Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/06/12

Zombis

Debido aos recortes en educación, os estudantes de Sevilla xa se converteron en zombis. Un andazo estendible a todo o país:  "Por mucho que estudiemos o por mucho que intentemos tener un puesto de trabajo digno, siempre estamos viviendo de prestado en esta sociedad. Somos muertos vivientes".



Vía

10/06/12

Camaritas

Novamente a publicidade de Coca-Cola vólveme engaiolar:


Vía

Illa literaria

Por segundo ano consecutivo fun onte á Illa de San Simón para asistir a festa máis relevante das nosas Letras: os premios Xerais. Desta volta era unha convidada máis que podía observar sen ser vista; o ano pasado, no papel de xurado, era outra a percepción. Non sei se por isto gocei o serán máis intesamente, ou se foi porque realmente a velada resultou ser máis emotiva cá anterior. O recibemento de Celia Torres coa "alegría" do Xerais. A amizade de Helena e os compañeiros de xurado do ano pasado... O discurso de Marilar Aleixandre penetrou ben fondo, dende a pel ata as entrañas, porque o lume queima e os libros están feitos de ascuas. Ascuas que, certamente, seguen vivas ao espertar e sentir que as súas palabras bailan aínda nas miñas orellas reclamando novamente a súa lectura.
Se houbo emoción tamén houbo abraio: un premio compartido para pai e filla nunha novela que promete e que estamos desexando ler dende onte. Recoñezo que non me sorprendeu o premio Merlín, recollido por un magnífico Marcos Calveiro que nos fixo vibrar a tod@s coas súas palabras: morte e enfermidade ademais de amor, afecto e agradecemento inundaron o espazo no que nos encontrabamos onde só sobrou un "incluso".
Xurxo Souto fixo que batésemos palmas e cantásemos a coro, mentres logo asolagaba o local con Celso Emilio e o seu "Como un irmau che falo".
Emoción e risos: situarnos Fran Alonso no ano 19.. foi absolutamente entrañable, como é propio del. E o discurso de Manuel Bragado, con esa frase optimista que resumía a situación actual: "vivimos tempos mellores". Ogallá aqueles tempos encontren un oco no futuro máis próximo.
Ademais, poñerlle ollos a caras e nomes, esa sensación de "por fin", ese sorriso permanente de Rexina Vega que me cativou, esa amabilidade eterna de Paz Raña...
E agora, pechade os ollos e maxinade que a sensibilidade cobre vida e se convirta en brétema luxuriosa: así foi a noite. A brétema envolvía a ría e o barco para lembrarnos que a natureza é o único que non podemos dominar, con primas de risco ou sen elas. Será esta babuxa quen nos permita sentir e rebelarnos por fin? Porque "no mar tamén pode chover" podemos crer que os galegos seguiremos adiante na nosa lingua e na nosa cultura.
Grazas a todo o equipo de Xerais por facernos vibrar, por axudar a crer en nós e no noso futuro como país, e por me permitir compartilo in situ.


Non á violencia contra as mulleres (CCLX)


 "A estraña" é un filme que non podemos ver no país, pero que colleitou importantes premios a nivel internacional. De nacionalidade alemá, unha dura película que retrata a situación de miles de mulleres maltratadas e discriminadas pola sociedade ou a familia, por motivos culturais ou relixiosos.


Vía

09/06/12

Estraños na piscina




Vía

El árbol rojo



Descubrín este libro de poesía grazas a Carlos Negro: El árbol rojo é un libro de "Versos para ceremonias laicas. 40 poetas ponen voz a nacimientos, bodas y funerales". Así que maxinade que útil pode resultar este libro publicado por Demipage. Andrés Rubio reúne corenta poetas de todas as épocas con máis de sesenta textos para estas ocasións, entre os que destaca a presenza de Whitman, incluíndo a lectura de Séneca, Rilke, Kavafis, Cummings...
Preciosa reivindicación do espazo laico a través da poesía que inclúe música clásica propicia para esas ocasións.
Elixo hoxe un poema de adeus, a elexía que W. H. auden adicou ao seu amante morto por ser un poema preferido dunha amiga:

Detened los relojes, descolgad el teléfono,
 Haced callar al perro con un hueso jugoso
 Y silenciad los pianos; con tambor destemplado
 Salga el féretro a hombros, desfilen los dolientes.

 Den vueltas los aviones con vuelo inconsolable
Y escriban en el cielo las nuevas de su muerte,
Que lleven las palomas crespones en sus cuellos
Y los guardias de tráfico se enfunden negros guantes.

