Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/05/10

Día das Letras Galegas II

De todos os traballos compilados no blogue de Normalización queriamos destacar algúns para traervos aquí. É difícil a escolla.
En primeirísimo lugar, debedes ir ao blogue da biblioteca do IES Sánchez Cantón, Mesturas, para alucinar co traballo que realizaron nas aulas de TICS.
En Vieiros tedes un máis que interesante especial sobre o autor.
En Biblicabe unha enquisa a ver canto sabedes.
Un blogue sobre Novoneyra do alumnado do IES Castro da Uz, As Pontes.
Estes Poemas do Outono do CPI de Baralla, Luís Díaz Moreno

e a recuperación da memoria histórica:



Esta entrevista inédita:





Por suposto, lemos o que publicou As Mariñas sobre Novoneyra e os libros:

"O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación de masas dominados polo poder ou polos intereses dos que o detentan.

Claro que a información nos libros ás veces chéganos demasiado tarde pra asistirnos no intre dunha urxencia de decisión que si a demoramos pode vir demasiado tarde. Pero hai tamén decisiós ou tomas de postura pra longo que nos deixan tempo. E aí sigo o sitio do libro reflexivo e máis fiable.


Libros contra a soedade do home.

Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar i adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver ó orixen.
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpabre.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.


Libros pra ser libres (importante).

O libro tamén teñe unha especial siñificación si pensamos concretamente en Galicia, na reivindicación da nosa patria e da nosa lengua, na verdade depositada na nosa lengua.

A moderna cultura galega, a moderna concencia galega, fíxose primordialmente a base de libros."


Día das Letras Galegas

Recomendámosvos ir ao noso blogue de Normalización para ver a recompilación de todo o que se publicou nos blogues tanto de Normalización como das Bibliotecas Escolares arredor da figura de Novoneyra, ademais de recoller outro tipo de novas. Creo que quedou bastante completo. É un orgullo pertencer a un gremio de traballadores que demostran cada día a súa preocupación por formar o alumnado.
O noso Día das Letras estivo cheo de música, poemas e cartaces. Grazas a todos e a todas por axudarnos na celebración dun Día tan importante. Pero do Día das Letras Galegas é todos os días do ano.
Aquí tedes algunha mostra:







16/05/10

Ensinando a pensar

A grande viaxe



A grande viaxe de Anna Castagnoli con ilustracións de Gabriel Pacheco, publicado por OQO é un soño que se poderá facer realidade... algún día. Porque o poder de imaxinación é inigualable. E porque este é pura poesía, como o é este álbum fermoso tanto pola palabra como pola ilustración. Mereceu o Premio Isaac Díaz Pardo nos Premios da edición 2009 que outorga cada ano a Asociación Galega de Editores (AGE).

A voda do Galo Pinto



Outra das novidades de OQO é este delicioso álbum de Juan Alfonso Belmontes con ilustracións de Natalei Pudalov, A voda do Galo Pinto. O conto é popular polo tema e actual sempre: porque fala da relación que se pretende desigual entre home e muller. Con moitos símbolos literarios e algo de barroquismo, é unha lectura moi propicia para educar en igualdade e para disfrutar das súas ilustracións, moi orixinais e luminosas. Curiosa a mestura que no libro se fai, posto que é un conto de animais agás a protagonista, unha nena Xiana que acollerá dous amores ben diferentes dos que se tira unha lección final.










Non á violencia contra as mulleres (CXLVI)

Recollo hoxe íntegro o post que publicou Ana Bande no seu blogue este venres. Desde aquí, grazas.

A parte dos crimes....


Fotografía: Ana Mendieta

A seguinte morta foi Fatema, de 30 anos, atopada no chan do corredor do seu piso da rúa Sunyer do Barrio de Poblenou de Sant Andreu. Segundo as estatísticas, Fatema foi a víctima 26 da violencia de xénero dun ano funesto no que trinta e cinco homes máis asasinarían ás súas parellas. Fatema tiña tres fillos de 14, 12 e 5 anos. Foi o maior o que avisou á policía logo de presenciar xunto cos irmáns o asasinato da nai. Un veciño declarou que “era unha familia moi educada". Fatema non tiña presentada denuncia por malos tratos. A noticia sae hoxe no diario El País nunha páxina da sección de Sociedade a carón doutra que ocupa media páxina que fala do perigo de extinción do lagarto Furcifer lateralis que vive en Madagascar, por mor do cambio climático.


