Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/07/12

Arte de libro

Nicholas Jones é un escultor de Melbourne, que utiliza os libros e o papel impreso para facer obras que cuestionan o xeito en que os libros son “lidos”. O libro é punto de partida de creación artística, como obxecto transcendente de poder e procura incensante deste.






Vía

09/07/12

Lifes For Sharing




Casa de verano con piscina

Volve a editorial Salamandra a publicar a Herman Koch, autor de La cena e deste Casa de verano con piscina. Koch ten a habilidade de construír personaxes odiosos coa fin de facer unha crítica social da sociedade burguesa e de analizar sentimentos encontrados ante unha situación ben difícil, así como o feito de analizar unha cuestión ben interesante: as aparencias, ese "quedar ben" imperante na nosa sociedade, non sei se por extrema educación ou por extrema hipocresía. Unha das virtudes de Koch é propór preguntas implícitas ao lector, o feito de cuestionarnos tantas cosuas inda contando coa distancia que mantemos cos seus personaxes... porque mira que me caen mal!!! Homes de miradas lascivas, médicos amargados, autores decrépitos, xuventudes enganosas...
Non me gustou o final, o feito de resolver a situación desa maneira en que o fai o autor non me parece apropiada, nin sequera creo que sexa coherente coa ética moral que a lectura nos manifesta. Pero quizais sexa esa a intención do autor: que o lector se divida e multiplique, que pense en se o personaxe principal actuou ben ou non, sen poder xulgar despois, como non fan os xuíces posibles nesta historia.
Tampouco me gusta o papel que se outorga á muller no libro. Ningunha das mulleres que nel se describen son importantes na historia e ningunha ten capacidade dunha iniciativa eficaz.
De todos os xeitos, e maila os puntos negativos que estou a describir, creo que é unha lectura interesante e reflexiva que paga a pena. Recoñezo que o impacto do seu primeiro libro foi maior, pero é interesante esta crítica certeira a todo un elenco de personaxes onde ninguén se salva, nin a adolescente nin o señor maior. Ninguén é perfecto!!!


De postre, currículum

Tentar facer o noso traballo do xeito máis apetitoso posible. Isto é o que nos propón Núria Fusté e que descubrín grazas a Montse:




A escola concertada Laia do barrio de San Andreu, en Barcelona pechou boa parte das súas unidades e 73 alumnos quedaron sen centro e 7 profesores no paro. Núria Fusté Massana foi unha desas profesoras que quedou sen traballo.

08/07/12

Grazas, Agustín!

Mercedes Queixas en Sermos Galiza:

A miña patria é a lingua, afirmou Pessoa, patriarca das letras portuguesas.

A patria do escritor é a súa lingua, recoñeceu novamente Francisco Ayala.

A lingua galega tense convertido tamén para o noso escritor Agustín Fernández Paz, no apoio óptimo para esvaír o fío imperceptíbel entre quen le e quen escribe e para, asemade, amplificar o convite social a xogar coas palabras que a lingua nos ofrece sempre, porque seguramente o noso veciño, profesor, parente, amigo e/ou compañeiro de viaxes, Agustín, participa e exemplifica a máxima de Cortázar, logo de ter viaxado a Galiza e se aproximar ao seu pobo: Os galegos respiran polo idioma.

Agustín Fernández Paz foi quen de arrombar conscientemente a diglosia errática herdada e aceptou, sen prexuízos, desde a raíz do coñecemento, a lingua propia, o galego, para guiarnos por multitude de viaxes reais e imaxinarias, itinerarios tecidos cos fíos da vida, trazados en tempo presente, pasado e futuro, da man de personaxes novos e adultos, mesmo daqueles invisibilizados. Porque na obra narrativa de Agustín, unha sensibilidade exquisita provocou que as mulleres, as nenas, tamén se teñan convertido en protagonistas activas e heroínas desenmascadoras que merecen o primeiro plano do relato, nunha evidente aposta metonímica pola agardada igualdade a todos os efectos no noso día a día.

