su pasión por la caza, el tiro y el juego, me uniré con la mayor cordialidad al clamor; pero si va contra la imitación de las virtudes masculinas o, hablando con mayor propiedad, de la consecución de aquellos talentos y virtudes cuyo ejercicio ennoblece el carácter humano, y eleva a las mujeres en la escala de los seres animales, donde se las incluye en la humanidad, debo pensar que todos aquellos que las juzguen con talante filosófico tienen que desear conmigo que se vuelvan cada día más masculinas.(…) Espero que mi propio sexo me excuse si trato a las mujeres como criaturas racionales en vez de hacer gala de sus gracias fascinantes y considerarlas como si se encontraran en un estado de infancia perpetua, incapaces de valerse por sí solas. Deseo de veras señalar en qué consiste la verdadera dignidad y la felicidad humana. Quiero persuadir a las mujeres para que traten de conseguir fortaleza, tanto de mente como de cuerpo, y convencerlas de que las frases suaves, el corazón impresionable, la delicadeza de sentimientos y el gusto refinado son casi sinónimos de epítetos de la debilidad, y que aquellos seres que son sólo objetos de piedad y esa clase de amor que se ha calificado como su gemela pronto se convertirán en objetos de desprecio. (…) ¿dónde está la diferencia sexual cuando la educación ha sido la misma? Todas las diferencias que puedo discernir surgen de la libertad, ventaja superior que permite a los primeros (soldados) ver más de la vida. (…) Como filósofa, leo con indignación los epítetos verosímiles que los hombres utilizan para suavizar sus insultos, y como moralista, pregunto qué quieren decir con asociaciones heterogéneas tales como defectos bellos, debilidad amable, etc. (…) Quiero al hombre como compañero; pero su cetro, real o usurpado, no se extiende hasta mí, a no ser que la razón de un individuo reclame mi homenaje; e incluso entonces la sumisión es a la razón y no al hombre.

Vindicación de los derechos de la mujer (1792).


Vía La lechuza de Minerva

Pola Igualdade da Muller (IX). Vixencia do sexismo

Unha enquisa entre adolescentes publicada hai uns meses constata a vixencia do sexismo: Os adolescentes perciben claramente que as súas nais son as que levan o peso da casa e aínda que teñen un sentido crítico á hora de observar os estereotipos, estes seguen vixentes. Encher o frigorífico, preparar os almorzos ou facer as maletas seguen sendo tarefas das mulleres, mentres que realizar pequenas chapuzas na casa, comprar o coche ou facer a declaración da renda son tarefas que recaen nos homes. En xeral, aos adolescentes non lles gusta o pouco que fan os seus pais na casa, mesmo lle produce certa vergoña.

Pola Igualdade da Muller (VIII). Mulleres de cine

Ao cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar man do cine.

Hoxe, anticipándonos aos acontecementos, propoñemos dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos amosan diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Botaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes doutras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo coa inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude, toca vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron é preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo, e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso, a consigna é vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida se nos invita a unha profunda e última reflexión.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.