 Era mi Norte y Sur, mi Oriente y Occidente,
 Mi día laborable y mi domingo ocioso,
 Mi noche, mi mañana, mi charla y mi canción;
 Pensaba que el amor era eterno; fui un crédulo.

 No queremos estrellas; apagadlas de un soplo;
Desmantelad el sol y retirad la luna;
Talad todos los bosques y vaciad los océanos;
Pues ya nada podrá llegar nunca a buen puerto.

Masificación

Curta que ironiza sobre a futura masificación das aulas grazas ás medidas do goberno:



/



Vía

08/06/12

Who's afraid of Mr. Greedy



Dark butterfly

Custoume moito a lectura deste libro pola súa temática: adentrarse nesoutro mundo da loucura cando o que adoitamos facer é mirar para outro lado non é tarefa sinxela. Rexina Vega publica en Xerais este Dark butterfly que nos enche de dura tristura e abrumadora realidade. Percorremos nestas páxinas camiños que nos torturan porque a mente o está, o desacougo é a chave que procuramos nunha lectura que non permite deixar ningunha porta aberta, nin sequera a da esperanza. É unha novela demoledora que nos fai conscientes de que calquera de nós pode caer nese abismo que dilúe a certeza do ser humano de estar aquí e tentar sobrevivir. 
Por iso é unha lectura  nada condescendente e moi atormentadora que deixa a liberdade absoluta ao lector a un xuízo sen concesións, xa que a narración non xulga, só ofrece. Pero cando pechamos o libro, permanece ese medo interior que esta demoledora ventá abriu no noso interior... cordo?






E como me encantou o texto de presentación de Paz Raña tamén volo deixo aquí:

Algunhas palabras teñen tal avidez de osíxeno que, ao mesturarse con el, acaban imprimindo unha manchea de desexos de interpretar o que esconden os nosos adentros.
Quizá sexa unha das poucas formas de vencer o pudor instintivo que define esta fusión, e, unha vez dominado, xorde o nervio que camiña en sentido inverso á farmacia.
Deste modo, nacen pensamentos e sentimentos que, con vehemencia, escreben un Si, poucas veces, e berran un NON, moitas, co atractivo que dá o medo, simplemente.
O resultado ten un aquel de táboa periódica, ambivalencias que proxectan o desgarro no espello, rebrandecen os metais máis duros e, por fin, conseguen que a auga estoupe en forma de vapor.
Que sorte! O rumor das conversas deixa de resoar no cerebro como dinamita.
E aí está, bolboreta, a unha distancia ocular de escasos centímetros. Ela, intentando calzar os zapatos dos outros, gobernar no país onde a enerxía viaxa en todas direccións, malia que, sen remedio, se precipita a unha soa parada: o pavor reverencial perante a vida.
Pero, estamos a falar de bolboretas, de bolboretas negras, as que prefiren a nocturnidade, que proceden da intimidación da metamorfose, nun cambio doloroso en previsión dunha vida adulta breve, un insecto que algún sabio bautizou co nome de Ascalapha odorata (ou sexa, relacionada co demo e con Hades, o rei do inframundo), bolboreta.
E o curioso é que tamén podemos falar do efecto mariposa e facer un exercicio de ousadía, predicindo un soño doce, nada violento, nada cassándrico... que o aletexo da nosa bolboreta en Vigo desate tormentas en Nova York.
Un xogo finito, en fin!, un papillon noir, unha farfalla nera, ou papallona, ou tximeleta, ou, por que non?, unha Mademoiselle Butterfly.
Un libro que me axuda a liberar un pensamento: os recordos bonitos son os máis difíciles de superar.
Unha autora fermosa, multiplicada, que invoca ao sol, e ao seu brillo.
Unha muller que se apropia de min, que me agasalla coa sustancia da linguaxe, e me ofrece signos para viaxar ao fondo da intimidade, cara ese diálogo interior inevitable...esencial...soidade...bolboreta... 

Nados para aprender

Esta é unha teoría. A outra dinos que só existe a adolescencia, de toda a natureza, no ser humano. E iso ocorre porque nas outras especies tanta parvada xunta destruiría a especie... ou iso é que o me explicaron, ou o que eu entendín! De momento, ide mirando o vídeo, a ver que vos parece:

07/06/12

Canto indignado

Unha canción reivindicativa de Paco Damas:



Aproveito para poñer estoutra do mesmo autor:

El lenguaje de las cosas


Aínda que o lin hai un tempo, quedoume sen comentar no blogue... ata que por fin topei o oco! Publicado por El Jinete Azul, El lenguaje de las cosas é de María José Ferrada con ilustracións de Pep Carrió. Un libro ben necesario para lembrarnos a voz de todo canto nos rodea... que non as oímos? Só hai que buscar o tempo e o silencio necesario para axexar as cousas e a súa propia linguaxe. Iso si, estade atent@s, as linguas non son tan doadas! Uns escenarios domésticos ben ilustrados con cada poema.