...podía ser verdade...

Brigada 'Palestina, Terra e Territorio'


Tres días nos territorios ocupados de Cisjordania som suficientes para decatarse do significado que 'Lager' (campo de concentración em alemán) pode ter na sociedade do risco contemporánea. A anulación do réxime de cidadanía unha poboación enteira pola vía da emerxencia, e a fragmentación en arquipelagos dos territorios e afectos que constitúen o centro de qualquera comunidade humana, son rasgos centrais da política étnica israelí.

Na periferia atopamos os tres eixos transversais dunha dinámica colonial profundamente ambivalente, sofisticada e rudimentaria: impedir de forma física e burocrática calquera apéndice de libre mobilidade da poboación árabe de Cisjordania, controlar, tutelar e apoderarse da capacidade de produción material e subtraer de xeito continuo os seus recursos e bens comúns.
Apenas tres días son suficientes para percatarse do exponencial exercicio de dignidade que atravesan diariamente miles de persoas nas terras da Palestina Histórica.

Palestina non se traduce só nun son máis forte ca un ouveo, máis apremiante que o lamento. Palestina é, singularmente, un mar de diginidade colectiva contra o brutal avance do deserto. Ante as inxustizas sistemáticas, hoxe en día cómpre estar do lado dos que toman parte. Tomar partido aquí significa retomar vellas palabras, pero sobre todo emprender fermosas prácticas: parte e fin, solidariedade.


15/05/10

Unha sorpresa para o final

Semella que podemos inventar isto por incrible. Semella que neste mundo xa non se coñecen palabras como solidariedade, decencia, xustiza. Semella, cando menos, que todos aqueles que moven os fíos televisivos, acostumados como están ao tele-lixo, esqueceron calquera signo de cordura.
Lino o outro día e non tiven tempo de volver a esta nova que me sacudiu as entranas: Manolo Lama, xornalista deportivo de Cuatro, rise dun mendigo que vive na rúa, morto de frío, na conexión que realizaron en directo co gallo da final futbolística (o único importante no noso país). Seica, a situación foi que os seus compañeiros dixeron -"Sé que tienes una sorpresa para el final" e logo rin a nova.
Xa non falo de que tipo de xornalismo é este. Falo de que tipo de persoas son estas. E non o comprendo. Estas persoas son os espellos do noso alumnado cada día.





Insoportable.

Reacción de J.R. Mora:







“La pobreza de nuestro siglo es distinta a la de épocas precedentes. No es, como antes, resultado de una escasez natural, sino de una serie de prioridades impuestas en todo el mundo por los ricos. En consecuencia, los pobres modernos no son objeto de lástima, sino que son marginados como basura.” John Berger.

Vía

La casa

Non sei como vou falar deste libro que non é un libro senón unha obra de arte en si mesma. Abrilo, percorrelo coa mirada, acariñalo, sentilo, extasiarse, é todo un. Porque é deses libros aos que volves unha e outra vez, e de cada volta atopas un algo novo no que non repararas. Porque as ilustracións son tan minuciosas, tan delicadas, tan perfectas, que semella incrible que un libro poida proporcionar extraordinario pracer.
Falo de La casa de J. Patrick Lewis e ilustracións de Roberto Innocenti. Publicado por Kalandraka. Un defecto: non está en galego. Preguntei as razóns, pero a confusa resposta aludía aos dereitos. Aínda que esta mesma editora ten deste mesmo ilustrador (aprendede o nome!) As aventuras de Pinocho, outro deses libros que hai que ter para acariñar de cando en vez.
A historia, ademais, é moi fermosa: a evolución dun fogar ao longo do século XX. Coma se dunha persoa se tratase, poderemos contemplar os seus cambios, a soidade, a riqueza, a tristura, a guerra, o abandono... E digo "ademais" sabendo que cando abrades o libro veredes que repararedes posteriormente nas letras: o máis impactante son as ilustracións.
Unha xoia.

