Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/05/08

A letra que manda

Se agora vos preguntase cal é a letra que manda, seguramente me mirariades sen entender que é o que pregunto. Que necidade! debuxarían moitos ollos con sorrisos burlones. Porén, hai unha letra que manda no mundo mundial (dádesvos conta: 3 M iniciais, que pista!): o M, si, o M, de miseria, de money, de morte...
O M de Miseria asola, por exemplo, medio Calcuta: din que é a cidade do mundo con máis leprosos e maior número de persoas vivindo na indixencia.
Detrás do M de Miseria, está o M de Money. Sen cartos non hai esperanza, non hai nada. Os cartos determinan que ou quen ten dereito a vivir na maioría dos países do mundo. Así pois, a pobreza significa Morrer antes que os habitantes dos países máis ricos simplemente por non ter cartos para conseguir Medicamentos. Calcúlase que todos os anos Morren case 11 millóns de nenos (ou sexa, 30000 nenos ao día) antes de cumprir cinco anos de idade. A maioría destes nenos viven en países en desenvolvemento e morren como resultado dunha enfermidade ou unha combinación de enfermidades que se poden previr ou métodos que xa existen de baixo custo.







Vía Lápices para la Paz

Persépolis


Persépolis é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, de como medrou nun réxime fundamentalista que a acabaría levando a abandonar o seu país. A autora píntase a si mesma desde o seis anos: unha nena valente que dita a súas propias leis, revolucionaria e seguidora dos Iron Maiden.
O cómica comeza a partir do ano 1979 achegándonos á realidade do seu pobo, sobre todo dun xeito sinxelo e duro á vez, a memoria histórica de Irán desde a tiranía do Shaa até a vitoria de Jomeini. Vivimos así os cambios sociais, a prohibición das liberdades individuais, a represión, o estalido da guerra Irán-Iraq e a imposición do veo á muller: narra como un país se desintegra e volve cara a atrás na independencia de pensamento e en dereitos humanos.
Persépolis fala sobre o choque de civilizacións e descubrimos como todos os seres humanos sentimos, amamos, e desexamos a liberdade e a prosperidade por igual. É ademais unha homenaxe á familia da autora que pereceu por ideas políticas.
En xuño do 2007 estreouse a película baseada no cómic, unha película de animación dirixida por Vincent Paronnaud e producida por Xavier Rigault e Marc-Antoine Robert, con música de Olivier Bernet, acadando unha nominación á Palma de Ouro, conseguindo o Premio do Xurado no Festival de Cannes e o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.
Foi o primeiro cómic iraní da historia, un símbolo de tolerancia e liberdade.







Vía Lápices para la Paz

03/05/08

Non ás violencia contra as mulleres (XXXVI)

A violencia estatal contra as mulleres na República Islámica de Irán ten varias formas: o uso obrigatorio do velo, misoxinia, violencia sexual, lapidacións, execucións e mutilacións.
Ata non hai moitos anos nada de todo isto se sabía. Desde esta humilde ventá seguiremos a denuncialo con toda a forza que nos sexa posíbel.

Un esquío talentoso

É digno de valorar o talento de tod@s @s guionistas de publicidade que son quen de nos arrancar algún tipo de sentimento nun escaso medio minuto de tempo. Neste caso, toca unha dose de sorrisos con este esquío digno da mellor liga de fútbol.

02/05/08

Reuters

Este espectacular vídeo de Reuters, con música de Luar na Lubre ("A Fonte das Boliqueiras" incluída no disco "Camiños da Fin da Terra"), amosa as mellores fotografías do 2007. Sempre están de actualidade, hoxe e en anos próximos:

Cruceiro de verán

Andrea Díaz reflexiona:

Cruceiro de verán
Truman Capote
Galaxia


A historia que vive a protagonista é a que nos gustaría vivir a todos nós, ou polo menos a min encántame a idea de quedar todo o verán soa na casa, sen que me vixie ninguén, baixo a miña propia responsabilidade, e máis vivindo en Nova Iorque. Gústame moito esta historia de amor pero o certo é que o mozo intrígame, a súa personalidade ponme nerviosa e ata cheguei a enfadarme con el. Aínda que ela tamén ten o seu, ás veces tan madura e outras tan insegura. A personaxe do mellor amigo dela encantoume, é simplemente o rapaz perfecto, e esta historia tivese final feliz a min gustaríame que fose con el, aínda que para iso tería que dar mil voltas. Os personaxes resultan ser máis complicadas do que parece e todo ten unha especie de dobre sentido ou unha especie de metáfora.
Encántame como escribe este autor: engancha.
O final é excepcional, magnífico. Digno dun libro coma este: simplemente perfecto.