O agasallo de Anya

Un precioso conto de Sabela Núñez Singala para un proxecto de axuda mutua entre nenos e nenas de Galicia e de Ucraína.



06/06/12

Un Petit plat pour l'Homme

Curta de Corentin Charron, da escola de animación  SupInfoCom.


Vía Microsiervos.

Jumanji


Seguro que estades pensando que vou falar deste filme que ten xa ben anos. Pois non. Posto que veño de descubrir este álbum de Chris Van Allsburg (xa sabedes que me encanta: no blogue podedes topar estes tres seus libros) publicado por Fondo de Cultura Económica no ano 1981. Co álbum descubro que esta lectura entre fantasía e realidade é anterior ao filme protagonizado por Robin Williams. E como coñecedes a peli non teño moito máis que dicir... agás que moi pouco ten que ver un coa outra e que paga a pena achegarse a este delicioso libro con grandes ilustracións nunha soa páxina en branco e negro.


Que é ser bo profesor?

Artigo de Javier Martínez Aldanondo:



Qué es un buen profesor


Neste vídeo podedes escoitar a Alvin Toffler, coñecido polas súas discusións sobre a revolución dixital e das comunicacións. A súa cita máis célebre: "Os analfabetos do século XXI non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón aqueles que non saiban aprender, desaprender e reaprender".




05/06/12

À travers la brume


Adiós a la tierra de los colores vivos


Non é un álbum ilustrado, aínda que as ilustracións enchen gran parte deste fantástico libro publicado pola editorial A buen paso: Adiós a la tierra de los colores vivos está asinado por Oti Rodríguez Marchante e Pere Ginard. Catro contos inesperados que falan de días grises e de cores, de ilusións e de transformacións. Un libro sorprendente e interesante con tesouros que aparecen cando xa non os esperabamos. Creo que paga a pena botarlle un vistazo e recrearse coa sorpresa que cada relato nos depara.




Por ser muller



O avance da tecnoloxía na detección do sexo dos fetos  extende a barbarie do feticidio de nenas por zonas asiáticas e do Cáucaso, segundo se desprende doo "Informe sobre o desenvolvemento mundial 2012: Igualdade de Xénero e desenvolvemento". Un informe que nos di que cada ano practícanse un millón e medio de abortos selectivos de fillas. E non só iso: medio millón de nenas menores de cinco ano morren vítimas da discriminación en fogares pobres que optan por dedicar os seus escasos recursos aos varóns.
O informe considera que cada ano pérdense preto de catro millóns de mulleres xa que ademais un millón e medio delas morren entre os 15 e os 49 anos.
Porén, no mesmo informe tamén podermos ler os importantes avances logrados en igualdade de xénero no último medio século, o que globalmente ten permitido á muller ser máis lonxeva có home.

Vía

04/06/12

Xurado literario

O bo de impartir aulas no IES Chano Piñeiro é que os americanos aínda non conquistaron Forcarei, polo que a despedida de 2º de Bacharelato é tan entrañable e natural como ir a unha desas paraxes marabillosas que rodean a vila e sentarse ao ar libre a charlar e a gozar da compañía e da natureza. Os propios alumnos pescaron e cociñaron troitas para nós, mentres nos enchían de toda clase de doces que se empeñaran en cociñar previamente. Empanadas e tortillas... e xa temos unha boa festa armada!
Estas son as miñas nenas lectoras, as que forman parte do xurado dos Premios San Clemente:


 Os libros que van ler (cada dúas, tres libros) son:

 LÍNGUA GALEGA
A veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda. Ed. Xerais
O bebedor de rakia de Manuel Marcos. Ed. Xerais
Extramunde de Xavier Queipo. Ed. Xerais

 LÍNGUA CASTELÁ
Caligrafía de los sueños de Juan Marsé. Ed Lumen
El ruido de las cosas al caer de Juan Gabriel Vázquez. Ed. Alfaguara
Deseos de Marina Mayoral. Ed. Alfaguara

 LÍNGUA ESTRANXEIRA
Siete años de Peter Stamm. Ed. Acantilado
El mapa y el Territorio de Michel Houellebecq. Ed. Anagrama
Purga de Sofi Oksanen. Ed. Rinoceronte

Que vos vaia moi ben no futuro!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.