Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/08

Resultados

Hai lugares onde só importan os resultados, nunca o xeito de chegar até eles. Quedamos marabillados nas Olimpíadas, pola organización e polo éxito acadado... pero que houbo detrás?

Con disciplina

Farán falta moitas horas?

Seica é hoxe

E nada mellor que celebralo con humor:

11/10/08

Marketing Gay, por fin

Aínda que só sexa por cartos, hai marcas que publicitan coa presenza de homosexuais, paso importante dado a forza da publicidade na xente. A ver se o saben facer ben.




Vía

Dúas solucións para un problema

Vía Brétemas unha curta para reflexionar:

10/10/08

Edicións ilustradas

Edición ilustrada de "Secuelas de una larguísima noche de rechazo" de Charles Bukowski, primeiro relato do autor escrito aos 24 anos: a editorial Nórdica Libros publica unha edición ilustrada da que se pode ver un avance neste booktrailer.




Dentro da colección Ilustrados, hai outros libros tan interesantes como "Bartleby, el escribiente" de Herman Melville, con ilustracións de Javier Zabala, Premio Nacional de Ilustración no ano 2005; o relato de Melville é coñecido pola resposta do protagonista ao seu xefe: "preferiría non facelo".




Podedes ver máis trailers similares de obras ilustradas aquí.

Vía Papel en Blanco

Publicidade anti-sida

Boísima, non a perdas:


Día Mundial contra a Pena de Morte



A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha resolución o 18 de decembro do 2007 para facer un chamamento apoiando a suspensión mundial das execucións. Pero arestora hai 60 países que as manteñen. Só o ano pasado foron executados "oficialmente" 1252 persoas. E hai máis de 20000 persoas condenadas.
Cales son os países "abanderados"?: China, Irán, Arabia Saudí, Pakistán e Estados Unidos.

Preme aquí para ir á páxina de Amnistía Internacional.

Os Nobel alternativos

Os Right Livelihood Award 2008 (Premios para quen traballa en beneficio do planeta e dos seus habitantes), ou os Nobel Alternativos, teñen este ano face de muller.
Xunto ao matrimonio formado por Krishnammal e Sankaralingam Jagannathan (coñecidos como a "alma da India" pola súa dedicación á xustiza social e ao desenvolvemento humano sostible), foron premiadas a estadounidense Amy Goodman -promotora dun modelo de xornalismo político independente, un programa que dá cobertura ás voces excluídas polos medios convencionais-, a somalí Asha Hagi -figura clave na defensa dos dereitos da muller e da súa participación no proceso de paz somalí- e a alemá Monika Hauser -unha xinecóloga comprometida co traballo con mulleres que viviron a violencia sexual máis terrorífica-.


De esq. a dta. e de arriba a abaixo, Krishnammal Jagannathan, Amy Goodman, Asha Hagi e Monika Hauser


Vía Mangas Verdes

09/10/08

Crise, con humor



Vía Islas Cíes





Vía Capítulo 0

Unha cadeira baleira

Sobre o que nunca podemos permitir que ocorra nas aulas:



Vía TutoríaGLBT


08/10/08

Migracións e exilios

A Fundación Largo Caballero ofrécenos interesantes exposicións que podemos visitar on-line. Fíxenvos unha selección de fotografías (se premedes na ligazón poderedes ver máis) como lembranza do pasado. Recoméndovos vivamente a última: "De la España que emigra a la España que acoge", xa que parece que esquecemos facilmente este noso pasado de emigrantes para rexeitar a aqueles que veñen buscando o que nós buscamos antes en terras afastadas.
Agardo que vos guste:



Vía

Rap científico

Xa vos falamos hai tempo de como a Química podía ser unha festa. Maxinadas a clase de Bioloxía a base de rap? Eu particularmente, como que non o vexo... e non digo nada!



Vía Aulablog

Algo adiantamos

Moitas veces, nas clases, cústavos comprender tempos pasados, tan afastados para vós, pero con tranquilidade lede esta presentación, veredes que non hai tantos anos de todo isto. É a "sección feminina". De boa libramos!!!

07/10/08

Marcha connosco para mudar o mundo

Os próximos 18 e 19 de outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de máis de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construíndo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia. Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar as mulleres vindas dos cinco continentes a dar este paso na cidade de Vigo.