E xa postos a recoñecer, con xustiza, porque se cadra a nosa vida é cativa e convértese nunha resolución de prioridades nas que acreditar, o esforzo da escrita foi máis aló. A Agustín Fernández Paz deberemos sempre a súa aposta pola visibilización da literatura infantil e xuvenil galega como un xénero literario maior, vestido de gala, fronte a quen se empeñar en lle apoñer sempre a etiqueta de “produto de segunda”, “xénero facilón, oportunista e escolar”, “literatura de instituto” ou “de público limitado”. Eis o reto persoal: converter, a contrafío, en realidade visíbel, tanxíbel e veraz unha literatura infantil e xuvenil propia, en galego, contada desde nós, mais con vocación de universalidade. O reto está conseguido. A obra narrativa en galego asinada polo noso escritor está sometida a reedicións constantes, porque o lectorado galego o demanda; é traducida a varias linguas, porque outros mercados editores e lectores así o requiren; é premiada reiteradamente porque os xurados, os compañeiros de profesión, a crítica literaria, os libreiros e o lectorado recoñecen a súa calidade. E finalmente, por se aínda houber algunha físgoa de incredulidade, varios dos títulos con que nos ten agasallado recolleron premios promovidos por organismos non galegos, como o Premio Lazarillo, o Premio Nacional de Literatura Infantil, concedidos polo Ministerio de Cultura español, ou o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil, isto é, para alén do Padornelo e do Cebreiro, fronteiras para nós unicamente xeográficas, demostrando que a literatura galega, como a cultura de noso en xeral, nin é limitada nin moito menos (nos) limita ou ailla.

Porque o escritor traballa incansábel desde o centro do mundo, creando un produto literario universal, dirixido a toda a humanidade que o quixer acoller, desde unha lingua á que aínda hoxe non se lle coñecen máis barreiras que as mentais ou ideolóxicas de quen non entende que só se pode ser universal desde as propias raíces.

As palabras son médicos dos azos enfermos, sentencio Esquilo, creador da traxedia grega. Neste tempo que partillamos, realmente tráxico a todos os niveis, con preocupación polo presente e futuro da lingua galega e da cultura que esta alimenta, agradecemos a túa palabra e acción coherente. Precisamos, Agustín, dese pensamento honesto que te conduciu á non aceptación daqueloutro premio institucional hipotecado pola agresión organizada á cultura que representas.

O pasado sábado 30 de xuño, na Homenaxe Nacional promovida na honra do escritor desde a plataforma cidadá ProLingua, varios centos de persoas tivemos a oportunidade de nos achegarmos un pouco máis a Agustín, ao traballo inxente, ininterrumpido e comprometido de varias décadas a prol de valores irrenunciábeis: a normalización lingüística, a literatura galega, a xustiza social e o ensino público en galego.

Un pracer grande e un orgullo, persoal e profesional, poder partillar esta xornada de recoñecemento a un home de palabra e da palabra. Unha nova paisaxe nun novo día para gardarmos na memoria deste longo camiño en que contigo, somos e construímos a nación, como sentenciou na súa breve intervención o escritor Xabier P. Docampo.

Neste duro contexto regresivo para a maioría social en que as hemerotecas han testemuñar a responsabilidade dos actuais representantes políticos, galegos e españois, á hora de desactivaren, e mesmo pecharen, pola vía de afogamento económico a rede de bibliotecas públicas, de eliminaren axudas á tradución de libros entre linguas cooficiais, de non apostaren por plans de lectura ou de ignoraren o forte retraemento da edición en galego, máis unha vez fomos quen de demostrarmos a resistencia histórica do pobo sementador que agarda para apañar e entregar a colleita das palabras de afecto, do orgullo solidario, da emoción amical, do agradecemento por unha obra creada en clave de pensamento colectivo.

Grazas, Agustín, por tanta xenerosidade; grazas por tanta felicidade cómplice ao abrigo das letras galegas.

Príncipes e princesas


Un día de pasos alegres


Raquel Díaz Reguera publica Un día de pasos alegres na editorial Narval. 
"Esta mañana me he puesto mis botas de fabricar pasos alegres": así comeza o álbum. E a partir de aí, todo é ledicia. Calquera tarefa do día vai estar chea de cor, e vai resultar tremendamente deliciosa. Por que non gardar un raio de sol se logo nos pode cumprir?. Estamos ante un texto dinámico que vén acompañado por unhas ilustracións que nos cargan de enerxía e vitalidade, cheas de cor, que nos farán sorrir dende que abrimos o libro ata que o cerramos. Cada momento é máxico grazas ao maxín e ao desexo de ver sempre o lado positivo de todo canto acontece.
O mellor, é que cada un de nós pode ter as súas botas. Só hai que desexalas. E sorrir.



Precioso!