Milu

A Convención sobre os Dereitos da Infancia recoñece que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar nunha familia. Porén, en España hai máis de 15.000 rapaces que carecen dese dereito e viven en centros de menores, moitos deles sen apenas contacto coas súas familias biolóxicas. Nos seus 14 anos de traxectoria, a Fundación Meniños atendeu unhas 6.000 familias e uns 9.000 menores, dos cales un milleiro pertencen ao balance de actuacións do pasado ano. Como dixo Manuel Rivas na presentación de Milu, a Fundación Meniños é “un lugar onde se produce harmonía, un lugar de rescate, de esperanza”.
Esta é a presentación deste libro que ilustrado por Aitana Carrasco nos ofrece Kalandraka. Está garantido, pois, que a súa compra é un acerto: porque contribuiredes cunha ONG, porque o texto é dun gran escritor, porque a edición é outra marabilla máis, porque as ilustracións son xenerosísimas.


Do blogue de Kalandraka:

“Milu” relata as vivencias dunha nena en apuros: cando o seu pai deixa de cantarlle cancións e a súa nai deixa de ter expectativas, unha pequena televisión convértese na súa única compaña. Milu é a voz de moitos nenos e nenas que non poden gozar do seu dereito a vivir en familia; pero a súa historia lémbranos que hai lugar para a esperanza.

Manuel Rivas, que lle cede os seus dereitos de autor desta obra á Fundación Meniños, crea un relato tenro e sensible que amosa a indefensión de Milu ante os problemas dos seus pais. Aitana Carrasco tamén colabora coa Fundación Meniños cedéndolle a imaxe da protagonista; nas súas ilustracións coloristas mestúranse estampados, texturas e gravados antigos, creando ambientes realistas con elementos oníricos.


Fomentando a lectura... hai anos

Atopei aquí unha referencia a aquel programa de éxito dos 80: "La bola de cristal", que xa daquela promocionaba a lectura deste xeito:






Os límites do admisible

Hai tempo que non colgamos nada con respecto a un dos temas que máis preocupados nos ten: a situación lingüística. Isto débese a que todas as novas e artigos que destacamos facémolo no blogue de normalización, ao igual que publicamos alí todo o relacionado con Novoneyra. Porén, de cando en vez, algunhas novas deben vir ata aquí, inevitablemente, porque é de recibo facelo así. Arestora queremos que leades o artigo de María Reimóndez:

Sen dúbida, a tendencia vén de atrás pero unha ten a sensación de que se exacerba nos últimos tempos. O debate público chega a uns extremos realmente lamentables e non falo xa só do debate que se desenvolve nos parlamentos e medios de comunicación en xeral dende os partidos políticos (xa non falemos da televisión rosa/amarela). Non sei moi ben tampouco se como ampliación deste ou por dinámica propia esta tendencia conversacional se vai trasladando á sociedade sobre todo nuns tempos onde certos discursos exacerbados atopan un espazo que non debería de concedérselles.

O fundamental deste fenómeno é que cando as persoas non teñen argumentos dedícanse á calumnia, o insulto e a máis burda mentira. Así, parece que nos afacemos a que certos colectivos fundamentalistas intimiden a poboación coas súas diatribas por internet, con panfletos incendiarios ou emitindo supostos informes de fundacións con tanta lexitimidade democrática nos valores que defenden como o Ministerio da Propaganda de calquera ditadura.

Falan dende o cumio da demagoxia, utilizando a linguaxe dos dereitos para falar de privilexios, a linguaxe da familia para impoñer a submisión das mulleres ou a linguaxe da imposición para defender a única lingua imposta –por historia e presenza dende arriba: canles de tele, radio e xornais, comunicacións administrativas, dereitos de uso, acceso ao espazo público... teño que seguir?– en Galicia, o castelán.

O falar non ten cancelas, claro, pero esquecemos moitas veces que cos dereitos veñen tamén obrigas e unha delas é a de respectar os límites do debate lexítimo. Para que se entenda claro, eu non escribo mentiras como que tal político viola nenos para desacreditar as ideas que defende e coas que estou en total desacordo. Nin digo que certa dirixente de organización zoupa no seu alumnado para desmontar as falacias que defende Galicia Bilingüe. Porque para rachar cos argumentos da parte contraria non se insulta, arguméntase.