Jaume de Laiguana

Descubro en Bajo el Signo de Libra a campaña que o fotógrafo Jaume de Laiguana realizou para ADO, utilizando como modelos os deportistas que van ir ás Olimpíadas de Beijing. Imaxes de forte impacto visual nas que utiliza unha escenografía industrial decrépita e unha iluminación forzada en ton sepia, con fortes contrastes entre luces e sombras. Un xogo entre pasado, presente e futuro que a min, persoalmente, encántame. Vós diredes. Cal é a que máis vos gusta?

Juno


Dos filmes que vin ultimamente, este foi dos mellores: unha película fresca, con diálogos enxeñosos e naturais que conseguen verdadeiros sorrisos, rebosante de intelixencia e inxenuidade.
Ademais ten un soundtrack inesquecible. Déixovos unha das cancións e o final da peli:



01/05/08

Non á violencia contra as mulleres (XXXV)

Esta curta, papás e mamás, de Proyecta Films, é realmente impactante, sobre todo polo traballo da rapaza. Seica vai ser o Día da Nai...




PAPAS Y MAMAS - DADDIES & MUMMIES - video powered by Metacafe

Mulleres de auga

Até o 18 de maio poderá verse na Casa Amatller de Barcelona "Mulleres de auga", mostra fotográfica do fotoxornalista Tomàs Abella, na que a través de 40 suxerentes imaxes de gran formato invita a nos solidarizar coa problemática do acceso á auga na África subsahariana. Para os que non podemos ver esta obra de arte solidaria, déixovos aquí algunhas das fotos:






Mamá Terra

Vai morrendo lentamente, Mamá Terra. Como o vedes? Vídeoclip do grupo Macaco, un novo S.O.S.:

30/04/08

La muerte lenta de Luciana B.

A última obra de Guillermo Martínez é La muerte lenta de Luciana B., obra de corte policíaco que nos brinda a posibilidade de elaborar as nosas propias conxecturas: o lector vese na obriga de decidir que é real ou non entre as propostas que plantexa o propio autor. O enigma que aboia sobre todo o relato é chegar a descubrir se as mortes que se producen son accidentes ou asasinatos. E o final suspende sobre unha incerteza case demoníaca: detrás de toda a trama, escóndese a figura sinistra do demo, do maligno.
É unha novela que se deixa ler, facilmente, pero nada máis, desde o meu punto de vista. A mestura matemático-filosófica con investigación policial é, sen dúbida, unha boa idea, aínda que a min sóame a coñecido, a recursos xa manidos no cine e na propia literatura. Non creo que sexa unha gran novela, desde logo, aínda que estou segura de que a moitos de vós, lectores e alumnos, gustaravos (e penso en persoas concretas, claro).
O escritor afirma que a novela plantexa o dilema entre a xustiza como reparación social e o desexo de vinganza persoal, pero tamén o azar e a casualidade como explicación dos feitos, ademais dalgunhas discusións estéticas.
O libro, afirman os críticos, ten certo parentesco con Otra vuelta de tuerca, de Henry James. "Es uno de mis escritores imprescindibles y por ello aparece citado a lo largo del relato".

29/04/08

Shadi Ghadirian

A fotógrafa Shadi Ghadirian (1974) está considerada actualmente unha das artistas de Irán con máis influencia. As súas fotografías de estudo sobre a muller na vida cotián e a crítica do papel desta na sociedade musulmá déronlle proxección internacional.
"Son unha muller e vivo en Irán. Son fotógrafa e iso é o único que sei facer. O lugar que ocupan as mulleres iranís no mundo é importante para min porque estou segura de que ninguén sabe moito disto. Desexo continuar falando das mulleres porque aínda teño moito que dicir. Estas son as miñas palabras como muller e as palabras de todas as outras mulleres que viven en Irán, onde o ser muller ten o seu propio sistema. As fotografías non son auténticos documentos pero tratan sobre temas sociais actuais".




Vía Todas

Papel mollado

A FAO vén de anunciar que a fame podería matar a máis de 100 millóns de persoas (40 países en situación de "extrema emerxencia"). O encarecemento dos prezos dos alimentos está a causar unha enorme crise alimentaria. As causas da crise están na alza do prezo do petróleo, o boom dos biocombustibles, o aumento da demanda nos países en desenvolvemento, os efectos do cambio climático como son inundacións e sequías que arruinan colleitas, o consumo desmedido do mundo occidental.
O primeiro dos obxectivos do Milenio que foron expostos pola ONU para o 2015 convértese en papel mollado se se continúa deste xeito: "a crise alimentaria está a causar un tsunami silencioso". E este tsunami é provocado por todos nós, países ricos que seguimos a mirar para outro lado, coma sempre máis doado.


O mundo debe impulsar a agricultura.