Non á violencia contra as mulleres (CCLXIV)


07/07/12

Alma llanera

Unha xoia das que che fan pensar, sorrir, sentir...



Palabras para armar tu canto

Este libro, IV Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños, é de Ramón Suárez, con ilustracións de Cecilia Rébora e publicado pola Faktoría k de libros. 26 poemas cos que podemos gozar con rimas, cantos de berce, trabalinguas, divertimentos, ritmo e musicalidade.

“…La memoria es el baúl donde guardamos los recuerdos y en ella la infancia deviene en geografía fértil para la evocación y posterior escritura de poemas. Escribir para niños nace de escribir desde el niño que somos y nunca dejaremos de ser. Esto conlleva su dosis de asombro, inocencia, descubrimientos, humor, aventura, musicalidad, travesura lúdica de los sonidos y de los significados; es decir, equilibrio en un pie y en otro ¿el pie del lapicero? ¿o el dedo índice en las teclas? al saltar sobre la rayuela de las posibilidades infinitas de la imaginación…”

 “Un libro que invita a cantar con el corazón, un libro que pide subirse a un árbol y leerlo en voz alta. O a decirlo casi en silencio cerca de tus sueños. Un libro que juega a la rayuela con sus sílabas. Lo dibujé con las hojas abiertas -con las alas abiertas- en las manos de los niños. Arma el rompecabezas de tu emoción cuando pases sus páginas. Disfruta sus versos y guárdalos cuando siembres en la palma de tu mano sus semillas, porque sus palabras son tuyas solamente”.






Sempre hai un lugar para a poesía (XCVI)

Chus Pato, a nosa poeta máis internacional, vén de participar nun encontro de poesía en Rotterdam. E cada día agasallo ao Facebook coa tradución dun poema ou coa información sobre algún poeta que alí coñeceu, escoitou e admirou. Así que aproveito a súa información para pasárvola a vós, se tedes ganas de ler poesía.
Empezamos por Dolores Dorantes.

Dolores Dorantes (1973) naceu en Ciudad Juárez, cidade na que traballou así como en Chiuahua e México. Escribiu innumerábeis artigos como xornalista de investigación. Foi fundadora do colectivo de artes fronteirizas "Compañía Frugal". Vive refuxiada nos Angeles debido ás ameazas de morte das que é obxecto. Non puido asistir a este festival porque os axentes de inmigración USA non llo permitiron. 

"Venimos a visitar tu cama. Un racimo de nenas. Todo era muy ambiguo. Todo estaba sin sangre. Venimos. A abordarte. A buscarte las manos para la tortura. A mancharte para cuando despiertes. Somos un racimo de nenas jugando a que se besan. Tomándote las manos. Deslumbre. No hacemos nada malo. No somos ni dolor ni cansancio ni muerte"

"Ramas. Ramas cruzando el aire. Ramas cortando el aire. Atravesando la interminable piel del cielo. Azotando el cielo. Tiras de cielo tienes de nosotras, fervor. Tiras somos. Partes vivas de un árbol. Orfebrería aplicada con dolor sobre el aire, la piel del aire es lo que tienes. La carne azul del cielo. Piel que no puedes pisar. Queremos que quieras abrazarnos. Nos gusta que intentes sujetar el cielo. Nos gusta que tus manos se topen con las ramas. Nos gusta que dirijas las ramas en el aire. Todas queremos que nos cortes. Una racha de pájaros. Queremos que nos tapes la boca. Las hebras de tus venas en calma sobre la piel del cielo. Sostennos desde el pulso, fervor”

“ Este libro no existe. Todo lo dicho en nombre de un amor que no dura. El desahucio de cada línea. La droga en que se ha convertido ver la sangre. Ábrenos en este territorio imposible. Ilimitadas. Repetidas. Descubiertas. Estamos aquí como el rastro de un código. Tocamos a tu puerta para que nos nades. Fuego y agua. Estamos dentro de las botellas y los explosivos. Somos el exterminio. El lugar sin país. Amárranos, ponnos la correa. Ordena échense y muéstrenme la lengua: una racha de pájaros.”



