Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/05/13

Animals

Onenessteam, formado polos portugueses Inês Freitas e Miguel Mendes, son os gañadores do concurso que Muse convocou, xunto coa web de vídeos "genero.tv", para realizar o videoclip “Animals”. Amosan a actual crise económica que se está vivindo no mundo.

Vía

Palabras

Fermoso, fermosísimo álbum este que nos ofrece Kalandraka: Palabras de Jesús Marchamalo con ilustracións de MO Gutiérrez Serna. Un álbum absolutamente poético non só polo texto senón porque é unha homenaxe á poesía e aos poetas, ás súas palabras e aos seus versos, aos seus sentimentos e aos nosos cando lemos. Porque as palabras atesourámolas para usalas, retelas, acariñalas, agasallalas... ou desprezalas. Palabras para todos os gustos e para todas as opcións, e que mellor que utilizalas en diferentes momentos e con diferentes significados!
 Palabras que son o segredo da comunicación e que teñen múltiples significados segundo queiramos usalas, que poden ser mortais ou poden ser amatorias, palabras que usan os poetas para conmovernos. E estas palabras acompáñanse de ilustracións que nos din, novamente, que a arte da palabra e a arte da vista bailan xuntas, ilustracións modernas que combinan o real co simbólico, a modernidade e a tradición, o debuxo co pincel, o surrealismo co realismo. E de fondo, a beleza da arte en si mesma, un libro para gozar que cómpre termos preto para follear de cando en vez.
Aínda que o libro non está traducido á nosa lingua, dáme que pode ser unha gran opción para as nosas aulas, un recurso para utilizar ben digno e magnífico.


Aula Xabier Docampo (II)

Xa falamos antonte da visita ao noso centro do xenial Xabier Docampo. Xa vos amosamos a fermosa placa que agora loce na porta da aula de 1º B e tamén vos ensimanos, moi orgullosos do traballo do noso alumnado, o álbum ilustrado que con tanto agarimo construíron. Agora vén unha das partes máis importantes da homenaxe: tres obriñas de teatro (A decisión de Valerio, Adelaida, Henrique e demais familia, De cores e de amores) nas que o alumnado traballou con paixón quedando sen recreos nin horas libres para recibir como se debe ao noso ilustre escritor.
Esta gravación debémosllela a Xosé Fuentes e Suso Fernández, a quen lles damos as grazas polo seu traballo.









20/05/13

La Lupe y el Bruno

Novamente é Mar quen nos cede a curta:


Marcopola: Os Piratas da Lúa


 Segunda entrega desta idexa xenial que comeza a encher un oco ben grande da nosa Literatura: banda deseñada para o lectorado máis novo. Xa falaramos disto cando comentamos o primeiro libro, e damos grazas á editorial Xerais por seguir apostando por este formato e esta colección: ogallá detrás deste veñan máis! Segundo puidemos saber, esta vez démoslle a volta ao destino desatinado e publícase na nosa lingua antes que nas outras. Un novo motivo para felicitar á editorial.
O autor desta fantástica idea é Jacobo Fernández Serrano e esta entrega inclúe piratas festeiros, algúns outros máis perigosos e diversión asegurada para os lectores e lectoras que sen dúbida sentiranse atraídos por esta serie comiqueira que agardo dea moitos froitos, asegure lectores e anime a construír un novo universo que brille con luz propia. Xa agardamos impacientes a terceira entrega, posto que a lectura desta abre novos camiños que queremos saber onde nos levan.



Imperio eléctrico

Un documental que profunda en temas como as continuas subidas da factura da luz, o déficit de tarifa, as portas xiratorias entre a clase política e as compañías eléctricas e a dependencia de combustibles fósiles do exterior. 


19/05/13

Irene

Rosalía pequeniña

???????????????????????????????

Volvamos gozar de Rosalía musicada, desta volta da impresionante voz de Uxía Senlle. Publica Galaxia na súa colección "Sonárbore" esta marabillosa entrega en formato álbum ilustrado maxistralmente por Marina Seoane. Rosalía pequeniña é un libro precioso que se converte en imprescindible para achegar a figura de Rosalía aos máis novos e novas, con dez poemas adaptados para unha nena que soña ser poeta, rebelde e rebuldeira que chama pola alborada. Para colmo do inmellorable, está prologado pola prezada e laureada Begoña Caamaño. Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar, e para logo profundar na figura máis importante da nosa Literatura.



Poema "Como chove miudiño"








Non á violencia contra ás mulleres (CCCVII)

Fundación AVON, La Mujer y o Cine e OSIM uniron as súas forzas para difundir unha mensaxe de prevención sobre a violencia hacia a muller. 


18/05/13

Origins



Vía

Aula Xabier Docampo





Como xa dixemos, Xabier Docampo estivo  no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. Entre as varias actividades que este grupo organizou para recibir tan ilustre visitante, realizou como agasallo este álbum ilustrado baseado na súa novela O misterio das badaladas.  Ensinámosvolo aquí, cómpre bortarlle un ollo pois é precioso; tanto que a min quedoume boa pena que marchase de onda nós!!!


Performance Vidal Bolaño

Para celebrar as Letras Galegas, no noso centro realizamos unha "performance" con textos de Vidal Bolaño nos dous recreos. O problema, coma sempre, é o espazo e a acústica, que desloce canta actividade tentemos organizar. Porque cando constrúen os centros educativos non se pensa que nestes necesitamos un salón de actos. Hai que abaratar custos!

17/05/13

Asolagamento XV

Asolagamento XIV

Asologamento XIII

Asolagamento XII

Nuno, tamén de 3º, fainos esta proposta:


Asolagamento XI

E o alumnado de 4º de ESO, a verdade, non sei que nos queren dicir con este vídeo:


Asolagamento X

Manuel Fernández quere ensinarnos Ponte, está claro:


Asolagamento IX

Francisco Casas quere xogar á "play" na nosa lingua:


Asolagamento VIII

O alumnado de 3º de ESO non para de reivindicar a lingua. Desta volta son Álvaro e Andrés:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.