O que pasa é que o único argumento que estas persoas utilizan son ideas que non deberían poder difundirse en ningunha sociedade democrática. Cómpre darlles a volta aos discursos para poder inserir de novo a xenofobia, o racismo e o machismo no debate. Porque, por poñer un exemplo que clama ao ceo, a fobia cara ao galego é unha fobia cara ás persoas que o falamos, simplemente.

O galego non é un ente abstracto, desprezar o galego é desprezar as persoas que o falamos e parece mentira que quen difunde tales discursos atope espazo en medios ou foros públicos, internet incluído.

Paréceme lamentable que, a diferenza doutros países europeos, neste alguén poida difundir ideas xenófobas, sexistas e racistas pola rede sen consecuencia penal. Así, canto máis se tolera a situación, máis vai en escalada, pasando da mentira e a calumnia á intimidación.

O feito de que dende as instancias gobernamentais galegas non só se tolere senón que se impulse a presenza de tales elementos no debate social explica que centos de mestras e mestres de toda Galicia teñan que soportar burofaxes intimidatorios por exercer o seu dereito e ademais deber legal de impartir as súas aulas en galego segundo o Decreto vixente, ademais doutros casos aínda máis vergoñentos. Iso, claro, non debe de ser “impoñer”.

A un goberno que pretende vender unha imaxe falsa de “amabilidade” non lle interesa que tales feitos saian á luz mais animo a falar deles. Porque a responsabilidade final desta situación está en quen permite, dá cova e espazo a estas voces. Porque para iso están, primeiro e antes de todo, os poderes públicos e con eles toda a sociedade, para marcar os límites do admisible.



14/05/10

Géométrie

Animación realizada por "Etienne Badia". Seguro (ou iso espero) que é do agrado do meu compa blogueiro. As matématicas: puro arte.



Vía Recogedor

Doña Pura y los camaradas de Abril

O noso benquerido Ernesto ofrécenos a súa reflexión sobre a última lectura realizada: Doña Pura y los camaradas de Abril de Germano Almeida. El Cobre ediciones.
Grazas Ernesto. Esperámoste!

Dade un paseiño até Lisboa e situádevos no 25 de Abril de 1974: tanques, baterías armadas, carros de combate, metralletas……o exército está tomando a cidade!; na radio aconsellan á poboación que permaneza nas casas por seguridade... qué facer?

Moitos revisariamos a despensa!

Pois temos aquí a un estudante de dereito caboverdiano que, coa certeza de que se están a vivir momentos históricos, bótase á rúa para ser espectador de excepción e impresionar a súa caseira.

Nesta novela, onde os homes bailan ben e namoran ás mulleres difíciles de namorar, Germano Almeida achéganos, con moito sentido do humor e sarcasmo, esoutra revolución portuguesa que iniciaba a independencia das colonias.

ATENCIÓN HOMES:

Lédeo, hai neste libro moitos trucos para conquistalas... a elas.

Por que morren ao ano mil millóns de nen@s?

Isabel f. Lantigua comenta un artigo científico que analiza as causas de morte en nenos e nenas menores de cinco anos e a súa distribución por países.

Más de 8,8 millones de niños en el mundo no viven lo suficiente como para celebrar su quinto aniversario. La neumonía, la diarrea, la malaria o las complicaciones al nacer evitan que puedan soplar tan pocas velas. Un estudio en 193 países explica las causas por las cuales estos niños siguen muriendo y lo lejos que se está aún del cuarto Objetivo para el Desarrollo del Milenio (ODM), que pretende reducir la mortalidad infantil en dos terceras partes para 2015.

En el trabajo, publicado en la revista 'The Lancet', Robert E. Black, del Departamento de Salud Internacional de la Escuela de Salud Pública Johns Hopkins (EEUU), y el equipo del Grupo de Referencia Epidemiológica para la Salud Infantil, de la OMS y UNICEF, concluyen que de los 8,8 millones de fallecimientos de menores de cinco años que se contabilizaron en 2008, las enfermedades infecciosas -con la neumonía en primer lugar- fueron responsables del 68%.