06/07/12

Grandes ahorros


Nada más llegar a su cargo en lo que entonces todavía se llamaba Caja Madrid(después intervinieron esos genios de los nombres vacuos para darle a la cosa un sonido más evanescente y guay), Rodrigo Rato, ese mago de las finanzas, tomó una decisión valiente y necesaria para salvar a la entidad en peligro: suprimir la Revista de Libros, que debía de ser una de las cargas económicas que la estaban hundiendo. El remedio, sin embargo, no funcionó. Aún después de cerrar una revista que llevaba quince años ejerciendo la crítica cultural con una amplitud y una seriedad muy raras en España, la bellamente rebautizada Bankia ha necesitado, por ahora, veintitantos mil millones de dinero público para no hundirse del todo, y Rodrigo Rato fue al paro, uniendo así su destino al de los cinco millones de españoles que se han quedado por ahora sin trabajo.  Pero sus sucesores continúan con las medidas tajantes, aunque imprescindibles. Ahora, cerrar bibliotecas. ¿Cuánto costaba al año la Revista de Libros? ¿Cuánto cuesta una cualquiera de las bibliotecas públicas de la antigua Caja Madrid ahora a punto de cerrarse? ¿Cuántas bibliotecas y cuántas revistas de libros y cuántas aulas y cuántas camas de hospital se podrían pagar con los sueldos o las dietas que han venido cobrando desde hace años los parásitos y enchufados políticos y sindicales de las cajas de ahorros? Ahora me escriben de una de esas bibliotecas, que está en Alcalá de Henares. Copio aquí la carta, con rabia y tristeza:
Amigo escritor, amiga escritora:
Sin duda conoces las dificultades que está atravesando Bankia, unas dificultades que tienen una vertiente cultural porque comprometen la continuidad de su Obra Social. Pero seguramente no sepas, porque es un hecho al que apenas se ha dado difusión, que bastante antes de que salieran a la luz estos problemas Bankia ya tenía decidido prescindir de su red de bibliotecas. No por problemas económicos, sino porque los nuevos gestores de la Obra Social las habían declarado obsoletas.
Aquí, en Alcalá de Henares, esto nos afecta muy directamente. La biblioteca de más arraigo, la que tiene más usuarios y presta un servicio más apreciado por los ciudadanos, pertenece a Cajamadrid y se va a cerrar antes del verano.
La biblioteca de la calle Libreros es una institución. Un lugar acogedor, silencioso y eficaz, en el que han estudiado varias generaciones de alcalaínos. Con el mejor horario, con las mejores bibliotecarias, con un excelente sistema de préstamo. Con el mejor ambiente para que todos puedan estudiar, también los que en su casa no tienen sitio o silencio. Donde los parados pueden consultar internet gratis, los jubilados pueden consultar la prensa, los niños hacer los deberes y leer a Mortadelo o a Tintín. Y donde hasta los indigentes pueden pasar la tarde calientes leyendo, sin verse excluidos porque no pueden consumir.
Todo esto va a desaparecer sin que parezca que importe mucho: al fin y al cabo Alcalá va a seguir siendo un paradigma de la cultura de escaparate, con su Premio Cervantes transmitido por la televisión. Por eso te escribimos. Para pedirte tu ayuda, por pequeña que sea, para que la biblioteca no muera en silencio.
Atentamente,
El grupo de usuarios de la biblioteca de la Calle Libreros.

Hijo, hazte futbolista

Artigo de Isaac Rosa, en El Diario.