Non á violencia contra as mulleres (XLV)

BASES da Convocatoria de Poesía Visual contra a Violencia de Xénero (Vía Todas):

1.- TEMA: “CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO” abierta a tod@s l@s artistas que lo deseen.
2.- Podrán incluir tantos poemas visuales como quieran.
3.- El tamaño del archivo en jpg será de 1MG max. para cada obra.
4.- El plazo de presentación finalizará el 20 de noviembre de 2008.
5.- Los autores deben enviar las obras el buzón electrónico: equipovisual @ gmail.com (Equipo visual del Taller del Sol y BOEK861).
6.- Deberán indicar en el asunto del mensaje el tema: “CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO”.
7.-Indicarán nombre, apellidos, nacionalidad y buzón de correo electrónico (con el fin de facilitar documentación del desarrollo de la convocatoria).
8.-Utilizarán un mensaje de correo electrónico para cada poema visual.
9.- Se publicarán las obras recibidas en la web del BOEK861 en pdf.
10.-Posteriormente podrían editarse los trabajos en forma de libro impreso y/o revista virtual dependiendo del resultado de la convocatoria.
11.- Los trabajos recibidos no tendrán una finalidad comercial y sólo se emplearán para los fines señalados.
12.- Una selección de las obras se remitirán a diferentes organismos internacionales relacionados con los derechos de la mujer.

• COORDINA: Taller del Sol/ BOEK861


Para @s que estades máis preto, lembrade que o Concello de Lalín ten aberto o concurso de Carteis e o de Cartas con este mesmo motivo.

A filosofía e unha vida máis forte cá vida

Recoméndovos esta entrevista a Alain Badiou, filósofo francés de esquerdas que postula como condicións da filosofía a política, a arte, o amor e a ciencia. A súa obra, pola súa sistematicidade e a súa consistencia, podería compararse coa de Hegel, sendo ao mesmo tempo matemático, novelista, dramaturgo, militante...


Premede aquí para ler toda a entrevista:

"Designo materialismo democrático á ideloxía dominante contemporánea. Cadaquén ocúpase dos seus intereses ou da súa felicicidade, os que consisten na adquisición e no consumo de bens dispoñibles no mercado".
"Maio do 68 é un acontecemento porque marca a fin do revolucionarismo clásico".
"Sarkozy chegou ao poder xogando cos medos dos franceses. Medo dos estranxeiros, medo da xuventude popular, medo do porvir, medo da guerra... Ao mesmo tempo, alimentaba eses medos cunha política policial no interior e sometida aos americanos no exterior".


Vía


Mulleres pola paz

Un grupo de mulleres pacifistas israelís e palestinas traballan para lograr a paz con dignidade.
Machsom Watch (Vixiancia de puntos de control-checks-points) é unha organización dunhas 500 mulleres israelís e palestinas que se sitúan en diferentes checkpoints de Xerusalén e Cisxordania para denunciar o abuso de poder das Forzas de Defensa Israelí contra a poboación árabe.
É unha organización exclusivamente de mulleres. Fundouse en xaneiro do 2001 en defensa dos abusos e violacións sistemáticas dos Dereitos Humanos cando centos de palestinos cruzaban os checks-point. O que fan en primeiro lugar é supervisar o comportamento dos soldados e da policía nos diferentes postos de control; asegúranse de que non se cometan abusos da poboación civil e se se cometen actos violentos, vexacións ou calquera tipo de ilegalidade ou extralimitación por parte de militares israelís, a organización encárgase de denunciar a situación divulgando as imaxes e testemuños aos diferentes medios de comunicación.
Xunta a esta organización traballa a internacional "Mulleres de Negro", mantendo actividades conxuntas. Este movemento creouse en decembro de 1987 -ao comezo da primeira Intifada- por varias mulleres seguindo o modelo das Nais da Praza de Maio arxentinas. Todos os venres as mulleres vestidas de negro -signo da traxedia que sofren os dous pobos- alzan unha man negra que reza "Alto á ocupación"; comezou en Xerusalén e estendeuse por todo o país e o mundo.

Vídeo: O día a día do check point de Kalandia.






Vía

06/10/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XLIV)

Poema de Oliverio Girondo:

Llorar a lágrima viva
Llorar a chorros.
Llorar la digestión.
Llorar el sueño.
Llorar ante las puertas y los puertos.
Llorar de amabilidad y de amarillo.
Abrir las canillas,
las compuertas del llanto.
Empaparnos el alma,
la camiseta.
Inundar las veredas y los paseos,
y salvarnos, a nado, de nuestro llanto.
Asistir a los cursos de antropología, llorando.
Festejar los cumpleaños familiares,
llorando.
Atravesar el África,
llorando.
Llorar como un cacuy,
como un cocodrilo...
si es verdad que los cacuyes y los cocodrilos
no dejan nunca de llorar.
Llorarlo todo,
pero llorarlo bien.
Llorarlo con la nariz,
con las rodillas.
Llorarlo por el ombligo,
por la boca.
Llorar de amor,
de hastío,
de alegría.
Llorar de frac,
de flato, de flacura.
Llorar improvisando,
de memoria.
¡Llorar todo el insomnio y todo el día!



Vía No sólo libros

RGB

Bonito traballo de videocreación de gerardrfm baseado na gama de cores primarias RGB, as que tedes no voso computador ou na vosa televisión.



Este traballo foi presentado a un concurso, gañándoo. Meses despois, Nokia sacou un anuncio bastante semellante:



Vía Todas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.