Un 41% de estos decesos se registró en neonatos (aquellos bebés que tienen entre 0 y 27 días de vida), que perdieron su oportunidad de crecer por complicaciones en el parto, por asfixia al nacer, por una sepsis (infección de la sangre) o por la neumonía.

Casi la mitad de estas muertes (el 49%) se producen en tan sólo en cinco países: la India, Nigeria, República Democrática del Congo, Pakistán y China. La India es el país con peor índice de supervivencia en menores de cinco años y presenta el mayor número de muertes debidas a la neumonía y la diarrea. Por su parte, el continente africano registra el 92% de los fallecimientos debidao a la malaria y el 90% de las causadas por el sida. Y, pese a que los programas de vacunación han reducido la mortalidad infantil debida al sarampión y el tétanos, estas enfermedades todavía son culpables del 1% de los decesos.

Aunque estos 8,8 millones de fallecimientos suponen una mejora en la última década -en el año 2000 hubo 10,6 millones de muertes-, los investigadores revelan que "la proporción de decesos en neonatos ha aumentado del 37% en 2000 al 41% en 2008, por lo que la atención a este grupo se ha convertido en lo más prioritario. Del éxito en los esfuerzos por controlar estos problemas, que son fácilmente prevenibles, dependerá que se logre el Objetivo del Milenio", añaden.

La malnutrición, las severas deficiencias de vitamina A y zinc, y la falta de leche materna no se presentan en estas estadísticas como causa directa de muerte, pero los autores reconocen que están detrás de, al menos, un tercio de los fallecimientos de estos niños. "Tan sólo con un programa encargado de mejorar este déficit nutricional lograríamos un incremento de la supervivencia infantil", indican.

La situación en Europa difiere mucho de la de los países con menos ingresos. Los datos muestran que, de Europa Occidental, el país que ocupa el peor puesto en este triste ranking es el Reino Unido, con 4.324 decesos infantiles, la mayoría de ellos por complicaciones en el parto, anomalías congénitas y asfixia. No obstante, este dato supone una parte muy pequeña en el cómputo global. En España, la cifra es de 2.150 muertes.


Vía

13/05/10

The TV Show

Curta de animación do realizador "Sugimoto Kousuke", cunha boa banda sonora.



Vía Recogedor

Circe ou o pracer do azul

Gustoume moito, moitísimo, este libro, Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, publicado pola editorial Galaxia. Agardo con ilusión a reunión do club de lectura xa que teremos o inmenso honor de poder falar con ela. Unha volta feminista a esa mitoloxía que nos contaron doutro xeito ("Homero fala das mulleres dende a percepción de Ulises, pero non sabemos nada do que elas pensaban, sentían ou querían. Entón pensei: xa que Homero non falou delas, voulle dar eu as palabras que el non lles deu"): unha relación epistolar entre Penélope e Circe que nos fará reflexionar sobre a condición de ser muller na sociedade, sexa cal sexa esta, a amizade e o papel fundamental que sempre se lle dou aos homes. O máis curioso é a actualidade do tema, por moito que nos envolva a mitoloxía clásica na lectura: o desamor, a paixón, a infidelidade... Fala Circe das dores non faladas como as máis insistentes; contesta Penélope abrindo o seu corazón; fala Circe de paixón a pesar de todo; fala Penélope de resignación e soidade... Vaise tecendo o libro entre cartas que ambas protagonistas se escriben e entrementres unha terceira persoa vainos desgranando o que ocorre en ambos reinos. E todo sucede de tal xeito que é igual a ver un filme. Ou polo menos esa é a impresión que tiven: unha sensación de cámara fotográfica onde as palabras se transformaban en imaxes sen necesidade de actuar a maxinación.

Do mellor que lin ultimamente da nosa literatura!

... Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Tí cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada... Así falou Circe, a da voz dourada, e os ollos de Ulises enchíanse de bagoas ao escoitala...

Competencia informacional

Unha interesante reflexión que nos achega Cristina:


Para os "ordenados"

Magnífico Spot de Amnistía Internacional.
Un xeito de tentar ocultar o racismo é utilizar eufemismos ou ambigüidades, xa que moi poucos son quen de se declarar racista.



12/05/10

Bear Film

Curta de Kris Anka realizada na escola CalArts:


a bear film from kris anka on Vimeo.



Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.