Hijo mío: que no te vuelva a ver con un libro. Coge ahora mismo la pelota y venga, a darle patadas, que te quiero ver entrenando mañana y tarde. Tu padre ha visto la luz: queremos que seas futbolista. Profesional, por supuesto, llamado a la selección nacional, y campeón de Europa y del Mundo.
Tras dos días meditando sobre cuáles son las “lecciones” que, según nuestros gobernantes y buena parte de la prensa y tertulianos, deberíamos aprender de la victoria de la selección española, tu padre ya lo ha entendido: debes conseguir triunfar como futbolista.
No me mires así, hijo. ¿No es esa la lección que tenemos que aprender del éxito de ‘La Roja’: aspirar a que nuestros hijos ganen un día la Eurocopa? Porque otra lección, la verdad, no se me ocurre. Salvo regalarte un balón, apuntarte al equipo del barrio y rezar porque algún ojeador de un club grande se fije en ti, no veo por ningún lado cuál es el “modélico ejemplo a seguir”, ni cómo el “espíritu ganador” nos impulsará para salir de la crisis, ni dónde está “el mejor espejo en el que mirarse”, ni cuáles son esos “valores que debemos recuperar”, ni en qué sentido la victoria en Kiev es la prueba de que “con trabajo todo se consigue”, o de que “juntos podemos con todo”, entre otras pomposas expresiones oídas y leídas desde el domingo.
Es cierto, hijo: a mí no me motiva demasiado el fútbol, y tal vez por eso no aprecio todos esos valores y lecciones que otros ven en la histórica victoria. Pero no te confundas: tu padre no es ningún resentido, ni me molesta la felicidad de los demás, no voy de aguafiestas. Sabes que no me gusta el fútbol pero disfruto con el baloncesto o el ciclismo, y en casa siempre vamos con los paisanos baloncestistas y ciclistas, así que tampoco soy un mal español. Pero no se me ocurre nunca pensar que Gasol o Contador sean un ejemplo, un espejo donde mirarme, una guía de comportamiento para superar la crisis, los mejores embajadores de mi país, los salvadores del honor colectivo, los portadores de valores ni la prueba de que con trabajo y humildad se consigue todo. Me basta con que me entretengan un par de horas en las tardes de verano, que ya es mucho.
Con todo, admito que tal vez el problema es mío, que no veo lo que otros dicen ver, por esa incapacidad mía para apreciar el fútbol. De ahí que donde la mayoría asegura que reconoce a unos chavales simpáticos, generosos, humildes, solidarios (doy por hecho que al final donarán la prima, no serán tan tontos para perder el aura de héroes por una calderilla), jugadores que anteponen lo colectivo a la individualidad, con espíritu de equipo y sentido del honor, yo en cambio tiendo a ver a una elite de jóvenes millonarios llenos de privilegios, intocables, que disfrutan de beneficios fiscales, que se dan caprichos en forma de cochazos, cuya lealtad a una camiseta y una afición siempre tiene precio, capaces de dar patadas al rival y de simular una caída para ganar, y que muestran una mezcla de indiferencia e ignorancia hacia la terrible situación que vive el país (basta ver las entrevistas y cuestionarios a los jugadores que estos días publicaba la prensa).
¿Que entre ellos los hay solidarios, generosos, humildes, esforzados? Pues claro, no digo que no, pero lo que queremos de ellos es que ganen partidos y den espectáculo, que nos entretengan y nos den alguna alegría en estos tiempos desgraciados. Y para ello no creo que sea necesario el retrato beatífico, épico y almibarado con que estos días adornamos a unos deportistas que no andan precisamente faltos de reconocimiento social; un cargar las tintas en su bondad humana que a mí me los acaba haciendo especialmente antipáticos. Tan faltos andamos de modelos de comportamiento que en algún momento dejó de ser suficiente con que los deportistas ganasen trofeos; además debían ser buenas personas, solidarios y sensibles, participar en partidos benéficos, ser amigos de sus amigos, yernos ideales, novios de película, y ahora también psicólogos al rescate de la autoestima nacional, proveedores de soluciones políticas y económicas, y guía espiritual para momentos difíciles.
“¡Estos sí nos representan!”, repetía eufórico un periodista chillón días atrás, echando mano al grito más popular de los indignados, el “no nos representan”. Así nos va: ni los políticos, ni los sindicatos, ni el rey, ni los grandes medios de comunicación, ni los banqueros, ni los jueces, todos con el prestigio hundido. Los que “sí nos representan” son una veintena de futbolistas que con sus goles nos enseñan cuál es el camino para superar nuestros problemas económicos, sociales, democráticos, nacionales y de autoestima.
Por eso he comprendido la lección: hijo mío, hazte futbolista. Sí, ya sé que no es fácil llegar tan lejos, que sólo lo consigue una mínima parte de quienes empiezan a dar patadas a un balón. Pero tampoco tendrás mucho más futuro si decides ser científico, profesor, médico o trabajador de los servicios públicos, ni por supuesto minero o forestal, todos esos españoles sin mérito que no sólo no tienen futuro garantizado ni reconocimiento social ni dinero, sino que tampoco nos representan ni saben darnos cada dos años una alegría, una lección, un ejemplo y un espejo donde mirarnos para vernos tan guapos como en el reflejo de nuestros héroes del balón. A por ellos, hijo, oeee.