El viaje de Said

El viaje de Said, de Coke Rioboó, foi premiada nos Goya 2007 como a mellor curta de animación. Narra a aventura dun neno marroquí que cruza o estreito e ao chegar ao país das oportunidades dáse conta de que o mundo non é tan fermoso como lle contaran.
A curta destaca polo magnífico tratamento deste drama actual e pola fermosura das imaxes. Ademais, é un exemplo da técnica do stop-motion con figuras de plastilina. Esta é unha técnica de animación na que se vai rodando fotograma a fotograma, facendo que obxectos estáticos parezan en movemento.

28/04/08

A muller na arte

Grazas a Iguales en las tres mil sabemos destes espléndidos vídeos que nos amosan un emocionante repaso da muller na arte, incluíndo autores das obras, títulos e datas. Acompañados da música de Beethoven con "Sonata de Luz de Lúa", de Bach con "Aria na corda de G", de Debussy con "Claro de Lúa" e de Dvorak con "O Novo Mundo" ou "Novena Sinfonía". Vinte minutos de beleza que non debedes nin podedes perder.

Desde o século XII até o XIX


Séculos XIX e XX

Se Deus realmente existe

"Theos an einai" (Se Deus realmente existe) é un tema do compositor Goran Bregovich, nado en Sarajevo de pai croata e nai servia, converténdose deste xeito en paradigma dun mundo que foi destruído e minado de odio e receos. El é o autor das bandas sonoras dos filmes "El tiempo de los gitanos", "Arizona Dream", "Underground" de Emir Kusturika ou de "La reina Margot" de Patrice Chéreau entre outros.
Haris Alexiou é unha das grandes damas da canción grega, posuídora dunha grandiosa presenza en escena e unha carismática voz, o cal levouna a traballar cos mellores compositores de Grecia.



"Theos an einai" (Se Deus realmente existe)

Anoche, entraste en mis sueños,
como si pasease por tu jardín,
y aún habiéndome crecido alas
no quise apartarme de tu lado.
si hay un Dios...

cientos de ángeles con sus blancas [ropas]
reparten ramitas de olvido,
como estrellas, sobre mi cuerpo,
tus niños dibujan el aliento.

si hay un Dios
puedes arder entre las llamas,
y de mis lágrimas, podrás beber fuego,
no puedes, corazón, ser indulgente nunca más.
si existe un Dios y alguien me ama.
si existe un Dios y alguien me ama.

todas mis amistades, de años,
tienen pareja, han construido sus hogares,
sólo yo, continuo sola,
sin tejado, esta es la verdad.

si hay un Dios
puedes arder entre las llamas,
y de mis lágrimas, podrás beber fuego,
no puedes, corazón, ser indulgente nunca más.
si existe un Dios y alguien me ama.
si existe un Dios y alguien me ama.


Vía Bajo el Signo de Libra

27/04/08

A illa das flores

Bolbor, sempre tan cercano, indicoume a existencia deste vídeo. Por favor, concedédeme doce minutos do voso tempo. Sentade e abraiade con esta curta, para reflexionardes posteriormente sobre o seu significado, sobre o noso sistema de valores, sobre os dereitos dos cidadáns, sobre o noso mundo. Sobre a Liberdade: ninguén a explica pero non hai ninguén que non a entenda.
O texto está dirixido en ton irónico por Jorge Furtado a extraterrestres -que descoñecen todo sobre os seres humanos, o seu planeta, os seus sistemas económicos, as súas crenzas, as súas prioridades, o seu concepto de liberdade-.
E se no anterior "post" comentastes sobre as dúas fotografías, que me tendes que dicir despois de ver esta curta?



Toda a información aquí.

Sen palabras

Xa falei tantas veces disto, que agardo a que agora sexades vós os que teñades algo que dicir. Que se note que vos interesa algo máis ca os retos matemáticos!!!




26/04/08

Mulleres que impresionan

O movemento impresionista formouse en París entre 1860 e 1870, rachando con decisión as súas relacións co pasado e abriu o camiño á investigación artística moderna. Destacaron figuras como Monet, Renoir, Degas, Cezanne, Pissarro e Sisley; Manet foi considerado o precursor. As características técnicas poderíanse resumir en: teoría das cores e abandono do debuxo e a silueta pechada; plasmación da luz; aparencias sucesivas; coloración das sombras; rexeitamento do claroescuro, substituído por contrastes entre cores complementarias; pinceladas soltas e longas; pintura ao ar libre; captación da atmosfera esencial.
Será con este movemento pictórico cando a Muller adquira un certo protagonismo artístico. Pero, cantas artistas coñecedes desta época? Déixovos un vídeo que nos fala da Pintoras Impresionistas:



E dúas a destacar: Berthe Morisot



e Mary Cassat



Coma sempre, Iniciarte, esencial blogue de inspiración, permítenos achegarvos unha presentación sobre o Impresionismo:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.