Castelao. O pobre tolo


Coeditado por Demo e Libraría Kómic, chega este interesante cómic sobre a vida de Castelao de Inacio e Iván Suárez: Castelao. O pobre tolo. Nesta entrega retrátase o autor  de Sempre en Galiza durante o seu desterro en Badaxoz. O feito relevante da súa lectura da obra O pobre tolo, de Teixeira de Pascoaes, dá título a esta entrega que fai que agardemos impacientes polas demais. Unha aproximación ao noso autor máis relevante que nos axuda a coñecelo mellor, sabendo do seu sufrimento en terras alleas e da súa proximidade a todos os galegos que por alí andaban.



Interpretación

Julio Somoano, novo director de informativos de TVE,  recomendaba no ano 2005 ao PP "influír" nas series de televisión para "colonizar" a ficción. Pois ben, Mariano Rajoy interpretouse a si mesmo na serie "Jacinto Durante Representante". O capítulo titulábase "La vida en Rosa". 





Vía

05/07/12

Much Better Now

Fermosísima curta animada de  Philipp Comarella e Simon Griesser arredor dos libros: as aventuras dun marcapáxinas que se libera do libro para descubrir un novo mundo de lectura e navegación... porque ler é moito máis que xuntar letras.



Vía Migel Calvillo

Aire negro

Eu pensando que necesitaba un "chute" de novela negra para engancharme á lectura! Pois non, Agustín Fernández Paz fixo que me pegase ao libro ata que o rematei...este Aire negro revisitado polo autor despois de 16 edicións na súa forma anterior de Literatura Xuvenil e agora na colección Narrativa da mesma editorial Xerais, e en palabras do propio autor "unha novela que reescribín o verán pasado, dándolle vida nova a unha historia que nacera hai anos. Agora si me que deixa satisfeito, e máis con esa portada de Nosferatu, unha película que aprezo especialmente". Como lectora, non teño máis que recomendárvola, sabendo quen é o autor e que está reescrita creo que sobra cada palabra miña. Simplemente que tedes garantido o enganche ao libro, e iso é máis que suficiente!


Grazas, Agustín, pola túa xenerosidade sempre.

Salva o Ártico

Greenpeace pon en marcha unha campaña coa fin de salvar o Ártico: o cambio climático provoca que o xeo que cobre o Océano Ártico se derrita a gran velocidade; a desaparición do xeo suporía o aumento de temperaturas de todo o mundo e a subida do nivel do mar.
Asina aquí.


04/07/12

Ave María

O que fai Mcferrin é o preludio nº1 de J. S. Bach, composto antes de 1722; a melodía do Ave María foi creada por Charles Gounod en 1853. E a interpretación do vídeo foi no 2000, coincidindo co 250 aniversario do pasamento de Bach.



Grazas, Isa

Los peces no cierran los ojos

Xa me namorara Erri De Luca hai tempo cando lin El día antes de la felicidad. Volvo a ter a mesma impresión: é un autor que debe morar ao noso carón. Desta volta o libro é Los peces no cierran los ojos, publicado por Seix Barral. Unha pequena historia descrita con extraordinaria beleza e delicadeza, como xa ocorrera no outro libro que menciono. Desta volta conta o descubremento do mundo adulto, é dicir, a (in)xustiza, o (des)amor, a vida... todo baixo unha concisión da linguaxe que constitúe un dos valores fundamentais da súa escrita. Porque o autor fala doce, lene, con frases inesquecibles que obrigan ao lector a coller un lapis continuamente na man para sinalar unha e outra vez unha frase que non quere perder. Unha novela, ou unha poesía novelada, un libro, un autor, que non debedes perder.

"Conocí entonces e peso y la amplitud del pronombre nosotros. Era un experto, no excluía a los demás, consternaba a los poderes. Llevó a las cárceles las revueltas y los libros, que no existían allí. Son la más potente contradicción de los barrotes, los libros. Al prisionero tumbado en un catre le abrían de par en par el techo".

"Desde allí arriba, desde la cima de los besos, puede uno descender después a los gestos convulsos del amor".

"Era tan hermosa de cerca, con los labios ligeramente abiertos. Me conmueven los de una mujer, desnudos cuando se aproximan para besar, se desvisten de todo, de las palabras hacia abajo".

"El amor sería una parada breve entre los aislamientos. Hoy pienso en un tiempo final en común con una mujer, con la que coincidir como lo hacen las rimas, al término de la palabra".

“Sé de esa primera vez porque tuve yo también aquella hora en la boca, en un instante idéntico al de ellos, sobre una arena de playa, con el cielo descubierto sobre la cabeza”.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.